Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 1 de outubro de 2012

A prol do galego dende o berce

por Manuel Rodríguez Villasuso en Ollapáro:

Moitas veces traballando ou paseando polas rúas escoito a pais, nais e avós falarlle aos nenos pequenos en castelán para despois entre eles falaren en galego. Semella como que os mais pequerrechos só deben educarse en castelán. Craso error. A mellor educación e a plurilingüe dende o berce. Si vostede é galego falante fálelle na sua língua veicular e se non o é cando lle falen ao neno en galego fale vostede tamén xa que lle esta a axudar . Ata os 16 anos o hipotálamo, a parte do cerebro que controla a fala, estase desenvolvendo e nesas idades os nenos aprenden cunha grande naturalidade as línguas.

O uso indistinto de dúas linguas fai que o neno teña mais axilidade para aprender outra lingua allea. Tamén diria que a nosa lingua é unha excelente ferramenta de comunicacion: moitas veces usamos o galego para transmitir sensacions ou sentimentos propios co cal non o debemos desprezar. Así mesmo ¿ imaxínanse vostedes Galiza sen o galego? Eu non. Olláparo publicou un artigo de Paula Alifano sobor como se perdeu o quichua traducido por G. Beceiro. Lean e reflexionen. Dende aquí quero pedir que se empregue o galego na administración cando lle solicitamos algo ou na vida cotiá cando demandamos algún servizo. E para rematar dicir que a cultura e a língua galega esté mellor considerada e aprezada fóra de Galiza que no país e se non dan creto viaxen e verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario