Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
venres, 22 de xaneiro de 2016
As linguas minorizadas en Europa: entre o ecolingüismo e o lingüicidio
Creo que é un momento oportuno para esta entrada, cando o Consello de Europa no 4º informe sobre o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias insta a un cambio de rumbo na política lingüística para que o galego deixe de recibir ataques tanto desde o goberno central, como desde o da Xunta. Temos que estar informados sobre cal é a situación real da nosa lingua e, en xeral, das linguas minorizadas en Europa.
Neste vídeo podemos seguir a conferencia de Xosé Henrique Costas, impartida o 16 de Marzo do 2015 no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e interpretación da Universidade de Vigo. Foi organizada por Trabalingua e trata sobre as linguas minorizadas en Europa. Dura unha hora pero aprovéitaselle cada minuto.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario