A voz de Rosalía chegou a todas partes o pasado día 24 de febreiro. Como alfaia de mostra traio aquí este vídeo do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, no que cantan un poema de Rosalía de Castro que permanecía inédito ata que o profesor Ramón Torrado a publicou nunha revista escolar do Instuto Virxe do Mar (Noia) [1], [2]. O poema Dinche un corazón na man, foi musicado por un profesor do centro, Emilio Mesías Faría, e soa realmente ben.
Con novas coma esta aínda se entende moito menos que a Consellería de Educación se empeñe en seguir sen declarar o Día de Rosalía como unha das conmemoracións escolares [3], [4], [5] a celebrar dentro do calendario escolar. Para completar o paradorxo, o propio conselleiro de educación, posiblemente ante o enorme éxito da convocatoria extra-oficial da celebración, participou el mesmo nun acto na honra de Rosalía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario