Nesta peza audiovisual repásanse os campos semánticos da choiva, os útiles agrícolas e as pezas dos carros. Todo un exemplo de riqueza semántica, máis aínda cando podemos comprobar como en dous concellos limítrofes, as denominacións varían.
Forcarei e Silleda distan entre sí 15 quilómetros en liña recta e entre Cerdedo e Pazos hai 26 km. Unha distancia ben pequena! Porén, a riqueza semántica da nosa lingua é tal que xa en algo tan esencial para o noso agro como os apeiros de labranza atopamos diferenzas. E que dicir das partes do carro!
O alumnado de 4º ESO do IES Chano Piñeiro e o de 3º ESO-B do IES Pintor Colmeiro de Silleda andou a pescudar estes nomes. E David Cabaleiro aínda chegou máis alá, dánnonos a base do traballo que vos amosamos; música e presentación serviron de puntos de partida para este vídeo que ilumina o que nunca debemos perder: a nosa lingua.
De agasallo, cos apeiros vai asemade unha choiva de palabras molladas, un son característico de noso que agardamos o cambio climático non nos roube.
Ningún comentario:
Publicar un comentario