Grazas a un compañeiro do departamento de matemáticas chegou ás miñas mans este outro libro de Ramón Valenzuela, Historia do galeguismo político, que contén a conferencia pronunciada polo autor o 16 de xaneiro do 1976 na Facultade de Económicas de Santiago así como algúns recortes de prensa sobre a polémica xenerada por esa multitudinaria conferencia.
Nestas páxinas trata Valenzuela tamén o tema da lingua. Por esa razón pareceume acaído traer aquí as súas palabras:
Houbo e hai intrés en degradar o noso idioma. Nono entendo. Non entendo o intrés en manter un complexo de inferioridade que tanto mal nos ten feito mesmo na nosa economía e mais no noso desenrolo.Sitúa as orixes do conflito lingüístico ao finalizar a guerra dos Irmandiños:
A partir deste tempo perfiláronse en Galicia, dunha maneira neta e crarísima, dúas crases sociaes que parecera que viviran en dous mundos aparte. Mesmo falaban distinto. Para entendelo non hai máis que ir ós escritos e crónicas feitas polos que sabían escrebir que eran os que, senéricamente, se chamaban señores, cuios escritos se fixeron enc astelán. Depóis ir á tradición e recoller cántigas, ás que os eruditos pódenlle deteirat o tempo, compostas pola crás produtora que non sabía escrebir e que compoñía en galego. A esta crás social chamábaselle, xenéricamente, peisanos. Señores e peisanos. Dúas crases con dous idiomas diferentes. Unha crás enraizada na terra que traballaba pra outros, analfabeta, con canles moi cativos de protesta. Cántigas que ás veces eran verdadeiros panfletos. Ä par de revoltas locaes illadas, non había outra cousa. Outra crás con vontade de castelanización, con tremendo temor de seren confundidos cos que chamaban peisanos. Esta crás, a máis podente económicamente, falóu un idioma híbrido que quería sere castelán e nono era; o pobo chamóulle castrapo. O desprecio do señorío polo idioma galego trouxo consigo o desprecio por todo canto era consustancial coa Terra. Andando o tempo o idioma castelán foi imposto en Galicia polos señores galegos. Esta imposición abranguéunos a eles somente, e non abranguéu ós peisanos máis que de refreixo.
Máis adiante conclúe:
É, coma quen di, un carro con dúas rodas desparexadas. Unha división idiomática horizontal que delimita as capas sociaes.Esta conferencia foi a faísca que prendeu un alporizado debate que xa estaba no ambiente político da época. O PSOE, UGT e outros partidos formaran a Plataforma de Convergencia Democrática co fin de dirixir o proceso posterior á dictadura. O PCE constituíra a Junta Democrática de España. Uns meses despois da conferencia uníronse ambas na coñecida co nome de Platajunta. En Galicia o movemento nacionalista queríalle dar protagonismo ás forzas galegas e propoñía organizarse arredor da AN-PG. Os asistentes á conferencia de Valenzuela escoitarían todo baixo as claves deste debate político. Así, non é de estrañar que se xenerara un intenso debate fronte á visión que Valenzuela facía de como foi o proceso de desenvolvemento histórico de desgaleguización
Que ninguén lle bote a culpa ós cateláns, sendo que a culpa é dos propios galegos, porque aínda non atopéi ningún castelán que tivese a menos falar en galego en caso de o saber falar, e conste que os hai.
Quererlle botar a culpa do noso atraso e desleigamento ós casteláns, ademáis de insusto, é un xeito de escapismo ou un xeito de desenfocar a loita.
A loita cultural, a loita de crases non é contra do pobo irmán de Castela; eso sería un absurdo. A nosa lita de crases idiomática desenrólasen Galicia e dentro de Galicia. cousa certamente ben espranzadora pra min porque teño fe na crás traballadora.Pasaron case catro décadas e hoxe podemos xulgar máis obxectivamente as palabras de Valenzuela. No ano 2006 a Xunta de Galicia editaba un libro que se podía descargar no web da Consellería de Cultura. Tal e como é hoxe a política de cultural podemos comprobar que xa non temos á nosa disposición o podernos achegar da man da Xunta a esta publicación. Menos mal que hai outras fontes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario