O Proxecto Buserana é un proxecto elaborado no 2009 en Muxía que tiña como obxectivo a salvagarda e a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial do concello. O sabor deste traballo é semellante ao doutros, como ese magnífico Eu son... elaborado no IES de Curtis do que falamos hai algunhas semanas. Nesta ocasión contamos cun vídeo no que as propias mulleres de Muxía que naceron nas primeiras décadas do século XX relatan as súas experiencias vitais.
A recuperación desta memoria forma parte do coñecemento necesario do estado social actual. Todas estas mulleres falaban galego. Hoxe en día posiblemente algunhas das súas netas reneguen do galego. Esta película pode ser un bo xarope para ese mal.
Mágoa que o son e a imaxe non estean coordinados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario