Foise asentando a idea de liberdade para elixir a lingua do ensino (castelán, claro), para que as persoas da administración utilicen a lingua que queiran (castelán, enténdase), para que cada nai ou pai lle compre á súa filla ou fillo os libros do cole na lingua que elixa (o pai?, a nai?, @ pequen@?, @ libreir@?), liberdade para facer exames de oposicións no idioma preferido, liberdade para que cada quen fale como lle pete, faltaría máis...Mais, é libre unha rapaza da Coruña para falar galego no botellón? Vai ser libre a usar a lingua que queira un neno de Vigo que só vai ter competencia axeitada en castelán? Pode haber liberdade se hai complexos, prexuízos, ridiculizacións? Son libre de informarme na lingua que queira cando na barra do bar ou no quiosco só hai xornais en castelán? Se nunhas oposicións reparten exames en castelán e despois din que se alguén o quere en galego, que levante a man…, é iso liberdade?Que non nos rouben as palabras. A liberdade é un valor a prol do que se traballa co proceso de normalización lingüística, e así temos que facelo ver.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
mércores, 3 de outubro de 2012
A liberdade é nosa
por Nel Vidal, presidente da CTNL, en Prolingua:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario