Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 17 de outubro de 2012

María Fumaça



Sermos Galiza informa que María Fumaça é unha locomotora a vapor que atravesa as terras do Brasil. Arredor dela vai a ilusión e a alegría. Tamén é un proxecto no que Uxía con Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatrto e un bo feixe doutros artistas ofrecen aos rapaces baixo o lema "Cantar e bailar para ser maís feliz".
María Fumaça vai máis alá da música, é un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un cd e un dvd que gravita arredor da festa e da felicidade, pero tamén arredor de Ruí, un cativo que a pesar das súas dificultades pode gozar da música, cantar e bailar.
E para comprobalo, nada mellor que seguir gozando coas cancións e os bailes de María Fumaça. E este vai en inglés.

2 comentarios:

  1. Graciñas polo adianto en forma de vídeos.
    Xa o temos encarregado para os nosos fillos.

    ResponderEliminar
  2. Pois a gozar cos vídeos, e sobre todo cos fillos!

    ResponderEliminar