Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 31 de marzo de 2016
O Protocolo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos
O Protocolo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos será un documento que recollerá as medidas concretas para garantir os Dereitos Lingüísticos dos falantes . O Protocolo confeccionarase sobre a base da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, asinada en 1996 en Barcelona. Un Comité Científico composto por dezasete expertos, intelectuais e investigadores, con experiencia en diversas disciplinas e procedentes de diversos ámbitos. Unha das funcións deste comité será garantir a incorporación de todas as perspectivas no Protocoloserá o último responsable de redactar o Protocolo. O documento contrastarase con numerosos axentes e institucións sociais e presentarase en decembro de 2016 en San Sebastián, no marco do Cume Europeo da Diversidad Lingüística.
Para facerse unha idea do proxecto pódese consultar a súa páxina web ou ler este documento
P.S.: O pasado mes de decembro A Mesa informaba que o Comité Científico contaría con participación galega. En concreto coa profesora da Universidade da Coruña, Pilar García Negro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario