Simpática promoción realizada polo alumnado de 6º de primaria do CEIP Ramón Cabanillas (Santiago) nun obradoiro de videocreación impartido por Illa Bufarda. Esta formación foi un agasallo que o Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela lles outorgou a catro centros de ensino por participaren no Concurso de vídeocreación para centros de ensino.
O ENDL do centro ten unha páxina churrusqueira feita co sites do google.
Unha mágoa que aos rapaces non lle aprenderan que a letra "q" non se chama "cu", que é un nome moi feo para unha letra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario