Acaba de divulgarse no portal de ProLingua un modelo de carta para que os pais cuxos fillos se viron ou ven sometidos ás funestas consecuencias do decreto 79/2010, autotitulado decreto do plurilingüismo, inste á Real Academia Galega (RAG) a interpoñer un recurso ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo.
A RAG non pode acudir como institución ao Tribunal de Estrasburgo, só pode facelo en representación das vítimas da conculcación dos seus dereitos por verse sometidas a un decreto que conculca os seus dereitos como galego-falantes.
Así que invito a todas a nais e a todos os pais a que descarguen ou copien este modelo de carta e lla envíen á RAG para que, como institución que ten atribuída estatutariamente a función de defensa e promoción da nosa lingua común, faga efectivas esta funcións.
Si fora por mi quitaría o galego e pondría más horas de inglés-
ResponderEliminarSe non eliminei o comentario é para que se vexan as faltas ortográficas da mesma. Se non hai coñecemento temos as bases para o odio á lingua. Isto demostra, aínda máis, a necesidade de enviar esta petición de amparo á RAG
ResponderEliminar