Onte nas Voces de Prolingua achegábasenos un artigo no que Fernando Moreiras mediante o que recibiamos unha boa nova para a lingua galega. Trátase dun proxecto da Asociación de Tradutores que consiste en subtitular vídeos de divulgación científica.
Polo momento a monlla de traducións deste novo espazo aínda é pequena, mais agardamos que unha vez que se (re)coñece o labor que realizan, non faga outra cousa que aumentar a bo ritmo.
A inicitiva será moi ben recibida por quen gusta da ciencia e da lingua, sobre todo en momentos tan negros para esa parella como os que estamos a sofrir nos últimos 5 anos.
A nova proposta da Asociación de Tradutores debería ser acollida con entusiasmo por quen se supón que é o garante do ensino en Galicia, a Consellería de Educación e Cultura. Veredes que non vai ser así, pois o deles é outra cousa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario