Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 4 de abril de 2013

Renovado portal do Centro de Documentación Sociolingüística

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), organismo dependente do Consello da Cultura Galega, estreou onte na rede o seu novo sitio web, cunha imaxe e contidos renovados. Ademais da información sobre o propio centro e dos contidos que xa viñan ofrecendo, cómpre destacar  dúas novas seccións: o Delicious do CDSG e Lingua en Titulares.
No Delicious é o libro  de marcadores web para que poidan ser compartidos en rede por toda a comunidade.
Lingua en Titulares é un caderno de prensa en liña no que se seleccionan diariamente as novas publicadas sobre lingua en máis de 30 medios dixitais.
Pero aínda hai máis. Por exemplo de Bolina, unha selección con máis de 300 recursos clasificados, todos eles do mundo da planificación e normalización das linguas minorizadas que chega coa promesa de incrementar cada semana un novo porto. Nesta xeira recomendan a Asociación Galega de ONomástica (AGON).
E un recurso do Arquivo Sonoro de Galicia que han agradecer os profesores de lingua: A Nosa Fala.Bloques e Áreas Lingüísticas do Galego. Trátase dun audio-libro con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do XX dos tres bloques lingüísticos do país. Eu xa escoitei a un mariñeiro que fala coma min, explicando como era a vida nun barco de pesca no banco sahariano.
Parabéns aos membros do CSDG, que nos regalaron toda esta marabilla. Agardemos que se manteña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario