Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







segunda-feira, 4 de maio de 2015

Ensinas máis do que cres




Vídeo pertencente á que parece ser unha próxima campaña do SNL da USC. "Ensinas máis do que cres"  está orientada a pular polo uso da lingua galega na docencia desta institución. E como iso é certo, como cando se ensina tamén se ensina a lingua na que se imparte a docencia, e se ensinan valores sobre esa mesma lingua, é fundamental que todos, independentemente dos disparates que veñan impostos polos decretos antigalegos, demostremos, tanto na universidade como fóra dela que o galego é a nosa lingua a todos os efectos e para todos os usos.

Sem comentários:

Enviar um comentário