Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 28 de xaneiro de 2015

O acento de Feijóo


Agás unha subterránea e completamente prescindible presenza do galego, a iniciativa de apoio a empresas da Zona Franca de Vigo chamada VíaVigo é un bo exemplo de como se practica a exclusión da nosa lingua no ámbito empresarial recollendo recursos públicos. A propia cabeceira do proxecto é indicativa do desleixo coa que se trata ao galego xa que é a mesma tanto na versión en castelán (VíaVigo: aceleradora de empresas y emprendedores) como en galego (VíaVigo:aceleradora de empresas y emprendedores). 

A Feijóo correspondíalle facer unha visita ao centro no que se desenvolve o proxecto VíaVigo, na Zona Franca de Vigo. Como se trataba dun territorio desgaleguizado el non quixo facer uso da súa posición de poder para ofrecer unha mostra do que é o seu deber, o apoio ao galego. Chegou falando en castelán, e así continuou toda a xornada. Certificou, xa que logo, a súa traición á lingua galega.
Nun momento debéronlle pedir que ante unha  pizarra de cor morado, lles deixara unha mensaxe aos participantes en VíaVigo, e así o fixo. Curiosamente escribiuna en galego. A escritura require un esforzo, unha reflexión que non é característica da expresión oral. Esa pequena reflexión obrigoulle ao presidente a pensar sobre a alternativa: galego ou castelán? A impostura, aínda, non chega ao extremo de negar tamén a lingua na escrita. Así que se puxo a redactar:
"O importante é ter unha idea, pero o ma..."
Claro, había un problema. O seu galego é deficiente, titubeante. Como todos os galegos é vícitima dos prexuízos e a exclusión da lingua no ensino. No seu interior seguramente reforzounos nese momento, arrepentíndose de poñerse a escribir en galego:
- "Máis" escríbese con acento ou sen el? En castelán todos o sabemos escribir, pero claro, en galego,..., cambian tanto as normas.... Quen me mandaría a min poñerme a escribir isto en galego? ...Ah! non, Poño o símbolo matemático más (+) , Así non se nota...que ben! que listo son! - isto pensaba Feijóo mentres escribía:
"O importante é ter unha idea, pero o ma + import é crer ...."
Velaí a importancia das matemáticas, incluso para un presidente da Xunta. Claro que se as aprendera en galego non acarrexaría os prexuízos cos que agora pasea... Ben, tamén sería certo que nese caso tampouco sería presidente da Xunta pois parece que para selo hai que ser tamén un negacionista.

2 comentarios:

  1. A lingua de Feijoo non é o galego senón o castelán, dado que foi educado polos maristas en León.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polo dato.
      Con todo, unha cousa é a lingua da escola (a miña, prácticamente toda tamén foi o castelán), outra é a lingua coa que se identifica o individuo (que pode ser a mesma)

      Eliminar