Un artigo que nos leva a reflexionar sobre o estatus social da lingua galega na sociedade. Polo levantador de minas, Alfredo Ferreiro, no Praza:
Hai tempo que veño observando preocupado a castelanización da lingua literaria no que respecta aos obxectos directos de persoa. Erros gramaticais como “Sen avisar á súa nai, marchou da casa”, “Unha roupa axeitada para axudarlle a pasar desapercibido” ou “Só pretendía axudarche, non facer mal” poden ser observados en obras de principiantes así como nas principais plumas da nosa literatura, e até nas edicións máis primorosas. Son influencias dunha lingua na que os falantes se comportan cos complementos, se me permiten a licenza, dun xeito moito “menos directo” que os galegos, contravindo algún dos tópicos psicosociais máis arraigados.
E sucede isto porque o castelán todo o inunda, mesmo as lecturas internacionais das nosas escritoras, desde que restituímos a nosa literatura na contemporaneidade. Penetra así a lingua allea nas nosas mentes creativas con todos os seus vocabulario, prosodia e sintaxe tanto cando lemos a Cernuda e a Martín Gaite como cando lemos a Safo e a Hesse, na inmensa maioría dos casos.
Como evitarmos isto? É fácil: sempre que non consideremos o castelán o referente culto e serio do galego, poderemos aprovisionarnos de lecturas referenciais noutra lingua. Unha que, por exemplo, non use a preposición ‘a’ para os obxectos directos de persoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario