por Francisco Xosé Rei García, en Terra e Tempo:
A pasada semana presentábase na Coruña, da man da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, un interesante e necesario proxecto de recuperación da microtoponimia costeira da contorna da Torre de Hércules, apoiado pola tristemente próxima a se extinguir (quédalle escasamente unha semana de vida) Concellaría de Normalización Lingüística e alentado, como tantísimas outras cousas fermosas que aquí se fixeron e fan, polo sempre disposto Xurxo Souto.
Non é, porén, unha iniciativa exactamente nova: xa hai máis de dez anos a propia Agrupación Alexandre Bóveda fora pioneira en ir sinalizando, a través dun roteiro, diferentes puntos da costa da Torre; sinais que, como se recordou, non tardaran máis que uns días en desaparecer. Simple vandalismo ou memoria que incomoda e ofende?
Tamén naquela altura fora, unha vez máis, Xurxo Souto quen, a través do seu exitoso espazo radiofónico A tropa da tralla, comezara a recuperar a memoria silenciosa (e silenciada) desa Coruña galega e popular, que existe e, aínda téndoa diante dos ollos, hai quen non quere ver. Memoria recuperada, de nomes e de vivencias persoais, individuais mais profundamente colectivas, a través de quen mellor as podía contar: os propios protagonistas; os percebeiros do mar da Torre.
Un deles, Emilio Milucho Mariñas, aínda en plena forma, é en realidade quen fai posíbel o proxecto de recuperación da microtoponimia costeira da península da Torre: el é quen nos vai sinalando os nomes, unha a unha, de cada unha das pedras percebeiras e demais accidentes xeográficos da contorna mariña do símbolo máis coñecido da Coruña. O mesmo que fixo no seu día -tamén para Xurxo - o Paroleiro do Portiño, redescubrindo un a un o outro feixe de nomes máxicos que dan nome a cada unha das pedras que van do mar de San Roque de Fóra á illa Redonda de Bens e que Manuel Rivas mesmo levou á ficción-realidade da escrita n'A man dos paíños.
O relativo éxito social e mesmo o eco mediático que -cando menos a nivel local -teñen iniciativas deste tipo (atrévome a dicir que superior ao impacto que poden ter outro tipo de iniciativas do ámbito filolóxico máis científicas) foi o que me levou a matinar estes días -pouca orixinalidade a miña, moi probabelmente! -na importancia e utilidade que ten o estimular a participación social en todo proceso de restauración e recuperación da memoria, tanto no que ten a ver coa nosa lingua (por exemplo, a través da toponimia) como coa nosa antropoloxía en xeral.
Partirmos dunha base tan obvia como é que a lingua pertence, antes de máis, ás súas e aos seus utentes débenos levar a unha outra conclusión: no proceso de recuperación da memoria da lingua é saudábel, conveniente e necesaria a súa implicación e participación. Téndomos ben presente a realidade sociolingüística, por suposto: unha lingua secundarizada, atomizada, desprestixiada mesmo entre os seus propios falantes habituais, sometida a millenta prexuízos brutais. Porén, unha lingua aínda viva. Viva e con grandes posibilidades de restauración e restitución. Experiencias máis que positivas están aí para seren vistas e analizadas, para aprendermos delas e multiplicármolas, para adaptármolas a ámbitos onde aínda non se puxeron en práctica.
A memoria da lingua existe non só alí onde o galego xa se fala sempre e é visíbel. Tamén pervive, aínda que non a vexamos, nos espazos urbanos onde xa non se escoita falar (case) nunca galego. Mais se rañamos un pouquiño, o galego agroma; aparece; sae á luz con toda unha diversidade de formas, texturas, cores e sabores; como se na realidade seguise a desenvolverse nunha especie de mundo subterráneo e fose un ser vivo que só desexa que o leven pasear a unha superficie constantemente imaxinada.
Contar coa xente, facela partícipe e protagonista, usuaria e á vez posuidora da súa propia lingua, cultura, identidade, orixe. Non se me ocorre un mellor antídoto fronte á infamia do prexuízo artificial: "es que La Curuña siempre se dijo así"; "es así de toda la vida"; "en La Coruña nunca se habló gallego"; e tantos e tantos tristes etcéteras.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 9 de xuño de 2011
O xogo das cadeiras
por Craig Patterson, no Galicia Hoxe:
Tiven o pracer hai uns meses de asinar o manifesto a prol da entrada de mulleres na Academia Galega. A proposta que propuña paréceme acugulada de sensatez e razón, especialmente cando reparamos no actual repartimento por xénero das cadeiras. Co pasamento da finada Olga Gallego, só quedan catro mulleres na RAG. Poucas veces resulta o número catro tan evidentemente inxusto. A pregunta logo non vai ser se, senón cando e como se pode emprender unha iniciativa que resolva ese asunto de maneira decisiva e incluínte.
Non creo que a RAG teña unha política definida para excluír as mulleres. Chegamos ata aquí, porén, por mor de difusas pautas conservadoras que non se moderaron nin mudaron da maneira axeitada conforme o devalar dos anos. Non creo que a RAG rexeite de maneira aberta o manifesto, senón que non xestiona coa rapidez que quixéramos a resolución deste asunto da forma máis breve posible. E cando falamos de tempo, as cousas de palacio ou máis ben da academia non adoitan ter présa, e os mecanismos básicos que determinan a data na que un membro entre no seu plenario son puramente biolóxicos. Por iso debería dar indicios en canto fose posible de que adoptará unha nova política para a escolla dos académicos e académicas do futuro. Debería facer pública unha nova política que practique a discriminación positiva cara ás candidatas femininas, de modo que escolla dúas mulleres académicas por cada home, e seguir así ata chegarmos a cifras que reflictan unha representación fiel, xusta e equilibrada do universo cultural galego.
A presidencia de Méndez Ferrín marcou un punto chave da resistencia e crítica á política lingüística do goberno de Feijóo, e que en certa medida estes seus feitos lle deron un novo pulo de dinamismo e relevancia social á RAG. Con todo, se cadra o herdo máis significativo desta presidencia podería consistir en colocar os alicerces dunha RAG modernizada canto á súa identidade plural e diversa, un perfil que lle permitiría ser unha ferramenta afiada na Galiza do século XXI. Agardamos este próximo paso, conscientes de que se non se transforma a pauta da RAG de seguir elixindo homes ante tan evidente invisibilidade feminina, o edificio da rúa Tabernas vai carecer da capacidade de falar por todos e todas..
mércores, 8 de xuño de 2011
O que rexe e renxe na RAG
por Helena González, profesora na Universitat de Barcelona, no Xornal:
Sen pretensións de suficiencia doutoral, nosoutras manifestamos unha protesta forte, densa e implacábel contra os vellos xeitos patriarcais que rexen, e renxen, na Real Academia Galega. Diante da defensa dun dereito evidente, e con tantiñas voces a petar na porta –léanse as adhesións a O xogo das cadeiras–, a Academia recuou para o couso do lobo e deixouno clariño. Coas súas decisións fala, e coas últimas mostrou incapacidade para ir canda os tempos. A última académica nomeouse en marzo de 2008; desde entón outorgóuselles cadeira a cinco escritores e filólogos. As últimas Letras Galegas dedicadas a unha escritora foron en 2007; deica Paz Andrade, xa se resolveron cinco. “Para que queredes unha escritora, unha intelectual, viva nas vosas cadeiras? Como non sabedes qué facer con elas, matádelas na invisibilidade e negádesvos a celebrarlles as pompas”. E este mesmo mal contáxiase como pandemia ás outras institucións da cultura galega.

Mais non se leven a engano, non procuramos o mero recoñecemento á traxectoria creativa ou intelectual das mulleres, porque sabemos que a cultura galega ten que poder xerar outros mecanismos de homenaxe sen botar man das cadeiras de veludo das institucións. Hai que poder arrequentar a Alba de Gloria por outras vías. Tampouco procuramos a inmortalidade, que a memoria común non se fai coas actas corporativas. E ese é o miolo do problema: nosoutras manifestamos o dereito a exercermos tamén a corresponsabilidade, a participarmos nos debates e retos da cultura agora, a afortalarmos as columnas da nación.
Non hai debate posíbel sobre as faragullas, sobre se resulta axeitada, ou non, tal candidata a esta cadeira ou a estoutro Día das Letras Galegas. Só a Real Academia Galega pode presentar candidaturas, só a Academia acorda os perfís, só a Academia decide os nomeamentos. Daquela só á Academia se lle pode atribuír a miopía, o medo e o rexeitamento ao diálogo co presente.

Non acatamos os mandatos dos nosos iguais e coidamos que a súa feitura é igual á nosa feitura, por iso sabemos que a Academia Galega é un síntoma dos vellos xeitos patriarcais que rexen, e renxen, nas institucións culturais de Galicia, que teiman en empoleirarse nas columnas do seu poder demediado. As mulleres sostemos a metade do ceo, seica, mais non se nos permite sentar nas casas comunais. Faltan aí as mulleres, as xeracións máis novas, os posicionamentos diversos. Canto máis se afirmen as institucións e os patriarcas en corporacións redundantes, demediadas, resesas e estreitas, máis mingua a súa autoridade. É decisión súa querer saír do couso do lobo e atender ao que acontece fóra. É decisión súa querer crear as dinámicas para renovarse e incorporar o presente. A vitalidade, o debate, a corresponsabilidade e o sentido crítico da cultura galega non está hoxe nin nas súas cadeiras nin nas súas liturxias.
E que aínda haxa que debullar estas razóns, Nicanora! Non se nos reclame nada.
--
Manifesto O xogo das cadeiras en xogodascadeiras.blogaliza.org
Manifesto O xogo das cadeiras en xogodascadeiras.blogaliza.org
Valentín Paz Andrade.2
por Anxo Tarrío Varela, no Galicia Hoxe:
A RAG decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas 2012 a Valentín Paz Andrade (Lérez 1898-Vigo 1987), fronte a unha serie de propostas con argumentarios serios que incluían, por exemplo, Xosé Fernando Filgueira Valverde e Ricardo Carvalho Calero, dúas candidaturas pares coa do polifacético empresario. Nin eu nin o cronista sabemos, como é lóxico, as razóns que levaron os presentes na deliberación a se pronunciar a favor do grande amigo e biógrafo de Castelao, pero polo si ou polo non, tanto o cronista coma un servidor coidamos que a bóla caeu na casiña deste con toda xustiza, toda vez que Paz Andrade, con igual ou máis méritos, pero sobre todo cunha cronoloxía que debería primar en casos de empate, vira pasarlle por diante, xa fose en vida (Manuel Antonio, 1979, Amado Carballo, 1982, Iglesia Alvariño, 1986), xa dende o alén (Celso Emilio Ferreiro, 1989, Cunqueiro, 1991, Avilés de Tarmancos, 2003, María Mariño, 2007, Novoneyra, 2010) unha serie de nomes de indubidábel valor para Galicia pero máis novos, e mesmo por veces moito máis novos, que ben poderían esperar quenda, por máis que a moitos nos alegrase ver os amigos xa desaparecidos no centro das homenaxes institucionais e populares.
O criterio cronolóxico, xunto co valor simbólico, a presenza no campo cultural e a situación no canon literario, que nun principio, mutatis mutandis, semellaban ser os que prevalecían no ánimo da institución (1963, dedicado a Rosalía de Castro, nada en 1837; 1964, a Castelao, nado en 1886; 1965, a Eduardo Pondal, nado en 1835; 1966, a Francisco Añón, nado en 1812, etc. ) deixaron de aplicarse estritamente bastante pronto, pero, en calquera caso, durante algúns anos, os nomeados pertencían sempre a unha banda etaria suficientemente vedraia e distante da actualidade como para que a sociedade os percibise como clásicos e como autoridades a venerar nunha implícita confrontación entre antigos e modernos, ao xeito da histórica polémica europea ou querelle des Anciens et des Modernes que mesmo en Galicia adquirira certo valor sistémico xeracional ao enfrontar vellos/ novos na Época Nós (1916-1936).
Perante isto, e dando por bos os criterios cronolóxicos cando os nomes a barallar presentan méritos semellantes e sobrados, Valentín Paz Andrade (1898-1987), cunha presenza xa moi activa na emerxente Galicia moderna de 1920, ben pode pasarlle por diante a Filgueira (1906-1996) e a Carvalho Calero (1910-1990), aínda que tamén ambos os dous comezaran moi novos a loitar pola causa: Filgueira, con presenza na fundación do Seminario de Estudos Galegos (1923) e cunha infatigábel actividade cultural até a súa morte; Carballo na creación do Partido Galeguista (1931) e, así mesmo, permanente referencia do galeguismo político e cultural que culminou o seu labor rexentando unha merecida cátedra universitaria chea de dinamismo enriqueccedor e polémico.
Calquera dos tres merecerían ser nomeados pantocrator 2012, así que, desde hoxe mesmo, haberá que comezar a centrar a atención no autor da sentida elexía Pranto matricial (Buenos Aires: Ediciones Galicia, 1955) primorosamente tecida en lembranza do seu grande amigo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, nome e apelidos do rianxeiro que o propio Valentín converteu con inxenio, anagramaticamente, en Estrela zodiacal, guiador noso na fe..
Valentín Paz Andrade
por David Balsa, no Xornal:
A Real Academia Galega acaba de facer pública a decisión de adicar o Día das Letras Galegas 2012 a Valentín Paz Andrade. Este acordo permite facer, aínda que tardiamente, un pouco de xustiza a unha das figuras claves da Galicia do século XX. Dende logo o noso país non sería o mesmo sen a contribución de persoeiros de primeiro nivel coma Castelao, Otero Pedrayo ou Paz Andrade en circunstancias ademais extremadamente difíciles.
A súa traxectoria política ven marcada por ser un dos principais impulsores do Partido Galeguista e redactor do Estatuto de Autonomía do 1936, e despois como un dos referentes senlleiros do galeguismo no interior do país e punto de enlace co galeguismo do exilio liderado polo seu amigo Alfonso Daniel R. Castelao durante a ditadura franquista.
Na longa noite de pedra da ditadura, Paz Andrade foi detido e desterrado en varias ocasións pola súa permanente defensa dos intereses da súa amada Galicia. Neste eido o seu pensamento refléxase en textos coma Galicia coma Tarea publicado no 1959 ou na súa obra poética, era membro da xeración do 1925, na que destacan Pranto Matricial no 1954 ou Sementeira do Vento no 1968. Ao mesmo tempo esta intensa actividade política e literaria compaxinouna cunha vocación empresarial que foi decisiva para o crecemento e a expansión internacional de Pescanova, a multinacional pesqueira galega, da que chegou a ser vicepresidente. Este compromiso co mar e o sector pesqueiro veuse tamén reflectido na revista Industrias Pesqueras, da cal foi director.
A nivel internacional débese salientar que foi o primeiro galego que ocupou responsabilidades nas Nacións Unidas, concretamente na FAO, a Axencia Mundial para a Alimentación e a Agricultura. Neste sentido e como alto representante e experto da FAO visitou moitos países de América Latina, o que lle permitiu manter o contacto coas colectividades galegas espalladas no estranxeiro.
Valentín Paz Andrade (1898-1987) é sen dubida un dos exemplos máis nidios de compromiso con Galicia e lamentablemente aínda non suficientemente coñecido polas novas xeracións de galegos e galegas. O Día das Letras Galegas 2012 será unha excelente oportunidade para difundir o seu legado e recoñecer o seu papel na defensa da cultura e lingua de Galicia. Este papel amosouse dende a súa mocidade, onde Paz Andrade promoveu a creación do xornal Galicia, editado entre o 1922 e o 1926 ata o seu peche pola ditadura de Primo de Rivera, que foi dende as súas páxinas un exemplo de promoción da cultura e lingua galegas.
É moi importante agora non esquecer o traballo desinteresado e abnegado dunha xeración de galegos e galegas –da que Valentín Paz Andrade é un dos máis sinalados representantes– que contribuíron decisivamente a que hoxe podamos vivir nunha Galicia en liberdade, orgullosa da súa lingua e cultura milenarias e aberta o mundo. Felicidades e parabéns a Real Academia Galega por unha decisión que Galicia levaba moito tempo agardando.
VPA: Galicia como tarefa
por Manuel Bragado, no Faro de Vigo do pasado luns 06/06/2010:
A Real Academia Galega elixiu a Valentín Paz Andrade (VPA) como o persoeiro do Día das Letras Galegas de 2012. O empresario e escritor vigués, nacido na pontevedresa parroquia de Lérez, representa a concepción de Galicia como tarefa, como angueira permanente e inacabada, como encrucillada dos eidos da cultura, da economía e da política, imprescindibles para sacala do atraso e da marxinación na que viviu durante séculos. Nestes tempos tan difíciles para Galicia, onde para vergonza da cidadanía as súas institucións propias viran as costas ao patrimonio esencial do país, é oportunísimo que a institución presidida por Ferrín promova a figura deste emprendedor galeguista, un cosmopolita que viaxou polo planeta case enteiro e nunca perdeu os seus alicerces chantados nos portos de Bouzas e do Berbés e nas rúas de Vigo, a cidade do mundo para el máis querida.
En 1922, tras licenciarse en Dereito e participar na guerra de Marrocos, aquel xornalista noviño chegou a Vigo coa intención de fundar un xornal de inspiración liberal, independente e galeguista. Contando co apoio económico de Ernesto Cádiz Vargas, e coa axuda, entre outras persoas, do seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade, VPA conseguiu que o 25 de xullo aparecese o primeiro número de “Galicia”, un novo xornal da mañá que levaba por subtítulo “Diario de Vigo”. Aquel proxecto do que VPA foi o seu primeiro redactor xefe e logo director –no que participaron mártires do xornalismo galego como Roberto Blanco Torres ou Manuel Lustres Rivas, ou no que mestres do humor gráfico de noso, como Castelao, Álvaro Cebreiro, Carlos Maside ou Fernández Mazas, publicaban os seus debuxos e caricaturas– uniuno para sempre co mundo do xornalismo e cunha cidade que consideraba como o motor principal da Galicia moderna. Así o expresou nun extraordinario artigo, “El porvenir de Vigo en el porvenir de Galicia”: “Mientras Vigo no sea lo que merece (…), Galicia vivirá incapacitada para la vida intercontinental”. Unha idea que reiterou en traballos posteriores nos que presentou a Vigo como o músculo empresarial, obreiro e mariñeiro necesario dunha Galicia consciente de que “a súa frontalidade marítima debía converterse en lei de vida e clave do seu destino”. Unha idea que traduciu no seu periplo vital na tarefa de facer Galicia dende o mar de Vigo.
O xornalismo foi a súa gran vocación profesional. Tras o “Galicia”, un proxecto que durou catro anos, mais cuxo fulgor librepensador mantivo acceso de por vida na súa alma mareira, en 1927 comezou a asesorar xuridicamente á sociedade “La Marítima” de armadores de Bouzas e a escribir en “Industrias pesqueras”, a revista técnica fundada por José Barreras da que logo sería director dende 1942. Aí naceu a súa vinculación co sector da pesca, do que foi un dos máis destacados coñecedores e dinámicos emprendedores, fose como experto internacional en economía pesqueira ou como participante en proxectos empresariais tan destacados como os de Pescanova e a súa primeira flota conxeladora ou a organización en Bouzas, en 1973 e dende a iniciativa privada, da primeira Exposición Mundial da Pesca.
A política tampouco lle foi allea. Pertencente á xeración dos xigantes do galeguismo, como Otero Pedrayo, Bóveda e Castelao, contando con apenas vinte e un anos participou na segunda Asemblea Nacionalista Galega de Santiago, sendo o primeiro presidente do Grupo Autonomista Galego fundado en Vigo en 1930. Membro do Partido Galeguista, foi candidato ao parlamento republicano e tras o alzamento militar sufriu desterro en varias ocasións. En 1974 foi designado como representante galego na Xunta Democrática creada en París, despois formou parte, representando a Galicia como independente, na Comisión Negociadora da Oposición Democrática, sendo elixindo senador pola Candidatura Democrática Galega nas primeiras eleccións democráticas.
Poeta de espírito reflexivo e sentimental, biógrafo de Castelao, modelo de integración de inquedanzas e saberes, VPA foi unha figura poliédrica e renacentista, onde as súas preocupacións arredor da economía e da empresa enxartábanse na mesma tarefa de desenvolver un proxecto político e cultural que sacase a Galicia da marxinación e o abandono, como sinalou nese libro fundamental da súa longa bibliografía “La marginación de Galicia” (1970). Toda a súa vida, pois, resúmese no compromiso expresado polo sintagma “Galicia como tarefa”, o título, tamén, dun dos seus ensaios máis emblemáticos, publicado en 1959 pola editorial Galicia do Centro Galego de Buenos Aires.
Esta acertada elección da Academia Galega permitirá recuperar a obra literaria e facilitar o coñecemento popular desta figura moderna que soubo poñer en diálogo permanente a tradición e os retos do seu tempo. Unha aposta de futuro.

Don Ricardo na lembranza
por Henrique Rabuñal, escritor, no Xornal:
Non podemos pasar por alto a edición do volume Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación que publica a UDC con coordinación editorial dos profesores Sánchez Rei e Biscainho Fernandes. O libro recolle os traballos presentados na Reitoría coruñesa ás xornadas homónimas que conmemoraban o centenario do nacemento do erudito ferrolán e o vixésimo aniversario do seu pasamento.
A relevante obra literaria e científica de don Ricardo sumada a unha personalidade que encarna os mellores trazos do galeguismo contemporáneo fan desta obra unha nova ocasión de achegármonos a unha das figuras centrais da Galiza do século XX. Subscribimos plenamente as palabras dos editores cando subliñan a valía intelectual, a honestidade académica e o compromiso co seu país e a súa lingua do autor de Scorpio. Fronte ao silencio ao que é relegado por algunhas institucións das que foi membro, a Universidade coruñesa, na que traballan algúns dos seus máis brillantes discípulos, pon en valor o legado de quen foi fillo e continuador da xeración Nós, membro principal do Seminario de Estudos Galegos ou primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega na USC.
Tratamos e coñecemos ao autor da Historia da literatura galega contemporánea logo da súa xubilación en 1980. Nese último decenio asumiu unha defensa do noso idioma en particular e dos intereses xerais do noso país cun rigor que está presente en ducias de escritos e intervencións públicas e publicadas. Co paso dos anos a súa figura axigántase e cobra aínda máis valor a súa achega como erudito, como escritor, como profesor e como home público galego. Como todas as figuras relevantes, don Ricardo non se sumou ao discurso máis cómodo nin riu as grazas dos diversos poderes. Coñecendo o seu pensamento e a súa praxe non resulta difícil saber que opinaría dos asuntos máis decisivos do debate político, financeiro, cultural e lingüístico que presiden a Galiza dos nosos días. A súa figura e o seu pensamento estarán felizmente moi vivos neste século como o proban os contributos recollidos no volume Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación.
martes, 7 de xuño de 2011
A falsa posición
Os libros de artmética mercantil foron "best sellers" no XV. Hoxe considérase que debido ao seu elevado prezo eran eran adquiridos polas casas de mercadorías para lexitimar a súa actividade. Por esta razón os primeiros libros de matemáticas impresos na historia eran desta temática. O primeiro deles, a Aritmética mercantil de Treviso foi publicado no 1478. O segundo, Summa de l´art d´aritmètica, de Francesc Santcliment, sería publicado no 1482 en catalán.
Un dos contidos do libro consistía na explicación do método da falsa posición que permitía resolver problemas que se ecuacionan da forma ax=b. Trátase de supoñer un valor para x, a falsa posición, para despois dun breve proceso chegar á solución verdadeira.
O mellor para saber en que consiste o métido da falsa posición é pensar nun exemplo: a suma dunha cantidade e a súa cuarta parte é 15. Cal é esa candidade?.
Primeiro,supoñamos por un momento que o número buscado é 4. Como a súa cuarta parte é 1 a suma dará 4+1=5. Non obtemos 15 polo que realmente 4 non é a solución, só é a falsa posición. Agora ben, se multiplicamos 5*3=15, polo que parece razonable que solución consita en multiplicar a falsa posición, 4, tamén por 3 (e dá 12). Efectivamente , se a 12 lle sumamos a súa cuarta parte (que é 3) temos como resultado 15, tal e como indicaba o enunciado do problema
500 anos despois aparece a primeira publicación de matemáticas en galego. Neste caso non é un incunable, senón a obra Matemáticas 1 do "Colectivo Vacaloura", redactado por un grupo de máis de cincuenta profesores sobre uns apuntes experimentados durante meses con máis de setecentos alumnos. O libro ve a luz no ano 1979 e será o primeiro libro de Edicións Xerais, cando a editorial comenzaba a súa historia baixo a dirección Xulián Maure. Curiosamente nese mesmo ano apróbase o tristemente coñecido como Decreto de Bilingüismo que, na práctica, viña a prohibir a impartición de aulas noutra lingua que non fose o castelán.
Este libro representa as ansias do profesorado de realizar o seu traballo na súa língua, rompendo barreiras. Polo tanto o libro do "Colectivo Vacaloura" é unha bandeira que hoxe pode volver a izarse contra a zunia imperante no goberno da Xunta. As medidas que se enmarcan dentro da política lingüística dos últimos tempos, aínda que son vendidas como a solución ao conflito lingüístico presente en Galicia, veñen sendo na realidade un trasunto da falsa posición. E para adecatármonos de que isto é así basta con sumar 4+1 e comprobar que non dá 15.
P.S.:Polo obvio do caso non vou a entrar a considerar as diferenzas das situacións sociolingüísticas de Galicia e Cataluña pois boa metáfora das mesmas e das súas respectivas historias son as portadas dos libros aquí retratadas.

luns, 6 de xuño de 2011
Jason Booker fala desde a Universidade de Bangor
Novo vídeo de Eufalo.tv. Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. NoCentro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista:
Retos para a Academia Galega
por Carlos Callón, en Galicia Hoxe:
Hai pouquiño máis dun ano, con motivo da saída do meu libro En castellano no hay problema, este mesmo xornal facíame unha entrevista sobre a situación do idioma galego e das institucións culturais do país. Unha das preguntas era esta:
A poucos días para que se celebre o 17 de Maio, é necesario repensar o Día das Letras? E a RAG?
Penso que é bo que se consolide que o Día das Letras sexa unha xornada para saírmos á rúa, celebrarmos que temos unha lingua propia e mobilizármonos na súa defensa. Agora a cuestión é vermos se somos quen de consolidar aspectos que se foron corrixindo nos últimos anos. A RAG ten moitas cousas aínda por mellorar, mais está a ollos vista que se encontra nun dos mellores momentos da súa historia. Hai un antes e un despois da valente defensa do galego que realizou Xosé Ramón Barreiro diante do propio presidente da Xunta. Esta centenaria entidade ten catro retos a curto prazo: consolidar o seu aplaudido papel institucional de defensa do galego, abrirse e fomentar as relacións co sistema lingüístico ao que pertencemos (non me refiro só a nivel de estándar, que tamén), garantir unha representación plural das voces que conforman a cultura galega e corrixir de forma urxente a infrarrepresentación das mulleres. A verdade, non entendo como se pode seguir nomeando académicos varóns cando as mulleres, que teñen tantísimo peso na vida cultural galega, case non ocupan asentos na RAG.
Algunhas destas carencias da Academia Galega ficaron demasiado en evidencia, mesmo agresivamente en evidencia, despois do plenario da pasada fin de semana. Por iso quero volver a chamar a atención sobre estes catro retos, coa esperanza de que máis cedo que tarde sexan atendidos:
1) Consolidar o seu aplaudido papel institucional de defensa do galego
Agora que a Academia se encontra nun momento económico moito mellor (grazas á emenda presentada polo BNG no Congreso, asumida polos outros grupos, para conseguir unha dotación dun millón de euros ao ano por parte do Goberno central), non hai escusa para que non comece a actuar tamén na extensión social da lingua, como por exemplo fai o seu homólogo Institut d"Estudis Catalans. Estoutra entidade non só se encarga de estabelecer o estándar oficial ou tomar o pulso da gramática, senón que tamén se dedica a xestionar a introdución do seu idioma a novos ámbitos, un aspecto no cal aínda non hai ningunha experiencia na institución galega. Por pórmos un exemplo de actualidade, varias xestións que nos últimos tempos está a facer A Mesa coa empresa Movistar, no caso catalán emprendeunas, xa hai algún tempo, o Institut d"Estudis Catalans. Está moi ben que se levase aos tribunais o decretazo contra o galego, mal chamado decreto do plurilingüismo, porén é aínda moito máis o que se podería facer, tanto nese ámbito como noutros: administración, medios de comunicación, comercio, relixión, tecnoloxías, edición, música, etc. A participación activa da Academia Galega suporía un importante revulsivo para normalizarmos o noso idioma.
Aliás, coas maiorías absolutas do PP no Concello da Coruña e na Deputación da Coruña, ábrese un momento en que se van utilizar estas dúas administracións como arietes para tombar a Lei de normalización lingüística. A pretensión, anunciada aos catro ventos por Alberto Núñez Feijóo e Carlos Negreira -coa complicidade e apoio do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo- é deixar sen efecto o artigo 10 desta Lei, que estipula que os nosos topónimos teñen como forma oficial a galega, a xenuína. Oxalá a Academia encabece a resposta institucional e social a este anunciado ataque!
2) Abrirse e fomentar as relacións co sistema lingüístico a que pertencemos
Non fai sentido que a Academia Galega permaneza sen relacións internacionais coas institucións oficiais de Portugal, Brasil, etc. e que nin se interesase formalmente por participar, aínda que fose como observadora, no proceso de consenso a que se chegou para o estándar lusobrasileiro. Eses cambios non deberían sernos indiferentes en Galiza.
3) Garantir unha representación plural no seu plenario das voces que conforman a cultura galega
Por exemplo, en Galiza hai tres universidades con tres departamentos de Galego. Por que só entran membros procedentes da Universidade de Santiago de Compostela, cando estes son tan meritorios como os da Universidade de Vigo ou da Universidade da Coruña? Tal corporativismo é bo para a cultura galega? Non debería, por exemplo, a gramática que agora está a elaborar a Academia Galega contar con participación dos tres centros universitarios? Por que non se quere estender o espírito que levou ao consenso de 2003?
Neste punto temos que incluír tamén o triste sectarismo que leva a que non se lle queira dedicar o Día das Letras a unha das figuras fundamentais da nosa cultura e da nosa lingua no século XX: Ricardo Carvalho Calero. Cando xa pasaron máis de dúas décadas desde o falecemento do escritor, investigador e activista, o que está a acontecer na rúa Tabernas non pode menos que considerarse un desprezo lamentábel, que ensombrece as mudanzas positivas que nos últimos tempos se desenvolveron na Academia.
4) Non entendo como se pode seguir nomeando e como poden seguir tomando posesión académicos varóns cando as mulleres, que teñen tantísimo peso na vida cultural galega, case non ocupan asentos na RAG
Dixen xa moitas veces en público a miña opinión de que todos os novos membros que entrasen na Academia Galega deberían ser mulleres, até acadar unha mínima igualdade. Nomes sólidos hai abondo: María do Pilar García Negro, Teresa Moure, María do Carme Kruckenberg, Marica Campo, María Xosé Queizán, Marilar Aleixandre, Uxía Senlle, Laura Tato e un longuísimo etcétera.
Este debate tivo ademais unha especial incidencia social e mediática nos últimos tempos, mais non moveu nin un milímetro o proceder do seu plenario, que persiste nunha actuación machista, excluínte, que debería ser propia doutros tempos.
É tan retrógrado o seu proceder neste aspecto que, se a Academia fose un organismo público, tería unha composición ilegal, por discriminatoria. Asístelle toda a razón a María Reimóndez cando denuncia que, se Rosalía de Castro vivise na actualidade, seguramente non sería aceptada na Real Academia Galega. Non é pouco dicir..
domingo, 5 de xuño de 2011
'Os meus favoritos', guía da internet
Os concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, a través dos seus servizos de normalización lingüística (SNL), acaban de editar a guía Os meus favoritos, un catálogo que recolle preto de 200 enderezos de sitios web en galego de ámbitos tan diversos como a banda deseñada, o deporte, o audiovisual, a información cultural, a mocidade, as redes sociais, os xogos, etc.
Vía CTNL.
Vía CTNL.
sábado, 4 de xuño de 2011
Galegobook
O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que, segundo informa, pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...).
Para facilitar a procura de material, no Galegobook acharás un grande número de manuais clasificados segundo a autoría e a materia que trata. Ademais, ao final de cada entrada, as persoas usuarias poderán engadir os seus comentarios para o compartiren co resto de lectores.
Este novo recurso conta tamén cunha páxina en facebook onde facer achegas e comentarios.
P.S.: Un novo blog gratuíto centraliza a descarga de libros sobre o galego, no Xornal
Nace Galegobook, no Galicia Hoxe
venres, 3 de xuño de 2011
Unha espesa capa de silencio
por Marta Dacosta, nai, n´A Nosa Terra:
Os islandeses pisan un territorio en que os volcáns espertan e teiman en cuspir cinza até escurecelo todo. A cortina gris que a natureza estende acaba por superar Islandia e empece a liberdade de tráfico de Europa.
Nós non temos volcáns, asentados como estamos sobre un codia vella. Mais si existe aquí un xeito particular de cuspir cinza, unha indiferenza planificada que ten por obxecto ocultarnos, calar a nosa voz, desaparecernos. Os que cospen moven os fíos de marioneta dos que deberían canalizar a nosa voz e corren sobre nós unha cortina opaca.
E a pesar de todo, esforzámonos en berrar unha e outra vez. Loitamos sen cansar. Por iso doe esa cortina de silencio que, por exemplo, botan sobre nós os medios de comunicación ocultando o que pensamos e o que facemos. E aínda doe máis que haxa quen acredite que só existe o que nestes medios sae e pense que estamos á marxe, paralizados ou equivocados, por non acadar a proxección que desexamos.
Un día e outro tamén, denunciamos tantas cousas infames. E un día e outro tamén, non lemos en quen ten por cometido informar que hai quen se opón e denuncia cara a onde nos queren levar os que cospen unha espesa capa de silencio.
Indiferenza planificada, negación sistemática. Si, arquivan as nosas denuncias. O valedor do pobo arquiva denuncias sobre a lingua e o resultado desta práctica ben pode ser que deixemos de queixarnos. Para que se as denuncias acaban nun arquivo enorme e escuro?
Eu tamén recibín este mes de febreiro unha resposta da oficina do Valedor do Pobo en que me comunicaba que se arquivaba a miña denuncia, porque esa institución é moi respectuosa coa lexislación vixente, nomeadamente coa relacionada coa miña queixa, é dicir, a lingua.
De que me queixei? De que un vicevaledor do pobo, dentro da institución e ante público escolar dirixiuse aos mozos e mozas en español e cando un dos estudantes lle preguntou por que el que tiña entre os seus cometidos defender a nosa lingua non a empregaba, respondeu, sempre en español, que tiña como individuo a liberdade de empregar esa lingua e que estaba alí como cidadán.
Que lección pode tirar o alumnado nunha situación deste tipo? Queixeime, claro que me queixei, porque como nai non acepto esta educación para o meu fillo, porque como galega non acepto que quen me representa nas institucións actúe de xeito individual sen cumprir coas súas obrigas. E como cidadáns estaban os alumnos e as alumnas e como tales esixían os seus dereitos que el, representante da Administración, debe cumprir.
Mais a queixa foi arquivada. Cala Marta, a ver se aprendes.
Cantas veces me mandan calar, até me chegan a dicir que así non se din as cousas. E eu aprendo, e tanto.
Non calo. E digo: non calemos, aínda que boten sobre nós unha espesa capa de silencio

xoves, 2 de xuño de 2011
No ILG posicionámonos contra o Decreto pois "podería parecer que 'quen cala, consente'"
Miguel Rodríguez Fernández entrevista a Rosario Álvarez, directora do ILG, no Cartafol da USC. Na última pregunta faise referencia ao escrito enviado polo ILG no mes de xaneiro do 2010, rexeitando as bases do decreto. Tamén se fala do Atlas Lingüístico, das normativas e de prexuízos.
Rosario Álvarez é a directora do Instituto da Lingua Galega (ILG), que neste 2011 celebra o corenta aniversario da súa creación. Case medio século de traballo e investigación pola lingua galega imprescindibles para coñecermos mellor o elemento máis sensible da nosa identidade: o galego. Neste entrevista a actual directora do ILG falaranos do traballo desenvolvido nestes 40 anos e dos retos presentes e futuros deste instituto de investigación.
Van aló 40 anos dende que se creaba en Compostela o Instituto da Lingua Galega. Como mudou o ILG ao longo de case medio século de existencia?
Mudou moito como consecuencia dun proceso de consolidación: asentouse como un espazo referente de investigación e mellorou cuantitativa e cualitativamente. Ampliamos o número de membros e diversificamos as figuras profesionais que traballan no instituto, xa que partimos dun núcleo de media ducia aló por 1971 e agora andamos polos 70 membros. Ademais melloramos tamén as infraestruturas. O ILG creouse nun faiado da Facultade de Historia que pertencía ao Departamento de Filoloxía Románica, e logo de pasarmos por Mazarelos, dende o ano 84 ocupamos a casa de López Ferreiro. Esta mellora das infraestruturas redundou nunha mellora do traballo realizado e ademais supuxo o recoñecemento por parte da USC do labor levado adiante polo ILG.
Está todo feito ou aínda queda moito por investigar?
Queda moitísimo! Oxalá puideramos dicir que estamos preto de ter todo investigado, pero o traballo de tipo filolóxico ou humanístico non remata nunca. De todos os xeitos cómpre facer un balance positivo, porque todo o coñecemento que temos da realidade do galego e da súa historia era inimaxinable hai 40 anos. Os que estamos no ILG pode ser que non o percibamos tan ben, mais os que están fóra e o ven con outra perspectiva, asómbranse da capacidade de facer algo que noutras sociedades se tardou dous séculos en conseguir. Non debemos ser fachendosos, pero é así.
Cal das súas áreas de investigación tivo un maior desenvolvemento ao longo destes anos?
Non creo que poida mencionar só unha área concreta, a nós interésanos todo. Somos un centro de referencia en xeografía lingüística e un exemplo diso é o Atlas Lingüístico, sen o cal o proceso de estandarización sería moi diferente. Para elaboralo foi preciso un traballo de campo que fai que hoxe teñamos 8000 gravacións de falantes. Eu non coñezo ningún outro centro de investigación con esta cantidade de material. Outra liña fundamental é a investigación do galego medieval, tanto no tratamento dos datos lingüísticos como na edición de textos, que se ve reflectida a través do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG). Outra das áreas importantes é a onomástica, cuxos traballos están moi vencellados ás orixes do Instituto. Por suposto tamén debemos salientar o traballo de estandarización da gramática, no que cooperamos coa Real Academia Galega, que é a responsable última de aprobar as normas.
En que novos proxectos se está a traballar dende o ILG arestora?
Un deles é o proxecto do Tesouro de Léxico Patrimonial, feito a partir das enquisas de falantes. Con el pretendemos xuntar todo o léxico que temos na nosa base de datos, extraído de gravacións, teses, memorias de licenciatura… Deste xeito imos ofrecer a posibilidade de localizar onde se di cada unha das variantes en Galicia, Portugal e Brasil. É un proxecto moi ambicioso, que ideamos nós e no que está traballando xa o comité galego, o comité portugués, que conta en Coimbra e Lisboa con nove investigadores, e unha rede brasileira de 49 investigadores distribuídos por todas as rexións de Brasil. Interésanos coñecer cales son os vías de penetración do galego no Brasil porque hai palabras empregadas aló que pensan que teñen orixe amerindia e realmente son galegas ou do norte de Portugal.

Estamos traballando tamén no Atlas Prosódico, como parte do proxecto chamado Atlas Multimedia Prosódico de Espazo Románico, no que participan diferentes comités europeos; os comités galego e portugués colaboran para investigar as semellanzas e diferenzas entre a entoación galega e portuguesa. Ademais, aproveitamos a información deste Atlas Prosódico para facer estudos de variación lingüística, de dialectometría. Así, aplicamos os datos do Atlas nunha serie de programas de xeito que reflicten sobre o mapa cales son os puntos de Galicia onde existe maior ou menor similitude atendendo a determinadas variables.
Dentro da sección de sociolingüística están traballando no proceso de codificación do galego dos dous últimos séculos, pero sobre todo do século XX. E finalmente, tamén estamos a desenvolver o dicionario histórico ou odicionario de dicionarios. Son, realmente, moitos proxectos en curso.
Cales son os grandes retos que debe afrontar o ILG de cara ao futuro?
Son moitos os proxectos en curso que hai que rematar. O que pretendemos é dar un salto importante a medio-longo prazo na divulgación dos resultados das nosas investigacións, mellorando o aproveitamento das novas tecnoloxías. Estar á vangarda tecnolóxica foi algo que distinguiu sempre o ILG.
Para parta destas investigacións os propios falantes son a fonte principal. De feito, tedes recollidos testemuños de falantes de case a metade das 3.400 parroquias do país. A mingua do galego nalgunhas zonas dificulta ese traballo de investigación das falas?
Non, o problema para este tipo de investiación non é a perda de falantes, senón que a sociedade mudou moito económica e culturalmente. Hai trinta ou corenta anos, cando comezamos as enquisas polos anos 70, non había un televisor en cada casa. Era moi fácil atopar o informante ideal, máis illado do resto do mundo e cunha vida social máis endogámica, que mantiña os trazos dialectais propios da zona, e agora, esa figura do falante sen contaminar, xa non existe practicamente. De todos os xeitos iso non é un problema para a lingua, xa que os idioma sempre mudan co tempo, e xa ao longo da historia déronse procesos de superioridade dunha variedades dialectais sobre outras. Simplemente, son manías de dialectólogo.
Parte do voso traballo está orientado a coñecer a realidade da lingua e das súas variedades. A diversidade que hai dentro do galego enriquece a nosa lingua? Ponse en valor ou menosprézase?
Por suposto, a variación lingüística é unha riqueza, un valor. Por unha banda, o feito de que haxa variantes da lingua implica un grao importante de viveza, de instalación social, e por outra banda, cantas máis variantes coñeza alguén para dicir o mesmo, máis destreza ha ter para usar esa lingua.
Socialmente sobre as linguas minorizadas sempre cae unha especie de acusación minusvalorativa, realmente porque as linguas minorizadas están en proceso de estandarización. Mais o certo é que os galegofalantes tenden a pensar que o español é aquilo que está no libro de texto e non se dan conta de que, se en lugar de vivir en Chantada vivisen en Cuenca, tamén habería diferenza entre o que falan e o estándar.
Algunha xente de a pé di que a normativa do galego anda cambiando cada pouco, o cal lles serve de xustificación para non falalo. A que se debe este tipo de impresións que non se dan tanto sobre castelán ou outros idiomas?
Eu creo que se xoga con esa mentira para alimentar os discursos contra o galego. Quen di que non fala galego porque cambia a normativa continuamente podía, logo, quedar nas Bases do ano 1976! Alegan unha escusa inaceptable. O español acaba de cambiar a norma panhispánica e ninguén rachou as vestiduras. Cando eu estudaba, a forma verbal española dio levaba til e antes de rematar os estudos eliminara o til. Ninguén se queixou nin insinuou deixar o castelán por iso. A grafía é unha convención e se non podemos cambiala, apañados estamos.
Cal foi a maior achega que lle fixo á lingua e á sociedade o Instituto logo destes 40 anos?
A contribución ao proceso de estandarización e, polo tanto, a elaboración do Atlas Lingüístico Galego.
Esta estandarización sempre deu lugar á polémica e parece que aínda non se chegou a un consenso total. É posible normalizar unha lingua mentres exista división no ámbito da normativa?
Os problemas dificultan todo, xa sexa na normalización ou na asociación de veciños. A existencia de problemas no tema da normativa axuda ademais a crear unha atmosfera de «nin eles mesmos se estenden» que alimenta esas campañas de desprestixio contra o noso idioma. Houbo momentos nos que a polémica foi dura e deixou moitas feridas e moitos feridos polo camiño, pero en canto miramos ao redor vemos que estes conflitos son habituais. Non houbo procesos de estandarización limpos, sen discusións durante séculos. Pola banda que nos toca, esta polémica creouse cos círculos lusistas e hoxe en día é na lusofonía onde tamén están tendo un conflito coma o noso, pois chegaron a un acordo ortográfico con moitos problemas de configuración que está dando lugar a divisións; a reforma non está sendo doada e se non saen as cousas como deberan, pódese crear unha fractura entre o portugués do Brasil e o portugués europeo. Nos procesos de estandarización do catalán e o italiano tamén pasou algo polo estilo, así que o problema normativo non é algo que teñamos só os galegos, como moita xente pensa.
O ILG non acostuma tomar posicionamento en cuestións de carácter político ou institucional. Porén si que o fixo no caso do Decreto do plurilingüismo. Por que?
Non acostumamos saír á escena política porque o noso cometido é outro, mais isto non quere dicir que sexamos indiferentes: traballamos nunha liña que deixa inequivocamente clara a nosa posición co galego. Naquel momento había unha contestación social moi forte e cremos axeitado fixar posición aínda que só fose excepcionalmente; onda non, podería parecer que «quen cala consente».

Dicionarios de galego?
por Alberto Ramos, no Xornal:
PASADO. Hai unhas semanas, a Cidade da Cultura buscaba unha empresa para que se fixera cargo da cantina. Nas bases do concurso aparecía unha definición da palabra cantina. Nunca sobran explicacións, por obvias que sexan, para que non haxa erros. Pero a definición procedía do mítico dicionario María Moliner, un manual de castelán. Por outra banda, a dirección xeral de Centros e Recursos Humanos facía unha consulta sobre a orde alfabética dos apelidos. A institución consultada foi a Real Academia Española. Nin se chamou a rúa Tabernas para preguntarlle a Academia Galega se podían solucionar unha dúbida sobre apelidos e abecedarios.
PRESENTE. O Valedor do Pobo tamén presentou o seu informe de 2010 cunha definición tirada do dicionario da Real Academia Española. A palabra era saúde. Xosé Luís Axeitos, secretario da RAG, responde hoxe en Xornal á Xunta pola consulta da dirección xeral de Recursos Humanos e ao que dixo o seu titular sobre a axilidade e o criterio da institución presidida por Ferrín. “É unha persoa ignorante e indocumentada”, dixo Axeitos. Con todas estas consultas e definicións que veñen de fóra, un non pode deixar de facerse unha pregunta: Nas institucións públicas de Galicia non hai nin un só dicionario galego? A resposta, quizais, sexa demasiado inquietante.
FUTURO. A Xunta demostra que prefire as definicións en castelán e despois levalas ao galego (esperemos que non o fagan cun tradutor automático porque os resultados adoitan ser ridículos). Estes pequenos detalles estanse a converter nunha tendencia que manifesta unha indolencia insultante coa lingua por parte de demasiados altos cargos da Xunta, algo que non é novo nin sorprende. Quizais, o que chegue a sorprender algún día sexan as definicións que se poidan atopar de Núñez Feijóo nalgún tomo da Enciclopedia Galega. Pero iso tampouco importará demasiado, porque algúns do seu partido preferirán certo Diccionario Biográfico Español...
Cousa de filólogos
por Vatentim Fagim, en Galicia Hoxe:
Um dos aspetos mais atrativos do movimento Democracia Real, a meu ver, é que está a despertar debates sobre diferentes questons. Um exemplo é o do sintagma "eu-sou-apolítico" pois, na verdade, não sendo que sejamos um Robinson Crusoe, o mesmo facto de viver em sociedade, torna-nos irremediavelmente políticos. Podemos ser apartidários ou optar por delegar todo o nosso poder: "não quero saber nada de envolvimento político, que fagam e desfagam à vontade, eu tenho outros assuntos entre mãos"
No terreno da Língua, o sintagma correspondente seria: É cousa de Filólogos. O certo é que a maioria de nós falamos, escrevemos, lemos, ouvimos... portanto, todos vivemos numa língua ou várias. O que podemos fazer é desentender-nos ou não promover um projeto comum: "cada um que faga como lhe apeteça".
O movimento que se está a desenvolver nas praças de muitas cidades tem uma missão, desenhar uma fotografia de futuro, como queremos que sejam as sociedades em que moramos: valores, regras, atitudes.
No terreno da língua era preciso na mesma desenhar uma fotografia, e provavelmente tendo em conta um prazo maior: como queremos que seja a fotografia linguística da sociedade galega de aqui a X anos. Que queremos legar às gerações vindouras? Uma sociedade monolingue em castelhano com ilhas periféricas de galego-falantes? Ou, a única sociedade no mundo que tenha como línguas oficiais e sobretudo sociais, os dous idiomas latinos mais falados? Isto é cousa de todos..
mércores, 1 de xuño de 2011
O exame de conducir
Poucas veces poño por aquí un post recollido doutro blogue. Desta vez non puiden resistirme. Vía O marmurio das ondas:
Dime un amigo que a xente o que lle presta son historias reais arredor da lingua. O testemuño innegábel do que nos acontece é, ás veces, unha axuda para demostrar, mediante anécdotas, a situación do galego na cidade. Contarei o que me sucedeu hai uns anos cando fun facer o exame escrito de conducir.

Asistín ás aulas da Autoescola Fragoso (si, a publicidade é a mantenta) onde me impartiron leccións en galego aínda que o libro estivese en castelán (de feito un bo amigo meu, Daniel Lavesedo, quixo traducir o manual ao galego). Cando presentamos a documentación para facer a proba pedimos que o exame fose en galego.
Parece que xa antes houbera algunha persoa que fixera a mesma solicitude pero dicían os da DXT que non tiñan eses modelos. Aquelas reclamaron e entón xa podían ofrecermo.
Chegou o día.
Alí había unha morea de xente, na rúa chamada Camiño Barciela onde Coia ten o seu rural. Que seríamos, unhas 150 persoas? Por aí andaría. Os examinadores saíron cunha listaxe. Dixo un:
-Hay varias personas que pidieron hacer el examen en outra lengua. Por favor, los que pidieron en inglés, chino y gallego que vayan entrando.
Non vos riades, que o conto é triste.
P.S.: e o título orixinal é moito mellor que o que lle puxen eu.
P.S.: e o título orixinal é moito mellor que o que lle puxen eu.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)