Se ben hoxe en día a crise económica centra as maiores cotas de preocupación individual e colectiva, esta problemática está inmersa nun modelo de vida que cómpre redefinir e no que entra de cheo a cuestión lingüística.En tempos, progreso social ía emparellado a adopción da lingua de poder, co resultado ultracoñecido de desaparición ou debilitamento de centos de linguas no planeta, entre elas, o galego. Arestora persiste esa ideoloxía monolingüe: unha lingua por estado, estandarizada e monolítica, e unha lingua internacional. E esta ideoloxía pretende imporse sobre unha realidade que evoluciona globalmente cara ao plurilingüismo.Neste contexto cómpre garantir o futuro das linguas a través de marcos pouco explorados, como o da complexidade. Ao galego, por exemplo, unha planificación que atenda a diversidade lingüística debería outorgarlle o espazo prioritario que lle corresponde en Galicia; e unha planificación semellante en Cataluña, poñamos por caso, debería proporcionarlle á nosa lingua un espazo de supervivencia e normalidade nunha sociedade plurilingüe.Planificacións semellantes aínda precisan de moita investigación; unha mostra parcial é a que se recolle no libro Les llengües al sofà. El plurilingüisme familiar als països de llengua catalana, cun capítulo sobre as parellas mixtas catalán-galego. Comentaremos algúns resultados en achegas vindeiras.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
sábado, 20 de outubro de 2012
Complexidade e planificación lingüística
seguen as voces de Prolingua con Sabela Labraña, da Universitat de Barcelona:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario