Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 8 de xaneiro de 2015
Can castelán
Calquera que visite O Carballiño ten que dar unha volta polo Templo da Veracruz, esa espectacular construción do arquitecto Antonio Palacios. Pois alí mesmo, na explanada que rodea ao templo, será prácticamente imposible que non vexa este sinal. Ben podedes imaxinar o que opino eu sobre os que o colocaron aí. Non sei por que esta xente supón que os cans só entende o castelán.
Ao ver este sinal pasoume o que supoño que lle pasaría a moitos outros. Viñeronme á cabeza as palabras de Castelao: "Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para a toda a nosa especie, Sons os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses. e renegan das inquedanzas que produce a sabiduría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca, e un cabalo das Pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por qué? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal."
Está claro que os que puxeron o sinal ao pé do Templo da Veracruz non leron a Castelao.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario