Grazas ao blogue científico do IES Palas de Rei, Ciencia no camiño, que manexa o profesor de matemáticas Manuel Vilariño din en reparar nun educativo vídeo sobre a xeometría fractal doutro docente, tamén de matemáticas, Aldán Santamarina, e que tan ben leva o ENDL do IES de Chapela (Redondela).
Goso moito de compartir materiais de matemáticas en galego, sobre todo desde que a Xunta tivo a iluminada idea de prohibilos. Pois aquí vai unha peza excelente. Aldán Santamarina explícanos didáctica e moi claramente o que é un obxecto fractal usando precisamente o recurso ao que lle teño máis cariño: o da historia das matemáticas. Así, vai repasando distitos momentos e feitos ao tempo que recolle exemplo e vai achegándose a figuras cada vez máis complicadas ata chegar á esponxa de Menger, un obxecto fractal de dimensión 2,73.
Ningún comentario:
Publicar un comentario