Os sábados polas mañáns, ás 11:30 na canle de Extremadura TV emiten desde hoxe o progama 'Falamos Portugués'. Trátase dun espazo educativo que pretende incrementar o interese e o coñecemento da lingua portuguesa entre os cidadáns estremeños.
Serán 26 capítulos de media hora de duración realizados coa colaboración da Consellería de Educación e Cultura de Estremadura e a RTP, a canle de televisión portuguesa.
E en Galicia? Repítese decote que temos unha oportunidade de ouro pola semellanza da nosa lingua coa que falan millóns de persoas nas dúas beiras do Atlántico, e non hai desde a aConsellería de Educación ningunha iniciativa semellante a esta que certifique que a necesidade do aproveitamento da nosa ventaxa lingüística sexa un sentimento real por parte do goberno galego. Vivimos coas costas viradas a Portugal por intereses ideolóxicos e iso pagámolo económica e culturalmente a prezo de ouro. A ver se finalmente os cacereños van a acabar falando portugués mellor que os galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario