Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 3 de xuño de 2014
O triángulo de Sierpinski de Beade
O departamento de Matemáticas do IES de Beade (Vigo) encerellou ao alumnado de 3º da ESO nun proxecto para contruír un triángulo de Sierpinski con latas de refresco. Tal e como comentan no seu blogue é un fermoso xeito de lle dar unha vida útil e intelixente ao lixo.
Outros, desde as oficinas da Consellería de Educación, non saben como han de facer para tirar ao lixo, precisamente, a educación, con medidas tales como o funesto decreto do plurlingüismo o o monstro da LOMCE.
O triángulo de Sierpínski
Onte xa comentabamos sobre outra figura fractal, a esponxa de Menger. No vídeo desta outra enrada xa se facía referencia ao triángulo de Sierpinski. Todos sabemos que o espazo ten tres dimensións ou que o plano ten dúas. Pois resulta que tamén podemos medir a dimensión de figuras como a do triángulo de Sierpinski. Os matemáticos din que ten unha dimensión Hausdorff de, aproximadamente 1,585=ln(3)/ln(2).
Estes artefactos fractais son un moi bo argumento para traballar as progresións. É moi divertido calcular tanto a súa área como o seu perímetro. Outros obxectos fractais, tales como a curva de Koch permiten unha boa introdución a este tema, incluso cun par de indicacións un alumno de secundaria pode chegar a enxergar parte dos fundamentos da converxencia de series e os problemas derivados desta cuestión.
Etiquetas:
matemáticas,
vídeo,
Vigo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario