Grazas ao mil veces recomendable blogue de Carlos L. Medrano, Xogos de Lingua, chégame este vídeo que xa vira circulando polo facebook pero que non atopei nun formato inserible neste blogue ata agora.
No audiovisual móstrase un obradoiro do proxecto Apego posto en funcionamento por Luís Prego, do grupo musical Ardentía. Todo un acerto o de incidir e destacar a importancia da transmisión da lingua nas etapas da vida máis temperás.
A Mesa vén denunciando desde hai anos que por culpa do funesto decreto do plurilingüismo o galego ficou excluído do ensino infantil nas cidades, e mesmo demostraron que as cousas van a peor. Tal é o escándalo que incluso unha Real Academia Galega que normalmente non atende a este tipo de cuestións, se viu na obriga de pedir que se tomen medidas urxentes para reverter a situación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario