Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
sábado, 13 de abril de 2013
Sés: 'Canto en galego porque estou orgullosa da miña lingua'
Segundo os alumnos que participaron nesta actividade en Negreira, Sés é unha rapaza moi auténtica. A cantante confirma estas ideas cando na entrevista que lle fan declara que "Teño que crer no que fago, por iso canto en galego" ou que "Canto en galego porque estou orullosa da miña lingua"
Neste vídeo xunto cunha entrevista, podemos ver parte da actuación de Sés do concerto do 21 de marzo no centro Sociocultural de Negreira, no que participaron alumnado do IES de Brión, IES Terra do Xallas de Santa Comba e do IES Xulián Magariños de Negreira, foi organizado polo departamento de Dinamización Lingüística, Biblioteca e departamento de Lingua e Literatura Galega, dentro das actividades das XORNADAS SOBRE A MULLER deste mes de marzo.
Etiquetas:
Equipos Normalización,
muller,
música,
Normalización,
Sés,
vídeo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario