Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 16 de marzo de 2010

Sindicatos contra o proxecto de decreto

FETE-UGT, STEG, ANPE, CCOO e CIG-ensino posicionáronse en contra do proxecto de decreto do galego.
Reproducimos a rolda de prensa destes últimos.



Rolda de prensa de valoración do Decretazo contra o galego from cig-ensino on Vimeo.

Esquecíasenos. Tamén hai alguén a favor: Galicia Bilingüe e as ANPA dos centros concertados (Congapa), isto é a gran maioría silenciosa, digo eu. Cantos centos de milleiros terá cada unha desta asociación?

A esta xente Xabier Docampo chámalles negacionistas: os do non, vamos.

Por se houber algún despistado negacionistas do galego.

Os praceres cativos

por Xabier Iglesias, economista e escritor, en Vieiros



Adoezo por comer pementos con tortilla de pataca, acompañados de viño da Ribeira Sacra. Cando neno, tamén gozaba co recendo dos libros de texto os primeiros días de escola. Aventaba as follas diante do nariz mentres uliscaba neles. Son cousas que forman parte dos praceres cativos: intres, algúns deles cotiás, que axudan a soportar mellor os momentos menos agradables.


Teño que confesar que experimento outro do praceres cativos cando paseo polas rúas da Coruña e sorprendo unha conversa en galego entre a xente nova. Non é algo habitual. O galego non forma parte dos símbolos onde a xuventude sabe recoñecerse como grupo. Os que si teñen costume de falar galego son os vellos. Pero fálano entre eles, como un código agochado, e cando tratan cos netos ou cos fillos mudan o rexistro lingüístico. Claro que tampouco os vellos teñen a culpa. O éxito dos Bilingües, os que antes acompañaron a ditadura e agora a democracia, consiste en ter instalado entre as capas medias da sociedade a indiferenza pola lingua galega; o cal implica estar un nivel por debaixo hostilidade, pero ao cabo resulta máis prexudicial.

Con todo, a boa noticia está en que todo o mal que podían facer estes Bilingües, fixérono xa. De nada han servirlles as novas agresións, pois a medicina administrada en exceso provoca rexeitamento no organismo e as súas propostas producen o efecto contrario do que eles agardan. Pero non podemos esquecer que todo o veleno transmitido durante anos segue no corpo da sociedade, e a indiferenza pola lingua non desaparecerá malia desaparecer eles.

Resulta curioso comprobar como hoxe en día, cun uso do idioma galego normalizado no sistema educativo, boa parte da xuventude urbana ve na presenza do galego no currículo unha imposición académica, máis que o exercicio dun dereito. Este sentimento abonda na desafección dos novos polo idioma. Cousa que non resulta estraña, pois fóra das aulas, nas cidades, o galego leva camiño de se converter nunha lingua exótica. E a proba témola entre os triunfadores: deportistas ou empresarios por exemplo, onde tamén acabou calando a estratexia do bilingüismo monolingüe.

E tamén os pobos urbanos que rodean as cidades ofrecen idéntica diagnose. Quen visite Oleiros, Cambre, Mera, Sada ou Santa Cruz terá as mesmas dificultades para atopar galegofalantes entre a xente nova como na Coruña ou en Vigo. Xa que logo, con estes antecedentes non é aventurado supoñer que a presenza do galego nas cidades será testemuñal á volta de vinte anos. Todo o máis, acabará reducido ao uso de palabras soltas ou castrapeado en expresións como “un besiño” ou “hasta lueguiño”, que hoxe escoitamos polas rúas.

Quizais haxa quen pense que o meu temor é inxustificado, senón abertamente alarmista. É certo que o galego ten sobrevivido á intolerancia, primeiro, e despois ao desprestixio. Por que non ha vencer tamén contra a indiferenza? Quen sabe. Pero sería unha mágoa non darlle valor ás cousas até perdelas definitivamente.

Entre tanto, faga coma min e goce vostede dos praceres cativos. E non deixe que o amarguen os de sempre.

Seminario no CCG

Lingüistas consideran que o plurilingüismo ten que partir do galego
No Consello da Cultura estase a celebrar un Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia
Hoxe tocáballe o turno a Henrique Monteagudo , secretario do CCG, na Nosa Terra fixéronlle unha entrevista da que destacamos o seguinte anaco:
ao prever o texto do decreto unha redución da presenza do galego no ensino, sinalou que a súa aplicación implicará "un retroceso" evidente, "polo menos naqueles centros en que está superado o 50 por cento de acordo co decreto vixente", en alusión á norma 124/2007 impulsada polo bipartito.
"Unha filosofía de suposto equilibrio, de trato idéntico. E nós diciamos que ese trato idéntico non é trato igualitario. As linguas que están en situación diferentes, o xusto é tratalas de xeito diferente", concluíu.Favorece o monolingüismoPola súa banda, o experto da Universitart de València, o profesor Ángel López García-Molíns, enmarcou a realidade galega como parte dunha engrenaxe estatal onde a política lingüística "non existe".
"Existe un ordenamento constitucional e o Estado aprovéitao para favorecer un modelo, en xeral, monolingüe"."Mentres non se entenda que hai catro linguas no conxunto do Estado, mentres non asuma –o Goberno central– como obrigación súa específica implementar o uso destas linguas no conxunto do Estado, pois a cousa non ten arranxo", lamentou.En concreto, referiuse a que nas Comunidades Autónomas nas que alcanzan o poder partidos políticos de carácter estatal e "de implantación xeral", devandito Executivo "tende a favorecer a visión monolingüe" do Estado.

Aldraxe xenocida

por Xabier Pérez Iglesias, en Galicia Hoxe

O decreto presentado este sábado polo Goberno galego de Núñez Feijóo verifica ás claras e de xeito incontestábel que a única pretensión que o inspira é a de reducir inda máis a exigua presenza do idioma propio do noso país, o galego, no ensino.

A cortina de fume do inglés, e do impostado trilingüismo, esvaeuse deixando en evidencia cal era a intencionalidade real deste grave ataque en contra da lingua galega, que coloca o noso idioma nunha situación preautonómica, de innegábel desprotección.

A norma presentada vulnera o Estatuto de Galiza e vai contra de todos os consensos asinados en materia lingüística. Núñez Feijóo colócase en posicións dun españolismo tan radical e ultra que mesmo supera no seu carácter antigalego á inacción dos dezaseis anos de fraguismo. Fica demostrado que o PP de Galiza se converteu nunha férrea sucursal do españolismo máis rancio, da ala ultraliberal e filofascista do Partido Popular no eido de Estado -que ten na FAES de Aznar o seu think tank preferente-.

O decretazo non só non vai axudar a corrixir a desigual situación do galego fronte ao castelán (verificábel de xeito empírico en practicamente calquera lugar do noso país, especialmente nas urbes), senón que ao contrario no mellor dos casos a cronificará ou no peor -e máis probábel- suporá un elemento acrecentador do retroceso en número de falantes do galego. As nenas e nenos non terán contacto co idioma de seu até os 6 anos, e non terán garantido que ao remataren cada etapa educativa teñan destrezas no uso da súa lingua nai.

O galego non é unha lingua de museo, nin un idioma para a liturxia institucional. É a lingua proletaria do noso pobo, como a cualificaría con acerto Celso Emilio. É alicerce fulcral da nosa identidade como comunidade humana, como nación. Non é un idioma complementar, é o noso idioma. A lingua que con valentía volveron empregar os autores do rexurdimento, coa egrexia Rosalía de Castro á cabeza, após os Séculos Escuros aos que nos forzaron os devanceiros dos acomplexados e colonizados de hoxe.

O PP pretende perpetrar un xenocidio identitario e cultural contra da nación galega. Cun cinismo superlativo, agochan tras a bandeira da liberdade o maior ataque contra do noso idioma dos últimos 30 anos. Non podemos permitir esta aldraxe xenocida. Con mobilización temos que seguir a demostrarlle que o seu españolismo radical ten todo un pobo enfronte.

O Consello Escolar contra o proxecto

"Non" do Consello escolar

Consello Escolar de Galicia apoiou onte maioritariamente unha emenda ao Decreto do Plurilingüismo da FP que pedía axustarse ao texto aínda en vigor. A oposición serve de antecipo ao que vai pasar co texto: será a primeira vez que unha normativa desta trascendencia é aprobada pola Xunta sen o prace do máximo órgano da comunidade educativa.

Seguirei dando as clases en galego, iso que o teñan ben claro

Milleiros de persoas piden a retirada do decreto


no Xornal de Galicia:

“Desfeita”, “barbaridade”, “insulto á intelixencia”, “trapallada”, “atraso”, “imposición”... Son só algúns dos adxectivos que empregan os profesores para definir o anteproxecto do decreto do galego no ensino feito público onte. A participación dos pais na elección do idioma, o monolingüismo en Educación Infantil e a determinación de que materias se poden impartir ou non en galego indignan os mestres.

É esta última cuestión a que máis doe aos docentes, especialmente aos de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía que empregan o galego nas súas materias e que agora deberán usar o castelán “por tradición”, como argumenta o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.

“Levamos dando aulas en galego desde hai moitos cursos, cun esforzo moi importante para adaptar o vocabulario; estamos moi sorprendidos de que se nos obrigue a cambiar o idioma e vivímolo como 
unha imposición dunha lingua na que non estamos afeitos a traballar”, reflexiona Paulo Rendo, profesor de Matemáticas e director do IES Terra de Xallas de Santa Comba. Fala no seu nome e no de moitos compañeiros afectados. Algo semellante ocórrelle a María Loureiro, profesora de Tecnoloxía no IES Primeiro de Marzo de Baiona, que emprega un blog en galego como ferramenta de traballo e que leva doce anos preparando materiais na súa lingua propia. “Vanme obrigar a traducir todo? Vanme expedientar se non o fago?”, pregúntase.

“Nunca tiven un só problema pola lingua e non sei a que vén todo isto; é unha barbaridade querer politizar o ensino”, engade Loureiro, que prefire agardar a que o decreto sexa definitivo para decidir a súa postura, aínda que prevé rebelión por parte de moitos mestres. “Isto só o poden levar a cabo a golpe de expedientes”, asegura.

