ACABO de ler O galego é unha oportunidade, de título comercial, e que aparentemente se contradí coa decadencia reinante.
José Ramom Pichel e Valentim Fagim esquecen as tácticas políticas de defensa do idioma e do seu conflito, para exercer de cartógrafos fidedignos, notificando a realidade. Por esa razón traen á obra reflexións tan sinxelas e diáfanas como as de Adolfo Domínguez: "Eu o galego fáloo ben e son profundamente lusista. Independizar o galego é un erro porque nos quedamos sen a avantaxe dunha lingua que falan 250 millóns de persoas. A lingua de Rosalía é moi semellante ao portugués". Carlos Núñez di: "Que o galego non ten futuro? Xa lle gustaría a Cataluña que o catalán o entendesen 200 millóns de persoas". Evidencias, moitas, simples, claras e intelixentes.
Aínda que eles non o digan, porque son máis coidadosos ca min, a brillantez do sentido común e da xente común, non especializada, que razoa con equilibrio, só pode ser negada desde ese barroquismo pseudointelectual que nos ten levado a un illamento lingüístico suicida.
E un desacordo: eu creo que se debe buscar a unidade lingüística pola concorrencia social, sen que, por favor, interveñan máis os gramáticos, coas súas normativas e gaitas. Os gramáticos tiveron cincuenta anos de oportunidade e trouxéronnos a onde estamos. Falamos portugués e brasileiro desde estas falas e escritas galegas. Como un angolano o fai desde a súa tremenda mestura léxica e sintáctica.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 9 de abril de 2013
Xeografía lingüística
por Xosé Manuel Sarille en El Correo Gallego:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario