Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 12 de novembro de 2015

A estraña lingua de Mrs. Corina e a Dra. Porro


Corina Porro, ex-directora xeral, ex-deputada, ex-senadora, ex-presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, ex-alcaldesa de Vigo e actual presidenta do Consello Económico e Social (CES), comparecía a principios deste mes no parlamento. Neste inenarrable vídeo responde ás preguntas que lle fixera o deputado de AGE Juan Manuel Fajardo.
Recomendo o vídeo como un valiosísimo recurso educativo a todo ese profesorado que teña que explicar algunhas ideas básicas de sociolingüística. O documento serve, entre outras cousas, para desvelar como a lingua é moito máis que un simple código de comunicación. Neste caso pode mostrarse moi claramente a actitude de desprezo de Corina Porro co galego nun contexto e cun discurso que, nun principio, nada ten que ver coa lingua.
A recomendación ten hoxe máis sentido, cando está máis que recoñecida a importancia de sustentar modelos lingüísticos de calidade como armazón necesaria, aínda que non suficiente, dun proceso de normalización lingüística que se poida cualificar de tal cousa. Quen quixera profundizar máis no tema pode ler o libro editado por Bahía, Modelos de lingua e compromiso. O seu coordinador, Xosé M. Sánchez Rei facía estas clarividentes declaracións nunha entrevista no Praza cando lle preguntaban sobre o nivel de calidade da lingua empregada polos políticos:
hai persoas que acreditan no galego e outras non, pero non se pode acreditar nunha lingua que se está atacando continuamente. Ademais, o goberno de Feijóo foi e é o máis daniño para a lingua de todos os que ten habido na Xunta, empezando xa por como fala o seu presidente e os seus conselleiros e secretarios xerais
... e presidentes/as doutros organismos, habería que engadir.
Velaquí a transcrición do surrealista relatorio de Corina Porro (ACLARACIÓN: non é que o texto estea mal escrito, ou que teña erros, é que o dixo exactamente así):
"En cuanto al señor Fajardo, quería decirle que estamos de acordo sobre alguna consideración que xa fixo o ano pasado sobre alguna cuestión que ten que ver con la ... si es convinte o no que exista más representación no CES. En canto a esta cuestión quero decirle que nosotros convenimos en que o terceiro sector e aquela parte da nosa sociedade, excluídos os chamados sector público e privado que desenvolven actividades económicas o sociais sin ámbito de lucro en beneficio da colectividade e considero, sen lugar a dúbidas, que nun futuro próximo debería estar presente nun organismo como é o noso. Sería pois una tarea que deberá abordarse no vindeiro mandato do CES. Creo que esto todavía non está falado dentro pero teño que decile que eu estou de acordo
En cuanto a la mellora de la página web creo que lo dixe na miña intervención. Es necesario, es necesario que toda actividade que teña o CES pues que esté más reflexada, que tengamos moitísimas más, tanto xornadas como todo o que se está facendo que tenga más visibilidade e por eso lo anunciaba tamén na miña intervención.
En cuanto a los orzamentos, en cuanto aos orzamentos, decirlle que as contratas de los traballos que se fan de limpieza, etc. etc., los tenemos los tres organismos, los tres organismos que estamos no edificio y están sujetos a licitación pública. Os levamos entre os tres.
Y que en gastos diversos, efectivamente, en gastos diversos están las jornadas y tamén están como decía, como usted ya pensaba que os cadernos recogen, van a recoger esas jornadas y va a ser el trabajo que se vai a desenrolar a partir de ahora.
Me fai una pregunta que creo que está suficientemente clara a nivel público que es o asunto do que me habla sobre algo en que yo non teño nada que ver como quedou demostrado. O asunto do que me habla xa ten sido valorado en una primera fase pola investigación previa sin consecuencia xurídica ningua para a miña persoa. Así foi considerado tanto pola fiscalía como pola xuez. Entón no se puede falar de que teña que dar ningún tipo de explicación sobre algo que non existe.
En canto al señor González Santín..."
      Corina Porro, Comisión de Economía do Parlamento Galego. 3 de novembro do 2015

O peor de todo é que de certo que se a Corina Porro lle preguntaran á saída da Comisión en que lingua falou alí dentro, seguro que afirmaba toda convencida que "en galego, por supuesto".

2 comentarios:

  1. Efectivamente: mellor non dea ningunha explicación sobre algo que non existe; e sobre o que existe, se pode ser, tampouco; señorísima Cuerina Puerro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Supoño que falas do caso Patos, que é unha das preguntas que respondía Corina Porro, aínda que se só se escoita o que di ela é imposible entender de que está a falar en ningunha das cuestións.
      Recollín o vídeo, máis que polo que di, por como o di.
      O que parece increíble é que alguén con estes xeitos leve toda a vida ocupando cargos políticos importantes. Indicativo do podre que está o país, supoño.

      Eliminar