Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 5 de outubro de 2014

"Podemos pero no queremos"

Propugnan o respecto a "los derechos humanos" pero non "aos dereitos humanos", e moito menos o dos dereitos dos falantes das linguas minorizadas. Deben falar doutros humanos.
Piden a eliminación dos "privilegios de la clase política" pero non dos "privilexios do castelán face ao asoballamento do galego"
Din estar a favor da educación  que adxectivan de pública, pero esquéncense do adxectivo "galega".
Piden unha "sanidad pública y universal" fronte a "unha sanidade galega e en galego para todos os cidadáns"
Éncheselle a boca co "derecho a un trabajo digno" porén desprezan a dignidade do sentimento galeguista.
Están a favor da "ecología y las energías limpias; contra el cambio climático" pero nin lles acorda o ecolingüismo e promoven o cambio ao uso da lingua da caste.
Cando falan do "derecho a un trabajo digno" están relegando  aos sumidoiros da historia décadas de defensa dos dereitos dos traballadores realizada sempre en galego.
Cando mencionan a necesidade de "devolución de lo robado" están roubando do espazo público a presencia da lingua de noso.
Significativamente posiciónanse contra "las puertas giratorias" cando eles son os que entran e saen pola porta da exclusión do galego.
"La política no pude ser dirigida por personas que están ahí para defender los intereses de las grandes compañías", efectivamente, pola contra eles entran na política para defender os intereses dunha lingua con vocación de imperio.
Contan os que tiveron a idea de asistir a algunhas asambleas de "Podemos" como pasaron horas debatendo como deberían ser as actas das mesmas. Que se deberían dar conta de todos os aspectos tratados, se só dos acordos tomados, se tería que ser en papel ou en formato dixital, se oas sangrías, que se escribilo en comic sans ou non... Pero en ningún momento trataron o tema da lingua en que debería ir redactada polo que, naturalmente as fixeron en español. Con todo, esixen unha auditoría para a "revisión de la deuda externa". Xa osmaba eu que Miguel Louzao estaba cargadiño de razón cando escribiu este artigo.

2 comentarios:

  1. "contan os que tiveron a idea de asistir a algunhas asambleas de "Podemos"..."
    Aí está o teu problema, nese "contan". As cousas é precisso velas antes de falar delas. Aos círculos vem moita gente, de moitas sensibilidades, de dereitas, de centro, de esquerda, estamos moitos galeguistas e ai tamem espanholistas. Nestes momentos impera a necessidade da uniom, nom sei se vos déchedes conta pero o estado está destrozado, tódolos dias cagam polos dereitos humanos e o nivel do roubo é astronómico. Primeiro debemos conseguir umha democrácia de verdade, e para isso tem que estar junta a cidadania honrada, as persoas que crem na democracia e nos dereitos humanos. É o momento de loitar por estas cousas, pero nos círculos estamos todos para aprender; nom somos políticos profesionais e ninguem vem co Capital e Sempre en Galiza lidos, pero falando e discutindo é como se transmitem as ideas; se queres educar á gente, se confías na verdade do que pensas, este é o momento de contalo. Vente e participa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xulgamos polo que vemos. E o que vemos é que a maioría dos Círculos de Podemos na Galiza se anuncian en castelán. Como se explica que os Círculos de Allariz, da Estrada ou de Verín -vilas cunha porcentaxe moi elevada de persoas galego falantes- usen o castelán nas súas comunicacións públicas? Ou que a persoa que actúa como voceira de Podemos na Coruña faga as súas intervencións televisivas en castelán?
      Se non queredes que se diga que para Podemos o galego é unha molestia -ou, no mellor dos casos, unha anécdota- a solución évos ben doada: usade a nosa lingua, en todo e para todo. Que alternativa de país nos ofrecedes na que o idioma de noso non ten presenza?
      Alén de máis, o feito de que nos Círculos houber algunhas persoas favorábeis ao galego non muda para nada a realidade: Podemos é unha forza política orixinada en Madrid e dirixida dende alí, que non ten ningunha proposta para os problemas específicos da Galiza, incluído o problema lingüístico. Eu aínda estou agardando algunha nova positiva de Podemos en relación coa nosa lingua.

      Eliminar