“Continuarei dando matemáticas en galego, síntoo moito”, di Carmen Sueiras, profesora no IES Rafael Dieste da Coruña, que aclara que polo menos o 60% dos seus alumnos responden os exames nesta lingua e que “nunca” tivo problemas. “Seguirei impartíndoas na miña lingua, iso que o teñan ben claro”, insiste outra docente que resume o sentir de moitos que non dubidan en desobedecer a norma da Xunta e que solicitan rigor e igualdade.

“Hai cantidade de centros onde non se cumpre o mínimo de materias que se dan en galego, así que se comezan a mandar a Inspección, que o fagan con todos”, engade María Loureiro. Cre que o farán? “Os primeiros vixiados seremos os que damos as aulas en galego”, di. “Que me manden a Inspección que queiran, eu seguirei empregando a miña lingua, polo menos ata que o bilingüismo social sexa real”, insiste Sueiras, que prevé “rebelión” entre moitos mestres. “O ambiente está moi quente nos centros e vanse atopar con contestación”, advirte.

Moitos cren tamén que a “falacia” da imposición do galego que empregou o PP en campaña é agora real en sentido contrario. “Agora si que impoñen a lingua para certas materias”, aclara Juan Filgueiras, profesor de Eduación Física no CEIP de Nebra, en Porto do Son. “Quérese dar máis valor ao castelán coas matemáticas porque as consideran máis importantes”, di sobre algo que indigna aos mestres. “Asocian as materias de ciencias cunha idea de maior prestixio ou importancia, que non é correcto, pero queren transmitir unha imaxe á sociedade de que o galego é un idioma que non vale como o castelán”, engade Rendo, resumindo unha declaración común en todos os profesores consultados. A ridícula mentira do “dous ao caldeiro” callou entre o Goberno.

“É un intento de desprestixiar o galego, un prexuízo total; disque é por tradición, pero desde cando houbo opción historicamente de dar as matemáticas en galego? O que fan é un menosprezo intelectual, un insulto á intelixencia dos galegos”, asegura Miguel Mato, escritor e profesor de Literatura Galega no Rafael Dieste coruñés. Para el, o do decreto é só “unha pinga máis”, nunha estratexia “de moito máis calado”. “Dígoo así de claro: é un desprezo e unha limpeza étnico-cultural da identidade galega; isto non é cuestión de dar unha materia máis ou non en castelán, van moito máis aló, é a negación dunha cultura que se ve en moitas máis decisións deste Goberno cun aire ao movemento do tea party dos Estados Unidos”, reflexiona.

Os profesores ven tamén neste decreto un argumento para que a maioría das materias se dean en castelán, pero insisten en algo que, por lóxico, non debería estar en cuestión. “Hai que potenciar a lingua que está en situación de desigualdade; unha das funcións da escola é equilibrar as desigualdades, pero deste xeito o galego vai retroceder”, lembra Filgueiras. “Parten da base de que en Galicia hai bilingüismo, cando o que hai é unha diglosia clara”, remarca Mato, que xa puido comprobar como alumnos “belixerantes” co galego teñen agora posturas máis “intransixentes” ao sentirse apoiados polas decisións políticas.

O fondo da norma preocupa, pero a forma na que se aplique si que ten o profesorado en tensión. “É unha trapallada, van conseguir que os pais acaben a labazadas”, di Emilio Ballesteros, secretario do Colexio Andersen de Vigo, que cre que o decreto “vai ser moi problemático nas aulas porque desmontará algo que non creaba problemas”. “Unha desfeita”, resume.

Na mesma cidade, Xabier Balsa, coordinador de Normalización Lingüística do Martín Códax, considera que a Xunta “descontenta a todos ao querer contentar a todo o mundo” e pregúntase como se van articular as consultas aos pais.

“Que tipo de votación será: a man alzada, en urna, votará o pai, a nai? E que ocorre se nunha clase de 25 sae un 13 a 12? Que facemos daquela?”, cuestiona Ballesteros. “É un absoluto atraso e un insulto á comunidade educativa porque deixa en último lugar a opinión do profesorado, que xa non tiña moita”, engade Balsa. Todos, sen excepción, coinciden en que involucrar os proxenitores na elección de idioma “é un erro” que provocará “conflitos e enfrontamentos”, ademais da futura “rebelión” de moitos docentes.

Ademais, á problemática da elección de idioma engádeselle tamén a lea que arrodea os libros de texto, sobre todo despois das contradicións que se aprecian entre o que asegura o Goberno autonómico e o que di o anteproxecto do decreto.

AS CONTRADICIÓNS DE ANXO LORENZO

“Os materiais e libros de texto das materias impartidas en galego e en castelán estarán redactados na lingua en que se imparta a materia”, di o anteproxecto do decreto no seu artigo 13. No entanto, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, declarou onte nunha entrevista que “cada familia, se o considera oportuno, poderá dispor do libro que queira na lingua que queira”. Unha incógnita máis para unha norma que agoira moitos problemas.

Bieito Lobeira, voceiro de Lingua do BNG, teno claro e cre que o decreto “retrocede ao postfranquismo” e prevé “tempos difíciles”. “Moitos docentes serán expedientados por dar aulas en galego, sendo tratados como estranxeiros no seu propio país”, di aludindo a uns versos de Rosalía. Visto o visto, a conflitividade chegará. E ben cedo.

Mentres, os mestres advirten de que o verdadeiro problema seguirá. “Os rapaces teñen cada vez menos competencia en galego”, aclaran. A posibilidade de que en Infantil só teñan contacto co castelán agrava a cuestión. “Cando cheguen a Primaria, o galego será como o inglés ou o francés”, rematan.

Carta aberta a don Anxo Lorenzo

Recomendamos as Cartas abertada de Xabier Docampo, son marabillosas perlas
É unha pena, xa sabedes o dito: é como botarlle perlas (ou margaridas) aos porcos.
por Xabier P. Docampo, en Vieiros

(Cómplice necesario da afrenta que se lle vai facer á lingua galega)
Sr. Lorenzo: Acabo de ler as súas desafortunadas declaracións en Faro de Vigo e
La Opinión. Por certo, constato que ou fai estas declaracións á prensa en castelán ou non é capaz de esixir, como cómpre tendo en conta o seu cargo, que sexan publicadas en galego; se cadra, ten que facer méritos para lle demostrar a ben sabemos quen, que xa é un bo converso. Logo de lelas, debo dicirlle que vostede mente; ou sexa, di algo que sabe que non é certo co ánimo de enganar aos galegos e ás galegas. E antes de continuar, voulle demostrar que isto é así.

Di vostede que “El problema es que no existe cobertura legal para obligar a nadie a hablar o escribir en gallego. Esto ya lo advirtió el Consello Consultivo en 2007”. Vostede coñece, é imposíbel que o ignore, que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa sentenza 1084/2007, rexeita o ditame do Consello Consultivo de Galicia e declara que é perfectamente legal que “Nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega, o alumnado utilizará, con carácter xeral, o galego nas manifestacións oral e escrita.” Por non falar das numerosas ocasións en que o Tribunal Constitucional avalou a pertinencia desta utilización nas aulas, como vía para a súa aprendizaxe.

Dicir o contrario é mentir e, por aquilo de que quen fai un cesto fai un cento se lle dan varas e tempo, dedúcese que dun mentireiro pouco máis podemos agardar que mentiras.

Di vostede “La ley no permite obligar a hablar gallego”. Pode, daquela, a lei obrigar a aprendelo nas clases de galego? Pode obrigar a lei a aprender a táboa de multiplicar? O que se aprende e usa na escola ten que estar explicitamente escrito na Constitución? Se a competencia nunha lingua só se adquire utilizándoa, como a han adquirir logo? Acaso por ciencia infusa? Son vostedes un fato de mentireiros e uns trapalleiros. Entregaron a súa alma ás minorías negacionistas cunha obscenidade escandalosa.

O seu decreto está envolto na mentira, na falsidade dos datos e das expectativas. Está feito sabendo que os alumnos e alumnas de familias castelán falantes nunca acadarán unha competencia mínima en galego. Está, pensado desde os privilexios de clase, feito para satisfacer os desexos antigalegos dun sector dos pais do alumnado do ensino privado (o de concertado non é máis que un uso indebido de medios públicos, mentres obriguen por vía de achegas “voluntarias” a pagar unha cantidade mensual complementaria).

Sr. Lorenzo, vostede, ao se facer reo voluntario da política etnocida do Sr. Feijoo, saberá canto lle pagou a pena botar pola xurreira abaixo unha carreira profesional merecente de todo respecto. Agora só fica para vostede a indignidade de ser, en complicidade con Falange Española de las JONS (vostede escribiu este decreto ao ditado do que eles demandaron en Compostela en febreiro de 2009), quen pasará a historia como a persoa que defendeu o maior ataque legal contra a lingua propia de Galicia desde Francisco Franco (que tamén era “gallego y de Falange”). Lamento moito ter que dicilo, pero a súa traizón cóbreo de indignidade. O seu cometido e desexo non foi nunca, agora o entendo, o de estabelecer un marco legal que substituíse ao mesmo decreto 124/2007 que defendeu publicamente; vostede foi encargado de lle dar unha aparencia científica e legal á mentira, o engano, a traizón. Non teño xa que escoller ningún cualificativo para lle aplicar, dedúcense doadamente do seu proceder.

Pero, de todos os xeitos, permítame que lle diga que aínda podería recuperar en boa parte a dignidade perdida (só os que nunca a tiveron non poden recuperala). Dimita. Abandone o barco onde xa só fican ratas. Déixeos sos. Dígalles que vostede non pode amparar semellante barbaridade, que non pode traizoar unha institución que, antes ca vostede, ocuparon outros e, uns máis e outros menos, todos foron facendo cousas, sempre avanzando por pouco que fose. Dígalles que non quere ser lembrado como único responsábel de Política Lingüísitca que fixo retroceder o galego nos seus dereitos. Que o fagan eles se queren, non se suicide socialmente, regrese á comprensión dos seus que, máis tarde ou máis cedo, sempre han entender que foi capaz de ter dignidade á última hora. Destes só pode agardar que o deixen tirado na cuneta (estilo falanxista) cando pensen que xa non lles serve. É difícil, pero mentres non estea o decreto no DOG sempre estará a tempo de merecer o respecto dos galegos e das galegas de hoxe e de mañá.
Despois xa nunca o poderá ter. Máis tarde ou máis cedo o seu decreto tamén será derrogado, cambiase por outro e deste só ficará a ignominia.

En calquera caso, non siga a mentir, que nin vostede nin eu nacemos onte.

Cando caen as máscaras, comenza o baile...

por Rafael Cuíña, empresario e militante do PP, no Xornal de Galicia



Inspirábame o título deste artigo unha conversa coa deputada autonómica Carme Adán, especialmente sensibilizada coa lea lingüística que estamos a sufrir nesta terra, e cuxo compromiso coa nosa cultura cualificaría de exemplar.
Resumiría todo o que sinto nestes momentos de decepción, cunha frase cuxa autoría é nin máis nin menos que do presidente da Real Academia Galega, Méndez Ferrín: “Os inimigos do galego apresúranse a evitar que a lingua sexa útil”. E así é...
O decreto do galego non é máis que unha “santa bárbara” chea de foguetes negacionistas, polas presións de sectores absolutamente obsesionados con reducir a presencia do galego na sociedade. Acomplexados pola pouca –segundo eles– practicidade do idioma desta terra, camiñan por un universo paralelo á súa Historia, tentando, como xinetes da apocalipse cultural galega, que se impoña progresivamente o monolingüísmo castelanista, escondido detrás de grandilocuentes verbas, prostituídas por saír dos beizos de quen veñen, como liberdade.
Repito, unha vez máis, que esta teima lingüística que algúns demostran día tras día, intentando buscar equilibrios inxustos entre o castelán e o atacado galego, non fan máis que reflectir unha triste situación de división social, á que debería dar fronte un goberno convenientemente concienciado da necesidade, e obriga moral, de gobernar para todos.
Penso, custe o que me custe, que o partido do Goberno, do que son militante e votante, debe facer unha reforma nos seus estatutos, e recoñecer que os actuais dirixentes decidiron deixar de ser un partido galeguista, pola súa lexítima concepción da política galega, e recoñecer que tentan facer un “rexionalismo” para non enfrontarse a sectores duros montados aos lombos dos poderes fácticos, a pesares que na súa organización, existan persoas de corazón profundamente galeguista, ao cales os medos á imposibilidade a acceder a determinadas poltronas fagan que calen publicamente o que din sentir por esta teima. Chegou o momento que dende as entrañas do partido máis importante de Galicia, por decisión soberana dos seus cidadáns, xurdan voces autorizadas e valentes que recoñezan abertamente o seu desacordo co texto do decreto, e que rebatan como fan tralas sombras, de xeito pouco comprometido, que este é o decreto “co que está de acordo todo o PPdeG”, que non só non é certo, senón todo o contrario. O PPdeG é un partido profundamente democrático no que se pode disentir, sen medo a reprimendas dos seus dirixentes, sabendo que opinar diferente está dentro das regras do xogo político, porque do contrario, estarían vostedes comigo, do que estaríamos falando sería doutra cousa...
Eu nunca tería o atrevemento de chamar a rebelión civil polo decreto, como si fai Esperanza Aguirre co tema da subida do IVE, máis si pediría por enésima vez reflexión aos nosos dirixentes, para non quedar marcados para a Historia desta terra como persoas que en troques de amala e promocionala, puxeron paos nas rodas do seu orgullo identitario.
O Goberno buscou a “cuadratura do círculo” e non contentou a ninguén, mais como di a canción do mesmo nome de Vetusta Morla, que escribo en castelán para que entendan algúns dirixentes acomplexados das nosas cidades:

“Cuadrar el círculo de esta obsesión
asumir que rendirse no es una opción
saber que no os puedo aniquilar
no es suficiente para firmar la paz”

Ou non?

Dez cousiñas

1.A Consellaría de Educación que vén de remitirlle aos integrantes do Consello Escolar de Galiza o mesmo borrador de anteproxecto de Decreto que se nos presentou ás Organizacións Sindicais para tratar na Mesa Sectorial.
2.Este feito pon en evidencia que a Consellaría ten decidido non recoller ningunha achega das realizadas no seo da Mesa Sectorial, mesa de negociaciónque se reúne en primeiro lugar e onde debería negociarse este anteproxecto de Decreto, para logo ser presentado ao Consello Escolar recollendo xa as emendas realizadas na Mesa.
3.Se consideramos, ademais, que o borrador presentado non recolle as recomendacións e achegas realizadas no período de consultas, comprobamos que, efectivamente, esta Consellaría de Educación ten unha folla de ruta deseñada e inamovíbel, contra o noso idioma.
4. A existencia dunha lexislación que pode servir de soporte non só testemuñal, senón tamén efectivo, para a revitalización da lingua galega: no ámbito galego, a Lei de normalización ingüística, que reclama, por exemplo, a adquisición dunha competencia semellante nos dous idiomas oficiais e, desde unha perspectiva máis global, a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992 e a Declaración universal de dereitos lingüísticos, aprobada por unanimidade no Congreso dos Deputados e no Parlamento de Galicia en 1996.
5. A constatación dunha competencia non equiparable en galego e en castelán, con deficiencias moito máis notables na primeira desas linguas.
6.Unha situación social de desigualdade entre os dous idiomas, o que esixe medidas favorables ao galego para intentar conseguir ese equilibrio.
7.A diminución constante e progresiva da transmisión familiar do galego, o que fai que este dioma vaia deixando de ser un marcador de identidade persoal e colectiva.
8. Medida 2.1.26. do PXNLG: Na educación primaria garantir que, como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego.
Á parte da área de coñecemento do medio natural, social e cultural, xa fixada legalmente, fomentarase que se impartan nesta lingua materias troncais en toda a etapa, como as matemáticas.
9. Medida 2.1.27 do PXNLG: Na educación secundaria obrigatoria garantir que, como mínimo o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego. Dentro das posibilidades de cada centro, tenderase a que entre as materias que se impartan nese idioma figuren as matemáticas e a tecnoloxía, á parte das que xa están legalmente establecidas.

10. Vaise compensar a edición en castelán e inglés, en detrimento da edición en galego.

Galego, Patrimonio da Humanidade, contra o decreto

Galego, Patrimonio da Humanidade valora o proxecto de decreto:



O colectivo Galego Patrimonio da Humanidade fai público a súa oposición ao “Anteproxecto de Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, que o goberno galego acaba de presentar. Pendentes dunha análise máis demorada do texto, este desacordo fundaméntase nas consideracións que a seguir se resumen:
1.- O dito anteproxecto vén dar forma definitiva ás “Bases” difundidas a finais de decembro pasado, que suscitaron un amplo rexeitamento social, político e institucional (nomeadamente a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega), e de xeito especialmente significativo nos distintos sectores da comunidade educativa. O Partido Popular e o goberno desoíron tanto o clamor social coma as opinións dos especialistas e as institucións contra unhas Bases máis pensadas para resolver as obsesións de determinados dirixentes e as querelas internas do PP e dar satisfacción aos sectores contrarios ao idioma galego (minoritarios pero poderosos), que non orientadas a regular racionalmente, e de acordo coa legalidade, o uso das linguas na educación.
2.- Unha vez máis, este Anteproxecto está elaborado a partir de premisas falaces e coa mira posta en obxectivos alleos (cando non contrapostos) aos que veñen inspirando o conxunto da lexislación sobre esta materia. Tanto as normas legais como a política lingüística en Galicia descansaron ata agora na constatación de que o idioma galego fora historicamente sometido a un maltrato que o conducira a unha posición moi vulnerable, de maneira que os poderes públicos estaban obrigados a superar esa situación, mediante políticas de defensa e promoción da lingua. Pola contra, para Alberto Núñez Feijoo, o seu goberno e o partido que o sustenta, o problema non é ese, senón unha suposta imposición do galego, e a partir desa falsidade e dunhas promesas electorais frívolas e irresponsables, o que se deseñan son políticas orientadas en senso contrario ao que as nosas leis, a tradición da autonomía e o puro senso común aconsellan.
O que Galicia precisa non son medidas cautelares contra unha fantaseada imposición do galego, materializadas en previsións insólitas e carentes de lóxica (como a consulta cada catro anos ás familias), senón o que prevé a nosa lexislación: un marco lingüístico-educativo e unhas políticas lingüísticas orientadas a alcanzar igualdade entre os dous idiomas oficiais e ao fomento do idioma galego. Con este Anteproxecto, o goberno da Xunta e o Partido Popular volven colocarse en solitario fronte á maioría das forzas políticas, sociais e sindicais, das institucións máis relevantes e dos colectivos e asociacións profesionais máis representativas. Galego Patrimonio da Humanidade chama a cidadanía, os sindicatos, o colectivos cívicos e os partidos políticos a dar unha resposta unitaria a este Anteproxecto e as medidas de desprotección do idioma impulsadas pola Xunta de Galicia, na procura da recuperación do amplo consenso sobre a política lingüística que o Partido Popular veu rachar, e que coidamos imperativo recuperar.

luns, 15 de marzo de 2010

CENDL contra o proxecto

Valoración da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística:


O novo decreto non garantirá o equilibrio efectivo entre as dúas linguas oficiais no ensino e desprotexe o galego, especialmente na etapa de infantil.
O avance do anteproxecto relega a promoción da lingua galega ás actividades de fomento e ao compromiso persoal do profesorado.A Coordinadora Galega de ENDL valora negativamente que o Anteproxecto do Decreto do Plurilingüismo, cuxas liñas xerais deu a coñecer onte a Consellería de Educación, non desenvolve os preceptos da Lei de Normalización Lingüística (LNL) como si facían os decretos anteriores. Así, unha lexislación que debería desenvolver a LNL, creada para protexer a lingua propia de Galicia que está en situación de desequilibrio social respecto do castelán, ponlle límites á súa normalización no ensino: por un lado, establece máximos na distribución horaria para o galego cando nunca se cumpriron os mínimos marcados nos Decretos 247/1995 e 124/2007; e, por outro lado, afonda nos prexuízos cara a unha lingua que está en retroceso ao transmitir que non é válida para todos os campos do saber posto que impide que sexa a lingua vehicular para as materias do ámbito científico-tecnolóxico.
A CGENDL entende tamén que é un decreto que non vai garantir o equilibrio entre as linguas oficiais en ningunha das etapas educativas. Por exemplo, na ESO establece que se impartan en castelán as materias de tres departamentos (Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía) que teñen máis presenza horaria cás que se teñen que dar en galego. A discriminación do galego vese agravada pola falta de recursos para que o profesorado imparta algunhas das materias restantes nesta lingua, posto que na maior parte das áreas non existen en galego nin libros de texto nin outro tipo de materiais didácticos necesarios para as aulas. Polo tanto, o desequilibrio entre o galego e o castelán acentuarase ao tratar de maneira desigual dous idiomas que parten dunha situación diferente tamén neste ámbito.
No Ensino Infantil o galego queda totalmente desprotexido e o pretendido equilibrio entre as dúas linguas non se recolle por ningures. A falsa liberdade de elección das familias provocará conflitos xa que parte dunha visión excluínte das linguas a través dunha votación na que haberá perdedores e gañadores. Dende a perspectiva pedagóxica, resulta rechamante que se dea un trato individualizado aos alumnos da lingua “non predominante” nunha etapa, como a Infantil, que se basea nun enfoque integrador das diferenzas e na que se debe dar o asentamento da aprendizaxe das linguas. Pese a que o goberno galego fai seu o noso lema, “As linguas suman”, neste decreto subxace a idea de que o galego resta.
Neste avance do decreto, vemos con preocupación que a consellería debuxe unha división entre materias importantes e materias de segunda, entre troncais e non troncais, terminoloxía allea a unha educación, a do ensino obrigatorio, no que todas as áreas teñen unha misión educativa global. Fixando a lingua nas materias consideradas de primeira, a Consellería demostra o seu descoñecemento do proceso pedagóxico e desprestixia socialmente unha serie de materias e a formación e o traballo de milleiros de docentes.
Por outro lado, o desinterese para xestionar un sistema educativo que garanta a adquisición de competencias lingüísticas en galego a través do seu uso nas diferentes materias explica que este decreto reduza o fomento do galego á vontade do profesorado de dar aulas nesta lingua, na que o alumnado non ten que expresarse, e á organización de actividades extraescolares que nunca se dirixirán ao conxunto do alumnado.
Por último, e á espera de coñecer o texto completo, a CGENDL lamenta profundamente que se traslade a responsabilidade na toma de decisións ás familias e aos centros educativos conducíndoos ao caos organizativo e convertendo a comunidade escolar nun foco de conflitos.

Física e Matemáticas tamén en galego

por Carlos Salgado, investigador do CERN, en Vieiros



Para entrar directamente no tema: cal é o esquema mental de quen pensa que non se pode ensinar Fisica e Matematicas en galego? Por que no decreto do galego son estas as asignaturas que hai que dar en castelán? E sobre todo: por que o castelán é máis adecuado?? Doulle voltas a cabeza e non lle atopo resposta. A dificultade das materias máis abstractas non está na lingua que se utiliza para transmitilas, senon nas técnicas, nas capacidades e nos medios de quen as imparte. Un teorema é o mesmo obxecto matemático e require das mesmas destrezas mentais en todas as linguas do mundo. As leis do electromagnetismo tamén.
Somos moitos os que tratamos de dar normalidade ao uso do galego na ciencia: se fixen a miña tese doutoral (en Física de Partículas) en galego non é por reivindicar nada, é por normalidade; se dou clases na Facultade de Fisica en galego é tamén por normalidade; se discuto cos meus colaboradores da nosa investigación en galego (ou inglés, ou francés, ou español ou italiano) é só por normalidade! Que anormalidade é a de decidir que o galego non é para as Matemáticas ou a Física? Por que xusto estas materias?No fondo, este esquema mental ten moito de provinciano e despreciativo das propias capacidades. Quen pensa que a Física ou as Matemáticas non se poden ensinar en galego está pensando tamén que un galego non pode aportar nada a esas disciplinas científicas. É similar ao esquema mental imperante, aínda que cada vez menos, no mundo anglosaxón de desprezo polas capacidades científicas dos países latinos, en particular. E é deprimente que este sexa o esquema mental dos responsables da política educativa (e tamén, en parte da científica) deste país. A ciencia transmitese actualmente en inglés (non en español, por certo) mais a capacidade creativa non ten fronteiras idiomáticas. A normalidade no ensino da Física e das Matemáticas, dúas materias con moitas eivas, vai exactamente na dirección contraria. Este é un tiro no pé.

Imposción.2

La única obligación es hablar o escribir en castellano, que es lo que establece la Constitución. Por lo tanto, puede pedirse una exigencia sobre el castellano, pero sobre el gallego no.
Anxo Lorenzo, secretario xeral de política lingüística
Isto debe ser o equilibrio lingüístico
Ou será o bilingüismo amable?

Imposición

Caja Duero rexéitalle a un cliente de Lugo un documento oficial da Xunta por estár escrito en galego.
O afectado comezou os trámites para dar de baixa á súa esposa falecida coma titular, entre os documentos que lle pedían atopábase a liquidación do imposto de sucesións, cuxo certificado público emitido pola Xunta atópase escrito en galego. Despois de entregar a Caja Duero a documentación solicitada, a asesoría xurídica consultiva devolvíallo alegando que non estaba conforme con ela, entre as consideracións que facía indicaba que .
A contestación de Caja Duero foi que sería un problema que dende Galiza, Catalunya ou Euskadi enviasen documentos nas súas linguas xa non sería posible a comunicación, e reiterou que o afectado debe remitir os documentos en castelán ou traducidos por tradución xurada

Fonte: CiberIrmandade da Fala

Eis o decreto contra o galego no ensino

Primeiro, unha mensaxe da Secretaría Xeral de Política Lingüística: (proba a premer na ligazón, se te atreves, aconsellamos non facelo):

Si quieres el libro de matemáticas en gallego, lo pagarás de tu bolsillo.
Si quieres el libro de matemáticas en castellano, lo tendrás gratis.

El gallego es imposición.
El castellano es libertad.
Los padres eligirán en infaltil la lengua de la enseñaza: o bien la imposición del gallego o la libertad del castellano.



El gallego es monolingüismo.
El castellano es plurilingüismo.
Los alumnos en las clases podrán escoger la lengua de su preferencia: el plurilingüismo en castellano o el monolingüismo en gallego y castellano.

Todos tenemos más competencia en una lengua que en otra. Si es menor en gallego, será porque la definición de competencia es muy ambigua.


La única obligación es hablar o escribir en castellano, que es lo que establece la Constitución. Por lo tanto, puede pedirse una exigencia sobre el castellano, pero sobre el gallego no.




Pódevos parecer de coña, pero tanto as mensaxes de máis arriba como o texto do decreto son reais. Están extraídas literalmente da prensa. Os autores son o conselleiro de educación e o secretario xeral de política lingüística

Galego, un consenso feito cachizas

por Manuel Bragado Rodríguez, editor, da súa bitácora Brétemas

Alberto Núñez Feijóo preferiu o pasado sábado participar nunha feira de exaltación do viño ca facelo na presentación dun avance do decreto chamado de plurilingüismo. Escolleu ao conselleiro de Educación e ao secretario xeral de Política Lingüística para que presentasen aos xornalistas unha nota de prensa dun folio na que se recollen as liñas xerais dun documento que, como eles anunciaron, se coñecerá na súa totalidade nos vindeiros días cando sexa enviado a ditame da Mesa Sectorial, do Consello Escolar de Galicia e do Consello Consultivo. Razóns políticas –vencelladas aos desequilibrios internos existentes dentro do seu partido, tanto polo evidente fracaso da política do goberno sobre as caixas como pola carreira ás principais alcaldías– deberon aconsellar ao presidente pechar canto antes a redacción do decreto e, ao mesmo tempo, non participar nun acto que supón o abandono efectivo por parte do Partido Popular das políticas de acción positiva sobre o emprego da lingua propia de Galicia desenvolvidas durante tres décadas nos eidos educativo e social.

Sexa como for a redacción definitiva do articulado, que non vai ser nin moito menos irrelevante para o futuro da nosa lingua e para o desenvolvemento da nosa civilidade e calidade da educación, algunhas conclusións podemos tirar dos importantes anuncios realizados por Vázquez e Lorenzo.

A primeira, a ruptura do Partido Popular cos consensos políticos e sociais forxados ao longo do período autonómico arredor da posición dos idiomas oficiais e da convivencia lingüística en Galicia, recollidos na "Lei de Normalización Lingüística", na "Carta Europea das Linguas" e no "Plan Xeral de Normalización Lingüística" de 2004. Co anunciado por Vázquez e Lorenzo esfarélanse as dúas chaves deste consenso: a da cooficialidade do galego e do castelán, procurando a súa igualdade real e a competencia nas dúas linguas do conxunto da cidadanía; a do impulso de políticas de promoción do galego, para compensar a súa situación de partida claramente en desavantaxe co castelán. Ruptura do consenso que ademais de facer caso omiso dos ditames do Consello da Cultura Galega e da Academia Galega sitúa ao Partido Popular en solitario, apoiado só polos sectores negacionistas, moi minoritarios, que pretenden a ferro e fariña non ter contacto ningún coa lingua galega.

A segunda, as medidas anunciadas, a pesar de insistir no seu carácter equilibrador, reducen significativamente en todos os niveis educativos, o uso do galego no desenvolvemento das competencias de comunicación lingüística, especialmente nas de comprensión e expresión escrita, profundizando, ademais, nos prexuízos sociais arredor da súa utilidade para eidos do coñecemento científico ou técnico.

