Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 20 de abril de 2013

Manuel 'Fincas' Pulpeiro

O Concello de Mondoñedo convocou o II Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro e o Concello da Coruña tivo a ben divulgar a noticia no Novo Espazo Xuvenil, o portal virtual do Centro Municipal de Información Xuvenil. O problema é que o fixo baixo a éxira da súa obsesiva política lingüística de minimización do uso do galego xa que desde ese concello non sae unha palabra en galego sen que apareza unha tradución ao castelán ao seu carón. Unha bonita forma de afirmar que o galego é inútil ou que os coruñeses son tontos. E sucedeu o que tiña que suceder cando se actúa con desleixo e desprezo. O presunto bilingüismo amosouse tal e como é, coa súa face máis estarrecedora tranformando o antropónimo 'Leiras' no trasunto 'Fincas'.
Así redactaban o anuncio o desprezo e o tradutor automático do concello da Coruña: "con la finalidad de honrar la memoria del escritor mindoniense Manuel Fincas Pulpeiro y, asemade, colaborar en la promoción de la escritura poética en lengua gallega"
Non sobraría que a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) lle fixera unha seria, e pública, chamada de atención ao concello por actuar en contra dos intereses do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que en tantas ocasións esa Secretaría di defender.
Será esta a forma en que o concello participa na Rede de Dinamización Lingüística, non si?




3 comentarios:

  1. non interveñen...porque a fin son uns ninguén...uns curuñeses...non son sociólogos ( e si sono de certo para desfacer e provocar, coño se o son...)...non hai disculpas...son o que son e fano coa frialdade dos que queren ferir...punto...

    ResponderEliminar
  2. Outra de hoxe, Margarita ledo pasa a ser Margarita Contento, http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/04/20/nexos-comunicacion-cultura-esferas-poder-debate-santiago/0003_201304G20P24995.htm

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Outra vez La Voz, ese medio que a SXPL puxera como exemplo da normalización ante a Comisión Europea que estuda o cumprimento da CELRM

      Eliminar