Non o redactaron na clase, quedaron despois, organizáronse entre eles para traballalo unha tarde. Sabían que non terían maior puntuación na asignatura pois o profesor que os invitara a participar era dunha materia desas que adican todo o tempo a remexer nas ecuacións e nos números. Sabían que o máis probable é que non gañaran. Pero así e todo non o dubidaron un momento. Foi por compromiso coa lingua, un compromiso que espero renovarán acotío de aquí en diante e para sempre.
Parabéns.
Velaquí o texto:
Galego,a chave do mundo. Que pasa contigo? Xa non te acordas de min? A lingua dos teus avós, a lingua da túa terra, a lingua que medrou contigo, a lingua que te viu nacer. Que pasa, que xa non che sirvo? Por que non me falas? Avergóñaste de min? Eu, que che din as túas primeiras verbas. Eu, lingua de persoas memorables desta nosa terra como Rosalía, Castelao.... A lingua que dende un recuncho de Europa chegou ata Arxentina, a lingua pola que milleiros de persoas se sacrificaron, que suaron e sangraron por ela. Eu son Galicia, e todos os que viven aquí son galegos, pero ao meu pesar non todos os galegos me falan. E tí que non me valoras, quen es ti para xulgarme? Quen es ti para prohibirlle á xente que me fale? Non me poderás parar, mentres haxa unha soa persoa no mundo que me fale ou sinta morriña por min, eu seguirei viva. Porque eu son a única lingua que namora con só falala, son a lingua deses avós que coñecen o tempo mellor ca calquera profesional , son a lingua do Albariño, a lingua dos labregos, a lingua das queimadas e a meigas, a lingua de lendas sobre mouros que te engaiolan ,a lingua da terra verde, a lingua dos mariñeiros e peregrinos, a lingua das mariscadoras e das rías tamén... Tí es o único que pode elixir o meu destino. Tiven épocas boas , e épocas malas.Tiven épocas de máximo esplendor e épocas escuras. Tiven tempos difíciles. Tempos prohibidos de falarme. Tempos prohibidos de escribirme. Tempos encerrados. Tempos nos que case me perdes. Non me deixes, non deixes que volva ocorrer o mesmo comigo . Eu manifesto aquí o meu desexo de que me falen. De ir por Galiza adiante e escoitar a toda a xente falándome. Cando chegue ese día, serei como un paxaro liberado dunha gaiola. Espero que ti, querido falante me axudes a conseguilo , me axudes a volver a soñar , a sentirme querida, con forzas, con gañas de comer o mundo, porque soamente a fin do mundo se a topa en Galiza .Soamente ti o podes conseguir, só ti podes facer este soño realidade, sacar desta terra toda a maxia que leva dentro soamente dicindo orgulloso: EU FALO GALEGO! Ese día eu, o galego, serei a chave do mundo. Para aquelas persoíñas que algún día me abandoaron pero sempre me levarán dentro.
Pois que vivan os teus alumnos e as túas alumnas! Oxalá o seu compromiso nunca se desgaste e sempre vaia a máis.
ResponderEliminarComparto os teus desexos.
EliminarUnha cousa que estamos vendo no noso centro é que o uso do galego formaba parte da equipaxe da práctica totalidade do alumnado... ata hai un par de anos. Nos primeiros cursos da ESO vemos como o galego vai perdendo posicións entre as familias dos nosos alumnos.
Gústame moito o final!!!
ResponderEliminarParabéns aos teus alumn@s!!
Xa lle transmitirei todas estas felicitacións.
EliminarComencei a vervos hai uns poucos días pola rede a todo gas. Parece que dispoñedes de todo un equipazo.
Parabéns a ese marabilloso alumnado do Colmeiro!!
ResponderEliminarPor aí pasádelo mellor. Nós traballando cos textos o co rollo que sexa e vos co hip hop
EliminarSómoche así de festeiros! ; )
Eliminar:_)
Eliminar:_________)
ResponderEliminar