Moi significativas son as medidas propostas para o segundo ciclo da Educación Infantil (do primeiro, nada sabemos), que volven sobre un modelo semellante ao empregado no decreto de 1995 (o profesorado utilizará na aula a lingua que determinen as familias en votación anual) que os profesionais da educación sabemos supuxo a práctica desaparición do galego na maioría dos centros. A pesar de que no avance do decreto se prevé de forma xenérica "que o profesorado desta etapa procurará que os nenas e as nenas adquiran o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia", sabemos que isto só será efectivo nas aulas onde o galego sexa a lingua maioritaria. Resulta moi extraño que nun documento elaborado pola Consellaría de Educación non se proporcionen algunhas recomendacións máis concretas ao profesorado para que os nenos de contornos castelánfalantes poidan iniciarse no proceso educativo cun primeiro contacto co idioma galego.

Esta tardía incorporación do emprego educativo das dúas linguas; o complexo sistema de determinación dos itinerarios lingüísticos do alumnado, no que os pais terán en último termo dereito de veto; como, e sobre todo, esoutra demagóxica apelación á "liberdade de expresión dos alumnos" para utilizar "a lingua oral ou escrita que consideren máis conveniente ", que supón un cínico ataque ao traballo e á autoridade do profesorado na aula, son medidas todas que agoiran o fracaso educativo sen paliativos do modelo proposto que impedirá que todo o alumnado ao remate do ensino secundario posúa idéntica competencia no uso oral e escrito das dúas linguas oficiais.

Alberto Núñez Feijóo e o seu partido coa presentación deste decreto estragaron as posibilidades de recompoñer o consenso arredor da convivencia lingüística que ofreceron as máis diversas institucións e sectores da sociedade galega ao longo dos últimos meses. Quizais non preveron os conservadores galegos que seguindo eses engaiolantes cantos de serea negacionistas poidan estar comezando a súa deriva.

Anxo Lorenzo contra o galego

Dato: o uso do galego do xornal Faro de Vigo é do 1,39% . Neste caso o equilibrio lingüístico está nunha proporción de 1,39 a 98,61.
Como medio afín ao goberno, e dentro da campaña mediática que se está a desenvolver en contra do galego, o Faro de Vigo saca hoxe unha entrevista, en castelán, co secretario xeral de política lingüística, Anxo Lorenzo. O destacado en vermello é noso.

Titular: "Las familias podrán comprar los libros en culaquier lengua pero la Xunta sólo lo.s financiará en el idioma de la materia"

¿Pensaron en regular a parte (sic) la enseñanza privada? –No lo permite la Ley Orgánica de Educación. Pero sí hubo peticiones por parte de los centros privados.
–Con la libertad del uso del idioma en las aulas, ¿se conseguirá la competencia lingüística plena en las dos lenguas?

–Creo que sí. El problema es que no existe cobertura legal para obligar a nadie a hablar o escribir en gallego. Esto ya lo advirtió el Consello Consultivo en 2007. La única obligación es hablar o escribir en castellano, que es lo que establece la Constitución. Por lo tanto, puede pedirse una exigencia sobre el castellano, pero sobre el gallego no. Esta es la realidad.
–¿Cumple este decreto con la discriminación positiva hacia la lengua minorizada, una petición repetida en las alegaciones?
–Con todo el cariño para las instituciones que hicieron esa crítica, yo creo que lo que deben hacer es revisar la Lei de Normalización Lingüística e interpretar esa recomendación sobre el uso progresivo del gallego. Cuando se redactó esta ley, en el año 83, el gallego no estaba presente en la escuela. Los redactores aconsejaron un progreso en la presencia curricular de esta lengua. No se indicaba que toda la enseñanza fuese en gallego con las sucesivas normas. Esta interpretación es incorrecta.
–¿No retrocedemos en la presencia de gallego con respecto al decreto anterior?
–No. Fijamos un equilibrio del 50%. Marcamos un techo para el gallego pero también para el castellano. Es algo que la sociedad gallega está pidiendo y consideramos que es la mejor forma de garantizar las competencias y eliminar el debate lingüístico de los centros educativos.
–¿Hay centros que en la actualidad imparten todo en gallego?
–Sí. Existen.

A quen beneficia que, dispoñendo de cartos, cada quen poida comparar o texto que queira? Isto é clasismo, racismo lingüístico. E isto faino a secretaría de política lingüística do galego.
É unha pena non poder regular aparte o ensino privado. Pero non vos preocupedes, que con este decreto non terán problema en eliminar o galego do ensino. E isto faino a secretaría xeral de política lingüística do galego.
Significativas palabras, "creo que sí", que vai haber plena competencia en galego con este novo decreto. Hoxe, co decreto actual, está demostrada a incompetencia lingüística en galego de milleiros de nenos e mozos porque o seu contacto co galego é case nulo. En Cataluña, cunha lei de normalización que ten en conta a inmersión lingüística, a competencia en castelán é das máis altas de España (informe PISA). E non comparemos a situación sociolingüística catalana coa nosa, pensemos no problema da inmigración. E isto faino a secretaría xeral de política lingüística do galego.
Pois claro que poñedes un teito ao galego. Diso se trata. De limitar o galego. Como é a lingua A, a lingua de prestixio social, a que non necesita normalización... E isto faino a secretaría xeral de política lingüística do galego.
Sobre a cobertura legal. Pero non é que se vai procurar o equilibrio lingüístico? Como será posible ese equillibrio cando o castelán é obrigado (imposto) e o galego é amable (eliminado)?
Sobre que existen centros nos que se imparten todas as aulas en galego dúas cuestións:
1. Cantos, e cales son? Nós non coñecemos ningún. Sí que sabemos de moitos nos que se imparten as clases exclusivamente en castelán. Por exemplo o colexio Montecastelo de Vigo (o que lle dou o premio "por la libertad de la enseñanza" ao conselleiro de educación)
2. Que problema habería se os houbese? Terán problemas eses nenos no coñecemento do castelán?
E isto faino a secretaría xeral de política lingüística do galego.

Nin equilibrio, nin convivencia

por Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización, en Galicia Hoxe

Na conferencia de imprensa do pasado sábado, na cal a Xunta presentou as liñas xerais do decretazo contra o galego, os xornalistas preguntáronlle ao conselleiro de Educación cales eran os motivos que levaban a recomendar que se impartisen en español as materias de física e química, matemáticas e tecnoloxía. Jesús Vázquez Abad respondeu que era por "tradición".

Será a mesma "tradición" de exclusión do galego á que se refería un portavoz da Congapa o ano pasado, José Ramón Hermida: "Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego." Oito científicos galegos do Centro Europeo de Investigación Nuclear e o colectivo de docentes de ciencias en Galiza, Enciga, responderan xa daquela con claridade e contundencia a eses prexuízos carpetovetónicos, agora repetidos irresponsabelmente polo máximo responsábel da Consellaría de Educación. Cal é esa suposta "tradición" que sustenta a exclusión do galego de determinadas materias? Hai algún verdadeiro criterio pedagóxico ou racional que poida alicerzar ese disparate?

Sen diálogo real

As liñas xerais que este sábado pasado presentaron o conselleiro e o secretario xeral de Política Lingüística resúmense en que levan o idioma galego no sistema educativo a 30 anos atrás. A situación que propoñen e queren impor a pesar do rexeitamento unánime da comunidade educativa é preautonómica. O decretazo regula e limita o idioma galego como un coñecemento opcional até que se cumpran os seis anos, varrendo de facto a súa presenza na educación infantil nas cidades. Este é o golpe máis letal, co que se pretende acelerar aínda máis a erradicación da lingua propia de Galiza, asegurándose a súa plena residualización no medio prazo.

Ademais, este decretazo abre as portas a que se expediente o profesorado que imparta determinadas materias en galego, como as matemáticas, a tecnoloxía e a física e química. Reparemos, ademais, en que a materia que a Xunta vai recomendar tanto en primaria como en secundaria que se imparta só en español (as matemáticas) é xusto a mesma que o Parlamento galego recomendou no ano 2004 por unanimidade que fose ministrada na lingua propia do país... Daquela, recordémolo, para abraio e indignación, Alberto Núñez Feijóo era vicepresidente da Xunta. Preguntemos de novo: Hai algún criterio pedagóxico ou racional que fundamente esta radical mudanza?

En síntese, os dirixentes do PP queren que este sexa o decreto que acelere a extinción do galego. Mais que non se confundan. A realidade é máis complexa do que eles quererían e non lles abondará con ter o poder institucional, mediático e económico. Nós temos a forza que nos dan a razón e saber que defendemos un dereito básico e xusto.

Non imos cesar nesta loita cívica. Tócalle ao conxunto da sociedade mobilizarse con máis forza para parar este despropósito. Repito: tócalle ao conxunto da sociedade; tanto aos que falan castelán, como aos que falan galego. E mesmo lles toca mobilizarse con máis forza aos votantes do PP en anteriores eleccións, que deben reflexionar se apoiaron este partido para que enterre o noso idioma.

Con este decretazo, seremos a única comunidade autónoma do Estado con lingua propia diferente do castelán na que se poñan topes para a presenza do idioma histórico e xenuíno. Seremos a única comunidade do Estado con lingua propia diferente do castelán en que se impida que o profesorado a poida usar en determinadas materias. Tamén seremos a única comunidade do Estado en que se posibilite que haxa nenos e nenas que non escoiten a lingua propia na escola até faceren os seis anos. Non hai comparación posíbel con outros territorios do Estado, nin tan sequera cos gobernados polo PP, como foron Balears ou Navarra no seu día e hoxe o é a Comunidade Valenciana.

Non hai mellor xordo...

As liñas avanzadas o pasado sábado polo conselleiro de Educación sobre o decretazo contra o galego son, en todo o fundamental, as mesmiñas que as xa anunciadas no texto coñecido até o momento, que o presidente da Xunta presentara na véspera de fin de ano. Son, pois, as liñas rexeitadas de forma contundente pola inmensa maioría da sociedade e de forma unánime polas organizacións representativas da comunidade educativa. Ademais, débese facer notar que algúns cambios a respecto do texto do 30 de decembro aínda supoñen unha involución maior, como cando se sinalan en secundaria que as materias de matemáticas, tecnoloxía e física e química non se deben impartir en galego.

Non coñezo outro caso dun goberno democrático do mundo que teña tal nivel de rexeitamento a unha reforma educativa e que continúe adiante cos seus plans, sen escoitar as entidades representativas de profesorado, estudantado e nais e pais, nin as principais institucións culturais do país, como son no noso caso o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega. Con isto demóstrase que estamos ante un goberno teledirixido, no que Núñez Feijóo non fai máis que aplicar un plan deseñado en Madrid, que quere levar a cabo no noso país con independencia da opinión da sociedade galega. Fronte a isto, cómpre activarmos a dignidade: mobilizarnos e desobedecer esta contrarreforma.

Concentracións hoxe

Este serán, trece concellos do país acollerán concentracións ás oito do serán en contra deste decretazo. Serán na praza do Toural de Santiago, diante do Marco en Vigo, na praza de Pontevedra na Coruña, diante dos respectivos edificios administrativos da Xunta en Ourense, Lugo e Ferrol, na praza da Peregrina en Pontevedra, na praza de España en Ferrol, na praza de Galiza en Vilagarcía, diante das respectivas casas consistoriais en Noia, Foz e Carballo, así como na praza da Farola na Estrada. Na Pobra do Caramiñal será a concentración ás 20.30 h no Cantón da Leña.

Que se vaian!

Perante esta situación, cómpre tamén acentuarmos a campaña de envío de correos electrónicos ao presidente da Xunta reclamándolle unha mudanza urxente das súas políticas culturais, educativas e lingüísticas. Esa mudanza debe pasar, irremediabelmente, polo cesamento de ambos os conselleiros.

O texto de correo-e proposto pola Mesa pola Normalización Lingüística, que vos recomendo enviar desde a súa páxina web (http://www.amesanl.org/campanhas.html) é o seguinte:

Señor presidente:

Diríxome a vostede para reclamarlle unha mudanza urxente e profunda da súa política cultural, educativa e lingüística.

O seu goberno está a romper consensos sociais fraguados durante anos nesas áreas e a enfrontarse coa práctica totalidade dos axentes que actúan nas mesmas, o cal está a producir unha crecente crispación, enfrontamento social e preocupación sobre o futuro do noso idioma e da nosa cultura.

Este necesarísimo cambio de políticas debe comezar polo cesamento dos titulares destes departamentos, que demostraron a súa incompetencia para gobernar e a súa prepotencia á hora de falar cos principais axentes dos seus respectivos sectores.

Debe saber que a inmensa maioría da sociedade galega considera que o goberno que vostede preside está queimado, rexeitado e desacreditado, mais escríbolle este correo electrónico coa esperanza de que vostede comece a escoitar a sociedade e rectifique.

Se continúa sen ouvir as demandas da sociedade galega e mantén esta política de crispación e división, os problemas non farán máis que agravarse, o cal non será bo para ninguén.

Cumprimentos cordiais..

Un proxecto con pés de barro

Este artigo, do Xornal de Galicia, é moi clarificador ( o destacado é noso)

A forma é a mensaxe. Pódense facer outras mil revisións do borrador, dá igual. Todas han ser variacións da mesma melodía. Todas nun compás que vén pexado dende o principio. Talvez a lexislación vixente estivese obsoleta, quen sabe, pero iso debía decidilo o Parlamento e non un candidato á presidencia da Xunta en plena campaña. Este proceso, cómpre recordalo hoxe, non pasou por unha mesa sectorial senón polos medios de comunicación afíns ao Goberno. Non se sustentou nunha rolda oficial de consultas senón nun sarillo amorfo de ditames e contrainformes. Nin sequera foi consensuado. A oposición, as anpas, o tecido asociativo e os sindicatos volvéronllo recordar onte ao Goberno: están en contra.

A Consellaría de Educación segue a manexar con escasa transparencia os tempos deste decreto. A primeira versión difundiuna un 30 de decembro, co país de vacacións. A segunda, onte, sábado, nas vésperas dun Debate sobre o Estado da Autonomía e sen facilitarlles aos medios de comunicación o documento completo. O déficit democrático do proceso é tan patente que debería ser abondo para invalidalo.

Sexa o que sexa este proxecto, ten os pés de barro. Ningún sistema de equilibrio entre as linguas oficiais no ensino, nin este nin ningún outro, ten credibilidade se non se aplica dende o primeiro ciclo. Como crer nas boas (e bilingües) intencións deste decreto cando permite que os cativos e as cativas saian das aulas de Infantil formados no máis estrito monolingüismo? Cando cheguen á Primaria e lles impoñan o esquema bilingüe, non acusarán o cambio? Non se sentirán estafados os pais que un ano antes puideron escoller? Como se vai xestionar esa conflitividade? Con outra revisión á baixa da presenza do galego no ensino?

As familias xa non decidirán que materias se imparten en galego e cales en castelán. Non en primeira instancia, polo menos. A Xunta deu onte un paso adiante –ou atrás, segundo se mire–, asumindo de entrada esa responsabilidade: Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química aprenderanse en castelán; Coñecemento do Medio, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía, en galego.

Así, Educación atenúa os problemas organizativos que se creaban co borrador anterior, onde os pais case usurpaban as competencias do claustro de profesores, pero os atrancos non desaparecen de todo. A Xunta concédelles aínda un dereito de veto. Cada catro anos, poderán corrixir a Administración e inverter ese esquema se a maioría absoluta das familias dos matriculados así o decide. De momento, até aí chega a súa potestade. O novo borrador deixa sós os docentes na batalla diaria pola lingua que os alumnos van empregar nas aulas. Que fagan o que queiran, pero que o fagan sós.

Esa interferencia das familias ten como único sustento unha promesa electoral, e con todo non é o máis grave do sistema que agora propón a Xunta. O peor é que non se sabe aínda que clase de criterios, pedagóxicos ou de calquera outra caste, fundamentan esa discriminación lingüística. Nin Anxo Lorenzo nin o seu xefe, o conselleiro Jesús Vázquez, aclararon aínda por que as ecuacións se resolven mellor en castelán nin por que os alumnos deben recitar de memoria, en galego, os ríos de Europa. Talvez o aclaren os pais e as nais que dentro de catro anos voten para que sexa xustamento ao revés. Ou os que perdan nesas urnas, para demostrar que a súa derrota foi inxusta.

O FRACASO DE ANXO LORENZO

A escenificación de onte en San Caetano constata, por último, o fracaso de Anxo Lorenzo. Primeiro, como secretario xeral de Política Lingüística, incapaz de desfacerse das promesas electorais do PP e incapaz de construír un novo consenso sobre a lingua. E segundo, fracaso no que era o seu principal cometido, a tarefa que Núñez Feijóo e un sector do galeguismo lle encomendaron hai case un ano: buscar a complicidade do PSOE para arrombar a “minoría nacionalista”, como lle chama o Goberno á terceira forza parlamentaria, e construír unha nova centralidade política no asunto do galego.

Non son poucas as voces arredor da Consellaría de Educación que falan dun pronto relevo do secretario xeral. Algúns mesmo aseguran que a folla de ruta está escrita e rubricada polo presidente. A comisión do Consello da Cultura Galega que o pasado 2 de febreiro aprobou o seu ditame sobre este proxecto de decreto incorporou dous membros alleos ao plenario da institución. Un era Bieito Silva, en calidade de experto en didáctica das linguas. O outro era Felipe Ferreiro, ex delegado de Educación en Ourense e no seu día candidato dos Baltar para ocupar o posto que finalmente foi para Anxo Lorenzo. Alguén sabe por que?.

A Xunta está gobernada desde Madrid

No Xornal de Galicia fan unha crónica pormenorizada de como se xestou o texto do decreto contra o galego:
O PP de Madrid presionou para que os pais teñan máis peso no decreto do galego
As pelexas internas por mor da derrogación do decreto do galego posto en marcha polo bipartito non veñen de agora. As diverxencias entre o proxecto da Consellería de Educación e o que preferiría o sector duro do PP, amparado pola dirección de Madrid,
Leas porque a lingua galega sexa a da Administración educativa
O anteproxecto explicita que dentro da “Administración educativa e nos centros dependentes dela, así como entre o persoal ao seu servizo” utilizarase con “carácter xeral” o galego. Este é un dos puntos que, na actualidade, máis fricción está a causar dentro do PP.
As liñas xerais do anteproxecto recollen que o alumno poderá dirixirse ao profesor no idioma que este mellor considere, non hai rastro da palabra normalización, o texto redactado por Educación incide en que é necesario buscar o máximo equilibrio “posible” nas horas semanais e nas materias impartidas nas dúas linguas oficiais. O texto só di que a Administración educativa fomentará “impartir materias en lingua estranxeira”

Na Nosa Terra os comentarios eran estes:
CGENDL: 'O decreto afonda nos prexuízos cara o galego'
A Mesa convoca varias concentracións este luns

En Galicia Hoxe, entrevista a Senén Barro, reitor da USC:

Sendo ti de Ciencias Físicas, dou por descontado que non es alleo á "guerra" da lingua, ao intento de eliminación do Decreto de Normalización Lingüística, por certo ben minguado, contestado pola reacción nacionalista española e en liñas xerais incumprido, conculcando a Constitución española, aos Tribunais do imperio e rexeitado tanto pola Academia Galega da Lingua e mesmo polo Instituto da Cultura Galega, e en boa parte polo pobo, agás os lingüicidas, galegófobos e xente somerxida no auto-odio, colonizados, etc. Así, cal é a reflexión que pode facer o reitor da USC ou Senén Barro como persoa culta que indubidabelmente é?

