Pois si, xa van alá cinco anos e un día. Comenza a resultarme estraño non estar na noite de reis a darlle os últimos toques a esta entrada de aniversario.
Velaquí este retrato que coloquei un día sen pensalo moito pero que significa moito xa que vivimos nun deserto, un deserto para a lingua galega. Estes cinco anos consistiron nunha travesía no deserto. Se aínda estamos vivos é grazas aos oásis conformados polas asociacións e particulares que manteñen a conciencia social sobre o luxado estado do galego.
Velaquí o mamífero. Ten unha lingua ou dúas? Camelo ou dromedario? Bota a cabeza fóra para esculcar o mundo e fica pasmado ao comprobar como a política lingüística ten como único obxectivo manter a carcasa da SXPL mentres o seu interior está completamente baleiro. Nin unha medida normalizadora nestes cinco anos. Só a destrución do edificio que se estaba a levantar na etapapa do bipartito.
Seguiremos cruzando o deserto. Alén deste ermo hai unha terra fértil e chea de vexetación. A nosa terra, a que xeografiou Domingo Fontán e que tan ben describiu Otero Pedrayo.
Parabéns, Cibrán. Deséxoche moitos azos, porque temas dáme a min que non che van faltar...
ResponderEliminarDesafortunadamente, vas ter razón.
EliminarBoas, meu! Eu tamén che desexo que continúes con ben nesta andaina. Outra cousa: como o twitter non me deixa enviarche mensaxes directas, mándoche por aquí un enlace que igual che interesa para a clase de mates: https://www.facebook.com/video.php?v=427548974048316&fref=nf
EliminarPois moitas grazas a ti tamén. O das mensaxes directas xa está arranxado.
EliminarE espero que ti continúes tamén con esa achega de fotolingüísticas.
Moitos parabéns! Canto te necesitamos...!!!
ResponderEliminarGrazas.
EliminarEu o que necesito é un descanso.