Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 15 de marzo de 2016

50+1 achegas de Carlos Callón


Ben sei que non é a primeira das vídeo-columnas que Carlos Callón constrúe para o Sermos Galiza. Sabía que non tería que agardar moito para traer aquí a nova. Só estaba esperando a que adicara unha destas pezas á lingua, e velaquí está.
En Houbo un comezo, Callón recórdanos que a primeira vez que o galego entrou no ensino regrado foi no curso 1965-66, da man de Ricardo Carvalho Calero, nunha materia optativa de Filoxía Románica. Van alá, xa que logo, 50 anos. Tamén nos recorda que o ensino en galego non ten a presenza que debería ter. Hai escolas infantís e carreiras unversitarias que expulsaron completamente o galego das súas aulas.
Estas novas achegas de Carlos Callón tráenme á memoria aqueloutras, que tamén viñan os luns, nunha columna no Galicia Hoxe, chamada Por navegar ao desvío, e das que recollo 50 das que podo facer memoria:

Ninguén poderá dicir deste home que non se ocupou do tema da lingua. De certo que continuará a facelo.

2 comentarios:

  1. Moitas grazas polo detalle e pola selección. Continuamos, compa!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É unha mágoa que o sistema do Galicia Hoxe non permita acceder a todo o listado de artigos dun autor.
      Moi ben traída o aniversario das primeiras aulas de galego. Seguiremos atentos ás vídeo-columnas.

      Eliminar