Creo que é difícil a harmonía por imposición. Para que o uso dunha lingua se faga tan natural como o feito de pensar, temos que acudir máis ao incentivo que ao castigo e máis a establecer procesos ordenados que forzados. Antes non había conflito, ou iso era o que percibiamos desde Galicia e tamén fóra da nosa terra. Efectivamente existía un proceso de recuperación progresiva do galego, como lingua para reforzar, por ser a nosa, por estar en recesión, por estar incluso perdendo prestixio social. Agora as posicións estanse a polarizar e o distanciamento de posicións é o primeiro paso para que confronten as posturas, incluso violentamente. É grave e temos que evitalo. Para min non é cuestión de que cada quen elixa a lingua que quere aprender e na que quere aprender, senón que debemos de garantir que aprenda as dúas linguas e aprenda nas dúas linguas do noso país. E se non hai unha discriminación positiva da lingua galega, que está en franca minoría, acabaremos perdéndoa e seremos responsables non só entre nós senón ante o mundo.

O idioma oficial da USC é galego, bilingüe ou trilingüe?

Segundo os nosos estatutos, o galego é a lingua oficial da Universidade de Santiago de Compostela, aínda que, como di a Constitución, tamén o é o español. A lingua utilizada con carácter institucional e na administración é o galego. Menos dunha terceira parte das clases se dan en galego, non obstante. Para nós o uso doutras linguas é relativamente común, ou ben porque as ensinamos ou por ser o mellor vehículo de ensino e aprendizaxe en certos contextos temáticos e cun marcado perfil internacional.

Dixo un señor docente un día nunha entrevista pública, "seamos serios, Física e Química non se poden explicar en galego". Cal é a túa opinión?

Penso que está equivocado. Eu explico incluso intelixencia artificial en galego. Cada vez son máis abundantes os dicionarios temáticos: de medicina, das tecnoloxías da información e da comunicación, etc. Os vocabularios máis especializados están en boa medida incorporados ao galego e, por riba de todo, dar clase require de explicación e fomento da reflexión por parte dos alumnos, e para iso non é suficiente dominar unha xerga. Temos que manexar con palabras os conceptos e as ideas. E estes e aquelas non son exclusivos dunha lingua. O universo enteiro pode explicarse en galego.

Un docente de psicoloxía, falando con el na reitoral de Covelo, todo cheo de razón, díxome que non entendía como podiamos aquí en Galicia explicar a Platón en galego. Retruqueille que igual que el o explicaba en Madrid, na Complutense. Podes achegar algo a esta pregunta?

Estou de acordo contigo. Igual que se pode explicar a Castelao en español ou chinés.

Calquera idioma, mesmo o galego, por dicir, serve para explicar físicas, química, ou medicina?

Si. Xa o dixen antes. É certo que cando alguén explica física parte de que a linguaxe que usa é universal. Refírome ás matemáticas. Pero nin sequera as matemáticas se explican só utilizando fórmulas. A palabra, o discurso, a explicación de conceptos, os exemplos, requiren de linguaxe natural e o galego é tan linguaxe e tan natural como o español ou o inglés

O decreto que se empezou polo tellado

por Lucía L. Bayo, xornalista, no Xornal de Galicia

Despois de analizar o novo decreto do galego no ensino, non se pode esperar que o conflito arredor da lingua, xerado polo propio PP durante a pasada campaña electoral, acabase. Co novo texto a Xunta recúa con respecto ás súas intencións iniciais, pero os parámetros que establece non son favorables. En primeiro lugar, por que nun Estado de Dereito as normas responden aos principios de transparencia, predecibilidade e xeneralidade, polo que non cabe que a opinión dos pais sexa vinculante en cuestións que deben establecer os poderes do Estado para garantir un servizo, nesta caso a Educación, á totalidade da poboación.

O PP chegou á Xunta coas promesas electorais na man disposto a cumprilas, pero non se decatou de que nunha democracia cando se goberna é para todos, non só para os que votaron a un determinado partido. O presidente Feijóo asegurou na súa investidura que gobernaría “para todos os galegos”, mais non o levou á practica e agora atópase acurralado en varios frontes por gobernar pensando só en grupos minoritarios. E isto ocórrelle en temas trascendentais para o país, como é a regulación do uso da “lingua propia de Galicia” no ensino.

O problema radica en que se abordou a cuestión lingüística de xeito unilateral. O conselleiro Vázquez insistiu na rolda de prensa en que se tiveron en conta todas as opinións para redactar o documento. Pero esta non é a maneira de procecer en asuntos de país coma o da lingua. Non só hai que ter en conta as opinións, senón tamén o traballo conxunto con entes capacitados para facer valoracións e aportacións. En Galicia contamos con recoñecidas institucións como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, as tres universiades e numerosas asociacións de profesionais do ensino e da lingua que poderían ter aportado moito no borrador do decreto, sobre todo os propios docentes. A súa voz non só debera ser escoitada, senón que tamén podería ser vinculante; do mesmo xeito, que a das forzas políticas da oposición, que representan a unha gran parte da poboación. De feito, a máis votos e persoas.

Foi o PP o que rompeu o consenso establecido na Lei de Normalización Lingüística de 1983 e no Plano Xeral de 2004, aprobados por unanimidade no Parlamento de Galicia. A solución pasa por volver a este punto de consenso e a partir de aí buscar alternativas válidas para todos. Doutro xeito seguirán as protestas e tamén o descontento en amplos sectores da sociedade.

Declaración de ProLingua sobre o avance de decreto

… E se os feitos demostran outra cousa, haberá que cambiar os feitos. Esta falsificación diaria do pasado, realizada polo Ministerio da Verdade, é tan imprescindible para a estabilidade do réxime como a represión e a espionaxe efectuadas polo Ministerio do Amor.



A referencia ás palabras de Orwell é obrigada despois de ler na páxina oficial da Xunta de Galicia o avance do “Borrador do decreto de plurilingüismo no ensino público non universitario”. Desde ProLingua denunciamos a pretensión de falsificar a realidade presente nun texto que consuma a peor agresión contra a lingua galega desde o franquismo evidenciando a vontade de desfacer os tímidos avances normalizadores do período constitucional. Unha vez se faga público o texto completo deste borrador de decreto, desde ProLingua procederemos a unha análise polo miúdo do seu contido. Agora, nesta declaración de urxencia, facemos público o seguinte:
1. Tras tres décadas, este goberno abandona o consenso político e social forxado arredor da necesidade de acometer políticas de acción positiva sobre o emprego do noso idioma no eido educativo e noutros da vida social. Feito aínda máis grave, cando con este anteproxecto non se garante a competencia en galego de todo o alumnado ao remate da Educación Secundaria Obrigatoria. A partir de agora, o galego quedará desprotexido e moi seriamente danado.
2. Nun xeito insólito de presentación, onde non hai proxecto de Decreto, senón unha serie de puntos en forma de intencións, que amosa ás claras a covardía dun goberno preso dos sectores máis etnocidas e posuidores dunha actitude de desprezo cara á sociedade galega que ama, respecta e desexa preservar os seus sinais de identidade, nomeadamente o uso e promoción da lingua propia de Galicia, faise pública unha nota anticipadora dun decreto que, malia parecer imposible, é moito máis agresivo coa lingua galega que as “Bases para o decreto” presentadas hai agora tres meses. Se daquela sinalabamos o brutal retroceso que supuñan para o galego, e tamén a seria ameaza ás liberdades das persoas galego falantes, nesta ocasión constatamos que as carautas caeron de vez e agora se nos ofrece o rostro real dos obxectivos que se pretenden.
3. O texto presentado parte de premisas falsas e terxiversadoras da realidade. Téimase na mentira e no engano cando se recorre de novo á martabela de “a imposición do galego”, “a falta de liberdade lingüística dos alumnos” ou “a visión monolingüe do ensino”. O que se tenta é ofrecer unha realidade deformada para, sobre ela, deseñar as liñas que conducirán á eliminación social de espazos para o galego.
4. Como xa ocorre con outras medidas deste goberno, esquécese por completo a situación social das linguas na Galicia de hoxe e a distinta historia de cada unha delas. Así, o camiño que marcan o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega queda deturpado e baleiro de contido, malia as invocacións ocas que se poden ler neste avance de proxecto de decreto.
5. Todas as medidas propostas reducen o espazo do galego nas aulas e, sobre todo, afondan no proceso de coutar a súa presenza social. As referencias á elección de lingua por parte das familias buscan explotar e afondar nos prexuízos que soporta a lingua galega. Os mesmos que converteron aos redactores desta norma en paladíns do negacionismo da lingua propia de Galicia.
6. As medidas propostas permiten albiscar o obxectivo verdadeiro que subxace neste borrador, baixo unha aparente equidistancia e reiteradas apelacións ao “equilibrio”: a pretensión de crear unha rede de ensino –a partir dun sector dos centros privados e concertados- onde os nenos poidan escolarizarse sen ter apenas contacto co galego, que quedará reservado a funcións secundarias e subordinadas.
7. As afirmacións que pretenden enmascarar a agresión á lingua non resisten unha análise mínima. Coma tal, cando se fala de Educación Infantil, tras indicar que “o profesorado utilizará na aula a lingua predominante entre o alumnado” (a mesma fórmula que había no decreto de 1995, do que xa sabemos os resultados que deu, co galego desaparecido da maioría das aulas), pásase a afirmar isto: “prevese que nesta etapa o alumnado aprenda as dúas linguas oficiais de Galicia partindo da lingua predominante na aula”. Pero calquera que coñeza algo de didáctica de linguas, sabe que iso só sucederá nas aulas onde o galego sexa a lingua maioritaria. Só un cinismo patolóxico pode negar que, nunha situación de precariedade da transmisión familiar da lingua galega, se fai imprescindible una acción decidida de incremento de horas na lingua desfavorecida durante os primeiros anos de escolarización (Educación infantil e E. P.) para facer posible ese equilibrio competencial que este avance de decreto di perseguir.
8. O apartado “Liberdade de expresión para os alumnos” merece pasar á historia da falsidade e da infamia, pois dá a entender que antes existía unha opresión que só está na mente dos negacionistas e, sobre todo, suporá na práctica un cínico ataque ao traballo do profesorado na aula. Será da responsabilidade dos promotores e redactores a situación de desprezo á autoridade do profesorado que esta medida carrexa. Queremos, unha vez máis, informar á sociedade galega que calquera apelación ao dereito constitucional en relación coa liberdade de uso das dúas linguas oficiais de Galicia, é unha trampa e unha mentira. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deixou claro que nas aulas o alumnado que se vexa requirido a usar a lingua na que se imparte a materia non sofre ningunha merma de dereito por se tratar dun acto escolar e que atinxe á súa educación.
9. A apoteose do cinismo dáse nas liñas finais, cando se afirma que os cambios introducidos respecto das bases de decembro “responden ás suxestións e observacións realizadas polas preto de trinta entidades que o goberno galego escoitou no trámite de audiencia, entre elas o Consello da Cultura Galega e mais a Real Academia Galega”. Pensan de verdade que a cidadanía é tan parva? Se son quen de afirmar que atenderon os requirimentos da sociedade galega, entón estamos diante da falsidade como forma política e de goberno. Só a covardía xustifica afirmacións tales.

O reino da falsía e da irregularidade

por Pilar García Negro, política e sociolingüista, no Xornal de Galicia


Falsía e ilegalidade: augas en que nadan os actuais gobernantes da Xunta de Galiza e en que naufragan todas as previsións legais e estatutarias de mínima defensa do galego. Non gosto de utilizar grandilocuencias sen tino. Cando falo de falsidades e máis de ilegalidades, é que, con efeito, a redacción do novo Decreto chamado eufemisticamente de “pluringüísmo” está cheo delas. Vexamos. As nais-os pais, na súa condición de tais, non están chamados a co-gobernar o ensino. Teñen, perfeitamente estatuídas e delimitadas, as súas canles de participación na comunidade escolar (consellos escolares, ANPAS, atención tutorial, actividades extraescolares...), mais, desde logo, non na determinación de programas, materias, temarios ou lingua(s) que os seus fillos en idade escolar han de estudar. ¿Acaso non pagan o ensino, como un ben público, todas-os contribuíntes que non teñen fillos? Mais a manobra da Xunta actual, neste aspecto, vai moito máis alá dun atentado contra a lóxica: trátase de instrumentalizar nais-pais para os facer cúmplices directos, co cultivo apoteósico da demagoxia (¡que importantes somos, dirán algúns pais incautos, que até se nos consulta cantas racións de galego queremos, se é que queremos algunha!), da erradicación, aínda máis!, do galego do sistema escolar. Os proxenitores primeiro foron convenientemente aprendidos a detestaren o galego, asimilalo á lama e ao esterco, esquecérenno canto antes... e agora son convidados a acabalo de rematar, porque, como bons pais, non van querer para os fillos as “eivas” de que eles se tiveron que liberar... Aberrante, máxime cando se iniciara, lentamente, o camiño de volta, isto é, o que nos levou a desaprender tanto autoodio inoculado e a aprender algo de amor por nós mesmos, colectivamente falando.
En segundo lugar, o “equilibrio” mencionado é, simplesmente, ilegal. Mesmamente porque o lexislador recoñeceu no seu día o estado de inferiorización do galego e, por tanto, a necesidade de “protexer”, “fomentar” e “potenciar” o seu uso, é polo que se aprobou a lexislación iuslingüística de que dispomos. Se así non fose, sobraría leis, decretos e normas de implantación do galego e, por suposto, a propria Lei de Normalización Lingüística de 1983. O desequilibrio, señor conselleiro, é abrumador, fóra do ensino e, tamén no ensino, a favor do castelán. Se vostés queren “equilibrar”, a única solución xusta e equitativa é atender en galego moitas máis materias e actividades das que, agora, este decreto contempla como teito para a lingua propria. En terceiro lugar, falar de “liberdade de expresión para os alumnos”, aplicada, claro está, ao permiso legal para ocultaren ou desprezaren o galego aínda máis, acada os cumes máis altos do cinismo: o ensino ha de valer, señores destrutores, para ensinar a valorar, no que merece, o galego, na Galiza. ¿Ou é que ha de ser aínda máis estranxeira na súa patria a lingua galega? E para rematar o dislate: como non abonda co español, agora tamén teñen que botar man do inglés –artillaría potente– para reforzar a exclusión do galego? ¿Cando aprenderán a seren galegos legais e cando deixarán de ser aprendices patéticos do Imperio? Se Castelao resucitase, non daría feito a caricaturas de todos vostés...
Señor conselleiro de Educación e adláteres: ¿coñecen vostés e acatan a Constitución española, o Estatuto de Autonomía de Galiza, a Lei de Normalización Lingüística, a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias? Demitan decontado, por favor, e fagan oposicións a funcionarios do Estado, ramo desertores. Talvez teñan sorte e non lles respondan: “Roma non paga traidores”. ¡Pobre lingua galega, cousificada, instrumentalizada, mallada e desprezada, no canto de ser usada e multiplicada por quen vive dela e ten a obriga legal de protexela e de implantala en cada vez máis espazos sociais e públicos!

domingo, 14 de marzo de 2010

Que foi o que se presentou o sábado?

Titulares de prensa de hoxe:
Frontal rexeitamento do PSOE e BNG ao decreto do galego do PP
Os Equipos de normalización creen que o decreto "disrimina" o galego
O titular máis claro: O galego segue no labirinto cun confuso decreto que aínda é segredo
Que foi o que se presentou o sábado?
Presentouse a presentación do decreto.
Con que fin?
Ter maior éxito mediático na campaña contra o galego que se ven realizando desde o ano 2007.
Como vai ser este novo decreto?
A ver se vos dá unha pista este escrito do foro dos zunantes (o marcado é noso):
Del borrador al texto actual hay un abismo.No sólo se pueden elegir más asignaturas sino que se abre una puerta que será muy díficil cerrar. Es el principio del fin de la normalización. Desde el momento en que se establecen dos bloques tan desequlibrados y se deja decidir a los padres por cual optan, la mejoría para nuestros hijos es muy grande respecto al borrador, el borrador no sólo no ha empeorado para nosotros como parecía previsible tanto por las declaraciones de estos días como por la presión de los impositores, sino que ha mejorado mucho. Hay un aspecto que puede parecer negativo y es el de que haya alumnos que estén en minoría, pero de nuevo hay en el texto un aspecto positivo: la votación no se hace por aula sino por nivel, de manera que se podrán poner aulas para la minoría en muchos muchos casos y esa será la tendencia en el futuro, con eso y los libros hemos ganado una burrada. Seamos prácticos y démosle oxígeno a quien lo necesita si eso nos favorece y cuando digo nos me refiero a nosotros como padres. No es la libre elección pero con este sistema a la larga llegará.

Anxo Lorenzo contra Anxo Lorenzo

Veredes o por que do título ao final. Falaremos do decreto.
O decreto anunciouse reiteradamemte durante todo o ano pasado. Todos estes anuncios viñeron acompañados da divulgación da teoría da imposición segundo a cal o galego está sendo imposto en Galicia frente á que dá a solución da liberdade identificada co castelán.
Con gran impacto mediático anúnciase a presentación por parte da consellería de educación duns cuestionarios ás familias. Prodúcese un gran debate social, sempre acompañado desde o goberno da machacona teoría que identifica imposción co galego. Gástanse neste proceso 300.000 € e ao final descoñécense os resultados. Cantos cuestionarios se entregaron e cantos se devolveron cubertos? cales foron as respostas dadas? que relación tiñan con que o centro fose público/privado?...
Anunciouse que o decreto se lle ía presentar á RAG e ao Consello da Cultura. En cada anuncio e con gran divulgación nos medios, reitérase a idea de que a suposta imposición do galego crea malestar e graves problemas nos centros educativos.
O 30 de decembro, despois de anuncialo públicamente, preséntase o proxecto do decreto. A nova aprece en todas as primeiras páxinas dos xornais, abre o telexornal... E sempre insistindo que o castelán nos vai traer a liberdade, no entanto o galego sempre trae imposición. Durante os eguinte mes prodúcense os pronunciamentos de todas as entidades culturais, políticas e educativas do país. Todas, sen excepción, pronúncianse en contra do decreto. Especialmente significativas son as respostas do Consello da Cultura e da RAG, que veñen decíndolle ao goberno que debe retirar o proxecto e comenzar a negociar desde cero e sobre a base do Plan Xeral de Normalización. Durante este tempo o debate estivo contrado noutra idea proposta pola RAG, a de que o modelo de inmersión lingüística sería o máis acaído ao caso galego debido ao avanzado estado de substitución lingüística que acleradamente está facendo perder usos e falantes do galego.
Neste mes de marzo, máis anuncios de que por fin van presentar o decreto. Máis exposición pública indicando que se vai acabar coa imposición (co galego, para sermos máis claros). Os medios afíns comenzan a ter filtracións do texto definitivo do decreto. A nova ocupa lugares preferentes nos medios, e agora o goberno comenza a trasladar a idea de que o decreto do galego vixente levara ao ensino a un estado de monolingüismo. Mañán, con gran aparataxe mediática van presentar o decreto. Vai volver a ser louvado por toda a fauna de medios (que, casulidade?, non alcanza o 5% de uso do galego). E sempre, todo cun discurso continuo e machacón difundido por todos os medios de comunicación que identificará o galego coa imposición, a situación actual do ensino co monolingüismo en galego....
E que ten que ver todo isto, con Anxo Lorenzo?
Pois que Anxo Lorenzo é o Secretario Xeral de Política Lingüística, non?
E que Anxo Lorenzo, nunha presentación feita en Berlín no ano 2006 titulada "A recuperación da lingua galega: políticas lingüísticas emerxentes" expoñía e divulgaba teses como esta:








Confirmado: mañán sae o decreto

Se as nosas fontes non se equivocan mañán coñeceremos o decreto do galego.
O que sucede nos medios que lle abren camiño ao goberno no campo da loita contra o ensino en galego tamén o confirman. Hoxe nese medio chamado La Voz de Galicia entrevistan a Jesús Vázquez, conselleiro de educación, quen entre outras cousas afirma que "no decreto do 2007, onde practicamente o 100% das materias se impartían en galego"
Agora a consigna é impor a mentira do monolingüismo.
Nas seguintes semanas en todos os medios leremos e escoitaremos unha e outra vez que o anterior decreto impoñía o monolingüismo nas aulas.
Hoxe tamén vin unha entrevista a Blas Piñar na televisión.