No seu día xa se comentara neste mesmo blogue o proceso do nacemento do twitter en galego. Agora atopamos esta reportaxe sobre o twitter en galego na que entrevistan ao seu promotor, Carlos García Vieito.
Aproveitando a ocasión recollo unha anotación do Portal das Palabras sobre o termo rechiar (rechío, rechiado) no que se destaca que segundo o Dicionario da RAG é 'producir ao rozar un son áspero e desagradable', un significado sen relación semántica co cantar dos paxaros. Porén desde hai ben pouco, seguramente con posterioridade ao artigo do Portal das Palabras, si que aparece rechouchiar (e consecuentemente rechouchío, rechouchiado) como 'Compartir [un chío alleo] na rede social Twitter'. Penso que non sería mala idea recoller esta aportación terminolóxica para trasladala á rede social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario