Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 6 de xaneiro de 2016

Seis anos e un día

Hai 6 anos e un día publicaba a primeira entrada deste blogue.
Foi a finais do nadal, despois de aproveitar as xornadas festivas para aprender as principais directrices para poder manter un blogue, partindo da ignorancia máis absoluta sobre este mundo virtual.
A miña primeira intención foi a de manter un blogue de matemáticas, pero  déronse varias circunstancias para que se frustrara esta intención. En primeiro lugar, encontrei moitas dificultades para poder inserir fórmulas nesta plataforma. Só anos despois aprendín a facelo. Ademais, naquela altura estaba en plena efervescencia o debate sobre o que se dera en chamar o borrador do galego. Non sobra olver a botaerlle un ollo, para ver ata que punto a caste gobernante está disposta a dar a guerra contra a normalización da nosa lingua. Con estes antecedentes a ninguén lle estrañará que despois de todo este tempo, nefasto para o galego, haxa máis de 500 entradas baixo a etiqueta decreto, todas relativas ao que é o maior dos ataques perpetrados contra a lingua de noso.
Desde este espazo vitual, boto a cabeza para fóra e, como o camelo (ou dromedario), fico pasmado pola zunia que nos desgoberna atentando contra o que con máis ansia debería defender e promocionar.

6 comentarios:

  1. Parabéns, Cibrán. E moitos anos de vida para CARTA XEOMÉTRICA !!!

    ResponderEliminar
  2. Parabéns Cibrán, e que veñan mil entradas máis. Canto ao funesto decreto, acho qe xa lle resta pouco :)

    ResponderEliminar
  3. Parabéns, Cibrán! Moito ánimo e adiante con Carta Xeométrica, espazo de referencia para todos nós. Como ben di unha boa amiga: "vento nas velas!"

    ResponderEliminar