Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 9 de outubro de 2012
Desprezo á lingua:aquí como nas Baleares
Sempre que nos sexa posible é un bo exercicio botar un ollo ao que sucede fóra de Galicia para poder valorar mellor o que sucede dentro. Velaquí un vídeo no que Antoni Verguer de PSM-IV-ExM, nun pleno municipal de Palma defendía que non se excluíra o catalán dos requisitos para acceder ao postos do concello. Durante o debate a concelleira de Función Pública, Irene San Gil, do PP, mostra o seu desprezo ás vilas e concellos máis pequenos como Inca, dicindo que éstes non son comparables a unha poboación como a de Palma, máis cosmopolita (sic). É imposible desprezar unha lingua se, a un tempo, non se despreza aos cidadáns que a usan. Neste vídeo vémolo claro pois a concelleira do PP apunta que hai cidadáns de primeira, os de Palma, e de segunda, os do resto dos concellos baleares. Non é habitual que se fagan este tipo de delcaracións, pero a idea, por coherencia ideolóxica, anda a rebulir sempre polo fondo. Para ocultar este tipo de desprezables actitudes con frecuencia podemos escoitar cantos de amor á terra por parte de quen minoriza a lingua propia.
Alén disto a argumentación de Irene San Gil é realmente pobre e extremista, pois, tal e como sinala Antoni Verguer, como se pretende fomentar o bilingüismo excluíndo unha das dúas linguas oficiais? O resultado da política lingüística nas Baleares poderase ver nas rúas de Palma, onde non será estraño atopar municipais que descoñezan o catalán.
En Galicia unha medida semellante foi a primera, en cuestión de política lingüística, que tomou o goberno de Feijóo: eliminar dos requisitos para o acceso a prazas municipais o do coñecemento do galego. Se atendemos aos feitos podemos comprender que ese pretendido bilingüismo que defende o PP non é outra cousa que a a exclusión do galego.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario