A Casa Museo Manuel María é un deses lugares aos que non podemos deixar de ir. Para decatármonos do gorentosa que é esta visita a Fundación Manuel María ofrécenos este audiovisual no que percorreremos as distintas estancias da casa que contén importantes fondos artísticos (con obras de Castelao, Díaz Pardo, Lugrís, Carlos Maside, Laxeiro,...), unha excelente biblioteca co mellor do libro galego da segunda metade do século XX e un importante fondo documental de Manuel María.
A visita a este lugar ten o seu complemento ideal co paseo por Outeiro de Rei e o paseo que podemos dar ata a próxima beira do Miño.
A visita a este lugar ten o seu complemento ideal co paseo por Outeiro de Rei e o paseo que podemos dar ata a próxima beira do Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario