A CTNL continúa a subir as intervencións do acto LGx15. Cada unha delas é unha alfaia, razón pola que recomendo que esteamos atentos á canle de You Tube da CTNL. Hoxe recollo aquí dúas delas, unha con xente de aquí e outra con xente de acolá.
A primeira vez que vin esta actuación de Lucía Aldao e María Lado, hai xa cinco anos (nas XXI Xornadas de Lingua e Literatura, non din parado de rir. Cando saíron no Luar, volveume a pasar o mesmo. Nesta ocasión, a cousa foi a máis. O espectáculo é o mesmo, mais nesta ocasión ben se vía que estaban máis cómodas ante un público que entendían e compartían todo o seu hilarante discurso. Aínda que o coñezamos, cómpre revisitar esta actuación.
Carmen Grimaldi é unha andaluza que leva un ano vivindo en Galicia. Nesta intervención aposta pola intervención positiva, avoga pola inmersión lingüística cunha conferencia chea de optimismo titulada "O galego é"
Ningún comentario:
Publicar un comentario