Posiblemente a maior proxección fóra da comarca do concello estradense veña da súa Feira do Moble que se está a celebrar estes días. Supoño que moita xente lembrará aquela acertada campaña publicitaria baixo o eslogan "A Estrada, capital do moble".
O 10 de novembro do 2011 ten lugar n´A Estrada a primeira reunión da Xunta Directiva da Rede (RDL) de Dinamización Lingüística. O caso non é de estrañar pois ademais do tristemente famosos pola súa zunia antigalega, Norberto Uzal, ou Anxo Lorenzo, os outros dous membros eran o alcalde d´A Estrada e o daquela técnico municipal do SNL, Valentín García e que neste tempo pasou a ser o máximo representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O titular do día podía ser: "A Estrada, capital da RDL".
Hoxe, dez meses despois, os que se acheguen pola vila e pasen pola Avenida Benito Vigo (N-640) poden ver este cartel indicador que máis que a dirección da Feira do Moble da Estrada, o que nos indica é a dirección que marca a política lingüística da Xunta de Galicia, avalada directamente directivos da Fundación do Moble, José López Campos, o alcalde, deputado autonómico e tamén membro da Xunta Directiva da RDL.
Eis a explicación do título deste post. Ben triste me sinto de que a miña vila de adopción leve, a partir de hoxe este deshonroso título.
Isto é o que sucede cando se usa unha lingua como medio para, por exemplo alcanzar postos relucentes na Administración, na política ou na economía. Moi outro sería o resultado se a lingua, a súa normalización, fose realmente o fin perseguido.
Pena que só destaquedes este erro garrafal no concello do Secretario Xeral da polìtica linguística. Neste concello, o igual q moitos outros, ainda hay demasiado caciquismo antergo que condiciona a vida en liberdade da maiorìa dos estradenses. Viva Galicia libre..
ResponderEliminarNon se trata dun erro, é a evidencia de como funciona a política lingüística. Tampouco creo que o sxpl sexa o responsable directo do contido da pancarta, pero si o é da dirección desa mesma política lingüística.
ResponderEliminarTamén teño que comentar que este blogue non trata do que sucede no concello da Estrada, senón da normalización. Coincido en que o funcionamento da política municipal é, en esencia caciquil.