No canto de dirixirse aos galegos, o anuncio do contrato de Iberdola coa empresa ferrolá Navantia feito por Feijóo, parece dirixido en exclusiva a Ignacio Sánchez Galán, presidente da empresa enerxética. Nas noticias puidemos escoitar ao presidente galego como presentaba a nova en español. Quen non seguira o telexornal pode escoitar as intervencións do presidente nos vídeos ([1] e [2] )colgados no web da Xunta
Este menosprezo á cidadanía galega pola vía da exclusión da nosa lingua nun anuncio institucional é un exemplo moi clarificador de cal é a verdadeira consideración que o presidente da Xunta ten do galego. Esta presentación tamén dá a medida do cinismo de Feijóo pois hai só tres semanas que lle botaba a culpa ás familias significativo descenso do uso do galego evidenciado nos datos publicados polo IGE comparando datos do período 2001-2011.
Ningún comentario:
Publicar un comentario