Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 30 de novembro de 2015
"Memorias dun neno labrego" Entrevista a Xosé Neira Vilas
No Diario Cultural da Radio Galega montaron un monográfico de urxencia que pon en evidencia a necesidade de medios de comunicación públicos que ofrezan programas de calidade. A TVG estivo espilida creando unha canle temática sobre Neira Vilas ao pouco de enterármonos do seu facecemento. Pero non todo son parabéns. Desafortunadamente os contidos desta canle non están á altura da figura do escritor falecido. Non vemos máis que as novas dos últimos días e algunha que outra aparición de Neira Vilas nos informativos por cuestións realmente prescindibles. Porén, programas monográficos adicados á súa obra ou a unha biografía reveladora da opresión e o exilio sofrido pola lingua e a cultura galegas, ulos? Nos últimos 21 anos, os que pasaron desde a súa volta desde Cuba, tivo que haber unha boa mostra de programas e entrevistas centrados no autor do gran best seller galego. Non entendo a razón de que nesa canle no recolleran, por exemplo, este capítulo do programa Galegos.
Ao consultarmos o portal da Fundación Neira Vilas, o panorama non pode ser máis pesimista. Pregúntome en que mans está xa que a impresión é de completo abandono: nin tan siquera ten habilidada unha mínima biografía do escritor.
Mágoa que para facermos referencia a un audiovisual de calidade centrado en Neira Vilas, nun recurso que poida ser utilizado nas aulas, teñamos que botar man dun vídeo dunha entrevista realizada sen máis infraestrutura que unha cámara de vídeo e un editor de vídeo baixado da rede. O peso da entrevista, realizada no 2011, é obra der Marga do Val e a realización Xoán Carlos Garrido. Paga a pena velo. Ademais está cheo de momentos moi aproveitables nas aulas de lingua e literatura galega.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario