Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 16 de setembro de 2013

A lingua dos nenos



O pasado mércores os rapaces de infantil e primaria volveron ás aulas para comenzar un novo curso. As cámaras da TVG achegáronse á porta dalgúns colexios para comprobar o ambiente. Se estamos atentos podemos comprobar como os entrevistadores fan as preguntas en galego, pola contra os rapaces constestan en castelán, ou se o fan en galego é cunha lingua forzada, como se estiveran a falar unha lingua estranxeira. Esta é a realidade na maior parte de Galicia, ao pé dos colexios das cidades o galego está excluído, en todo caso é unha rareza lonxana. E quen máis contribúe a que isto sexa así, é quen ten o deber de remover esta situación. A Consellería de Educación apostou decididamente polo reforzo dun espazo de exclusión do galego mediante a política lingüística que está a poñer en práctica desde o funesto decreto para o plurilingüismo e toda a farramallada que está a contruír ao seu arredor, mesmo en contra do ditame do TSXG, pero sobre todo en contra do sentir cidadán mil veces expresado desde sindicatos, ANPAS, asociacións estudiantís, partidos políticos, toda clase de organismos ou manifestacións que deixaron as rúas pequenas.

6 comentarios:

  1. Pois si.
    Ademais é tan enorme que nin a TVG pode ocultala. Cando fixeran o programa "O país dos ananos", tiñan enormes dificultades para contar con rapaces que falaran ben a nosa lingua. E iso era antes do decreto do plurilingüismo.

    ResponderEliminar
  2. Sabes Cibrán, o problema nom é na escola, o problema é na sociedade. Os pequenos atópanse coa situación de serem corrixidos (aínda que for sutilmente: "ah! quieres decir mariposa"), de nom atopar interlocutores na súa lingua (sobre todo nas cidades: "mira, un gallego!"), de nom atopar debuxos animados na lingua, de nom atopar xogos na lingua,... o mundo é castelám e eles van sendo absorvidos polo mundo.

    Um biquinho
    meni*

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ben, pero todo conta. A escola é sociedade. E a escola non só educa aos rapaces, tamén educa aos pais. Tamén a política. Se non hai debuxos animados en galego, ou cine en galego, temos aquí moita responsabilidade política, por non falar da destrución de todo o que tivera que ver coa normalización na escola.

      Eliminar
  3. cando imos a gravar para unha local en vigo tamén nos pasa.. contestan nun perfecto castrapo do estilo de "ainda non empecín"

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. "Aínda non empesín" sería o que diría eu. O que vive na exclusión do galego diría, como moito, algo como "aún nonemos empezado la escola"

      Eliminar