Non é coña, isto é o que veremos estes días no perfil de twitter da Secretaría Xeral de Igualdade |
Finalmente temos casos máis subtís, pero tamén casos de desleixo, ou se se prefire, de desprezo da lingua en campañas da Xunta. Velaí @pulpodelonja, a conta oficial da promoción do Polbo de lonxa, co galego sempre secundarizado, cando non excluído. Temos tamén o caso do incorrecto lema Cómete o mar, ou aqueloutro anuncio contra os incendios no que se declamaba iso de: "preparados, apunten,..., *fuego". Desgraciadamente hai exemplos para todo, incluso para promocións da lingua galega, feitas pola Xunta, e anunciadas en castelán.
Fotograma da campaña da Secretaría Xeral de Igualdade |
Este ano a Secretaría Xeral de Igualdade non traballou nada a xornada do 25-N. Recolleron a campaña do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais ... e Igualdade e difundiron o mesmo vídeo coa voz en off de Pepe Domingo Castaño e Julia Otero. En primeiro lugar, o vídeo contén varias mensaxes escritas, sen verisón en galego. En segundo lugar, a escolla destes dous periodistas é tamén unha escolla de alleamento xa que os dous traballan en medios madrileños e, polo tanto non se El larguero e Carrusel Deportivo, nos que o padronés bruaba anunciado puritos Rey o espléndido "Garvey" ou "Soberano es cosa de hombres",
Fotograma do vídeo do IES Laxeiro |
Por todo iso prefiro, sen dúbida ningunha, traballos como os seguintes. Do primeiro saquei este fotograma, máis que nada, para confrontar co da Secretaría Xeral de Igualdade. Se alguén queda mal con esta comparación é porque o merece. Trátase do vídeo que nos chega do IES Laxeiro (Lalín) vía Trafegando Ronseis, cunha longa tradición na celebración do 25-N:
O seguinte vén de Londres, do IES Cañada Blanch, onde demostraron ser bos alumnos de Carlos Blanco:
E o derradeiro, unha curta do IES Poeta Añón (Outes):
Mil veces máis impactantes, sensibles e sinceras (e respectuosas, ademais, coa lingua e coa sociedade) as campañas que traballaron os rapaces e as rapazas nos institutos...
ResponderEliminar