Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 26 de xaneiro de 2016

Lectura pública de "Memorias dun neno labrego"


A Asociación Cultural “Vagalumes” quer facer unha homenaxe Neira Vilas e á súa principal obra, Memorias dun neno labrego mediante unha lectura do libro que se realizará o vindeiro venres 29 de xaneiro ás 19:00 h. O lugar é o Teatro Principal da Estrada. Durante o acto emitiranse algúns vídeos de Neira Vilas falando da súa propia obra.
Na lectura colaborarán os centros escolares da vila, pero está aberta a calquera que queira participar.
Para organizar mellor as lecturas podémonos apuntar nunha lista mediante o seguinte formulario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario