sempre fiel ao seu estilo, con compromiso, o noso admirado amigo David Otero, en Sermos Galiza:
De primeiras convén preguntar ( pois non hai que andar de trileiros, nin a dar calotes) o de que… ¿ quen non fai política…? ( direi con todo o respecto que quen diga eu…non llo creo).
E así dito iso poñámonos nun asunto de clara sensibilización para que sexa medio de transformación e niso poder facer o regreso ao sentido común ( que xa non é pouco pedir). O asunto pois vai de cómo dunha vez nun bar na capital de Galiza. Un bar a campo e a campaña. Sítio propio e nada distinto. E así dun dos que falamos está instalado en mesa reservada e outro ocupa no anaco que lle toca, e non a base de poucos traballos, do mostrador que abofé desas estaba apiñado de xente. Viño vaia , di o da mesa e así para el un godello e para o do mostrador unha purrela do ghasto, iso si galego. Marisco a treu, di o da mesa e así para el uns camaróns da ría e para o do mostrador uns caramuxos arrefriados e xa dando cheiro ou se o prefire unhas minchas. Pan “ a dios dar” e así para o da mesa unha boa rabanda de pan fresquiño de Boimorto e para o do mostrador unha peciña cativa de masa conxelada, de codia ben pasada, e de calquera data que hai que poñela a calor e requentar. E que de sobremesa…? O da mesa piden amorodos con nata e mirabeis das freiras do Condado e o do mostrador un mazá de mala tona, con becho ( que iso non é malo) e xa un algo mirrada. Café, pídese, e así para o da mesa un cremado vip dos torradores de Ourense e para o do mostrador unha cascarilla coruñesa a tinte luído de borras ( augha chirla). Queremos copa? Si ( contestan). Pois para min unha de caña da Ulla e para o do mostrador unha perrasca adulterada ( “ piedralumbre”) de non se sabe moi ben de onde, nin de que augardenteiro, aínda que se lle diga do Ribeiro ( con perdón destes que nada de culpa terán) .Que tal estás aí de pé…?... pregunta o sentado. Imos indo… que mesmo poderíamos estar axoenllados...e ti..? Eu moi ben . Moi ben posto e mellor colocado, Así como me ves… con bo cargo e sen maiores cargas. Con efectos e con moi poucos defectos…que che parece cholito…? Non se di nada.
E de súpeto …unha nova pregunta. Idioma para todo o mundo…? – di o de pé. Claro que si…tes razón- di o sentado. Yo… castellano. Ai pois eu diso pouquiño…pois eu dígholle que o entendo todo, que saquei unha boa nota cando o estudei, pero a cotío non llo falo…diría o de pé. E de galego vostede…? - pregunta o de pe.Yo… un suspiro cativo…( contestaría “ daquella” quen ben sabemos) Te digo que yo de gallego…y por gusto…así tanto como la letra h ( que es muda), pero como me lo imponen…no tengo más remedio…que desimponerme. El gallego es una Lingua no estatal…sabes?
Xa ben se ve que en todo isto faise política de base , si señor e tamén de paso quere producirse por parte unha moi boa cordialidade e sempre coa auga ao rego de quen se ve ben nela…ou…? E así xa se nota… viño para todos, marisco, pan, sobremesa, café, ghotas ou copa…E idiomas…Isto foi unha bilindieta cordial.Un bilinconsumismo cordial. Como debe ser de forma equilibrada. Tamén un bilingüismo cordial ( do de que “ non nos dean la lata con cosas raras…”).Un bilingüismo do de “ a cada un o que lle pete…”. Bilingüismo harmónico e harmonizado ( botádelle unha rapaces, veña…unha desas “ queremos no se que…” e se fai falla un aturuxo a falso falsete) Dicir que loxicamente o bilingüismo “ a cada un o que lle pete”, ese…sempre e o de ao “cadaoutro” non tanto…xa que ao que lle pete élle reservado a quen é debido por mellores privilexios de caste e posición. Pois amighiños…a unidade é a unidade. E a medida é a medida… co..me..di..da. Así que ilusións as menos e moito cosmopaletismo ( do de X.Puente Docampo)
Oes…- fala o do lado do que está de pe- e do inglés aínda non se dixo nada…?
Ningún comentario:
Publicar un comentario