Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 15 de abril de 2013
Exportar en galego, anuncialo en castelán
O documento é bonito. Contén unha lista de ligazóns que calquera cun pouco de vagar podería arrecadar nunha xornada. A Xunta presentou o pasado 12/04/2013 a campaña “Exportar en galego”, promovida pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE).
A FEGAPE anunciou así a presentación: "Tendrá lugar en la sede de la Asociación de Empresarios del Polígono San Cibrao este viernes 12 de abril a las 11:00h.".
Está claro o compromiso da FEGAPE coa normalización, pois tamén participará nos XV Encontros para a Normalización Lingüística organizado polo CCG. Así o comunicaban: "La Federación Galega de Parques Empresariais intervendrá el jueves 18 en la mesa de trabajo "Lingua e Sociedade en Galicia: 1983-2013". O poñente será Iván Vaqueiro, que significativamente presenta para estes encontros o seu currículo en español, é o director de Galipad Consulting, a empresa á que a SXPL lle encargou tanto esta campaña como aquela outra, O galego, chave para os teus negocios no mundo, da que xa déramos conta no seu día apostando daquela pola absoluta inutilidade e ineficacia da mesma. Nuns poucos meses temos a aposta gañada, e outro tanto máis en contra da normalización do mundo empresarial pois a FEGAPE, ao pouco de lixar o seu web cun par de palabras galegas, continuou o seu camiño de exclusión da nosa lingua.
A vacuidade destas campañas é a súa única característica. Está feita únicamente para aparentar que esa pantasma que é a SXPL está a facer algo do que lle correspondería. Segundo o organismo da Xunta, "o obxectivo principal desta nova iniciativa dirixida a promover o uso do galego no ámbito dos negocios". De ser isto certo, terían que asumir de partida un fracaso total e absoluto xa que nin tan siquera a propia empresa encargada da mesma asumiu en ningún momento este precepto. Basta ver os anuncios que fai Galipad Consulting dos contratos que fixo coa SXPL ([1] e [2]) onde o único que aparece redactado en galego é o título da campaña.
Velaí o modo de proceder da Xunta e os seus chiringuitos: promover unha campaña para o uso do galego anuncíandoa en castelán.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Pois tem razão, mas o galiñol empregado e promovido polos "poderes públicos" não ia milhorar lá muito a cousa ... :-p
ResponderEliminar