Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 12 de abril de 2013

Sube ao tren da lingua!


Este é un deses vídeos ineludibles, dos que hai que ver á forza. Trátase dun lipdub gravado no CPI de Pontecesures a partir da canción "O tren" de Andrés Dobarro. Temén é un exemplo da calidade e do esforzo dos profesionais do ensino no traballo normalizador que decote se atopa de frente co muro da administración.
Con este traballo desde Pontecesures achéganos unha inivitación a "subir" ao "tren" do galego para que este viva as vinte mil primaveras que lle desexaba A. Cunqueiro. A nosa lingua debe estar presente na rúa, no cine, na rede, na música, nos medios de comunicación... Asemade é unha humilde homenaxe a un cantante que, en pleno franquismo, levou o galego ás listas de éxitos da música pop. Adicado precisamente a Andrés Dobarro, por remar a contracorrente en tempos difícles, tal e como o fan hoxe en día os Equipos de Normalización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario