Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
sábado, 27 de outubro de 2012
Ramón Verea por Olimpio Arca
Ramón Verea García por Olimpio Arca Caldas from A.C. Vagalumes
O Día da Ciencia en Galego ten como principal obxectivo denunciar a exclusión do uso do galego do ensino das materias científicas. Esta exclusión foi levada a cabo pola Xunta mediante un decreto, o 79/2010, que constitúe o maior ataque á normalización lingüística acometido polo goberno de Núñez Feijóo.
Cada ano escóllese un científico galego para poñer en valor figuras, normalmente descoñecidas, que teñen feito aportacións importantes no desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía. Nesta edición escolleuse a Ramón Silvestre Verea García (1866-1899) destacando a invención do primeiro mecanismo multiplicativo na historia das maquinas calculadoras.
Quen máis estudou e fixo por divulgar a obra deste inventor foi o mestre Olimpio Arca Caldas, autor dunha biografía sobre Verea desde a que se nos ofrece a aportación máis completa que podemos atopar ata o momento. Así o podemos comprobar tamén nesta conferencia que Olimpio Arca impartiu no Recreo Cultural d´A Estrada.
Nunca poderemos agradecer na medida en que o merecen, traballadores pola cultura como Olimpio Arca, sen o que a figura de Ramón Verea ficaría completamente esquecida. Como pagar a asociacións como a A.C. Vagalumes que é todo un referente cultural nas terras estradenses pol seu traballo de recuperación e divulgación do coñecemento xurdido na nosa terra?. Pola contra, que lle temos que agradecer á secretaría xeral de política lingüística (SXPL)? O ano pasado sacou un comunicado de apoio ao Día da Ciencia en Galego, e o apoio ficou só niso... e en manter e continuar defendendo un decreto moi agresivo contra o uso do galego no ensino.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario