por Marta Dacosta, no Sermos Galiza:
Nos inicios do meu camiño cara á lingua, están os anos de instituto. É certo que eu xa traía esa fame, por iso, cando en 1980 comecei recibir as primeiras aulas de galego, acabei de saber que me faltaba. E así a lembranza daquel profesorado do IES Santo Tomé do Freixeiro, en Vigo, ten un lugar importante na memoria da lingua, como aquel primeiro manual de galego, como o Rosalinda de Fausto a soar nunha clase ateigada. Logo souben que nese momento comezaba impartirse galego como materia. Mais naquel instituto xa había outras profes que impartían as súas aulas en galego, por exemplo matemáticas, algo que non pasaba desapercibido á nosa atención adolescente.
"E os datos chegaron para confirmar as sensacións e unha pregunta comezou a baterme na cabeza: falarán en galego as fillas ou os fillos do meu fillo? Que futuro lle agarda ás miñas netas?"
O certo é que naquela década a lingua e a necesidade de debater sobre a súa presenza no ensino ocupou unha parte importante do noso tempo: no instituto, no Colexio Universitario, na Facultade. Sempre reclamando máis presenza.
Porque a docencia en galego é útil, necesaria, imprescindíbel.
Logo chegounos a hora de sermos nais e pais e aprendémoslle ás nosas fillas e fillos a lingua de noso, desexando que non tivesen que transitar o camiño, ás veces amargo, que nós realizamos cara á nosa lingua. Desexos incumpridos, porque todo ao seu redor fainos estraños.
E os datos chegaron para confirmar as sensacións e unha pregunta comezou a baterme na cabeza: falarán en galego as fillas ou os fillos do meu fillo? Que futuro lle agarda ás miñas netas?
Por iso este 8 de febreiro estarei outra vez na rúa, porque quero vivir en galego, porque quero que os nosos fillos e fillas poidan vivir en galego, porque quero que poidan aprenderlles a lingua ás súas fillas e fillos e porque quero que as miñas netas ou netos poidan vivir en galego, coma un día viviron as e os avós.
"O día 8 percorrerei Compostela para reclamar que se adopten todas as medidas necesarias que me permitan soñar que un día sentirei esta lingua nosa na boca doutra xeración".
O día 8 percorrerei Compostela para reclamar que se adopten todas as medidas necesarias que me permitan soñar que un día sentirei esta lingua nosa na boca doutra xeración. Porque …
démoslle a LINGUAe a lingua é AMORnon é unha coirazaque poida defendelo cada vez que non oefalar na súa lingua, cada vez que ao redorfalan nesoutra lingua, cada vez que lle dinpor que fala esta lingua, cada vez que lle esixenque fale esoutra lingua
que a lingua non é coiraza que poida defendelocada vez que lle negan ESTAR na súa lingua
démoslle a LINGUAe a lingua é POBOnon é unha espadaque poida defendelo cada vez que lle neganque esta patria ten lingua, cada vez que lle neganque esta é a que nos pertence, cada vez que lle neganque ela é identidade, cada vez que lle neganque somos porque falamos
que a lingua non é espada que poida defendelocada vez que lle negan SER na súa lingua
que a lingua é AMORo amor das avós que a ergueron como CASAen que fomos nacendo para que sempre foseun lugar de FUTURO
que a lingua é POBOo pobo que a creou para dar nome á TERRAe deixarnos memoria de quen somos e comoqueremos CONSTRUÍRNOS
Marta Dacosta, febreiro de 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario