Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 15 de setembro de 2012

Calendarios e axendas escolares


A Coordinadora Galega de ENDL publicou no seu portal unha serie de calendarios escolares que poden ser de moita axuda para a programación e o seguimento das actividades lectivas do curso que comenza. Ofrécense dous formatos: un para primaria e outro para secundaria. En cada un deles temos un calendario anual, outro mensual e modelos para a temporalización nunha ou en tres follas. Trátase dunha ferramenta de axuda que pode ser moi útil a todo o profesorado.
O SNL do Concello de Redondela tamén se preocupou deste labor e vai repartir entre o alumnado do 2ºe 3º ciclo de primaria e nos dous primeiros cursos de secundaria unhas axendas que foron elaboradas en colaboración coa Coordinadora de ENDL de Redondela. Aquí a deixo para podela consultar e para térmola moi en conta para o vindeiro curso. Unha excelente iniciativa.


Mágoa que á Consellería de Educación nunca se lle ocurrira poñer a disposicón da comunidade educativa recursos semellantes a éstes. Será que pensan que editar calendarios ou axendas en galego para a súa descarga na rede sería levar demasiado lonxe a normalización? Polo que demostraron nos últimos anos é seguro que a resposta sería afirmativa. Non deixaríamos de escoitar desde a propia Consellería que de ofertaren, poñamos por caso, unha axenda en galego terían que facelo tamén en castelán... pola cousa do equilibrio.
Menos mal que o menosprezo que demostran polos traballadores e usuarios da educación tapa, nesta ocasión, o desdén polo galego.

4 comentarios:

  1. Supoño que te refires ao material da CGEDNL.
    Si, precisamente é para iso. O ano pasado xa fixeran algo semellante con ese fin.

    ResponderEliminar
  2. Grazas por divulgar a Axenda Escolar Redondelá.
    Distribuíronse entre alumnado de 2º e 3º ciclo (non curso) de primaria e 1º e 2º da ESO.
    Parabéns polo teu traballo e por este blog.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. É certo. Xa o corrixín.
    Enxérgase moi boa coordinación entre o SNL e os ENDL dos centros. Conviría estender o exemplo.

    ResponderEliminar