Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 12 de xuño de 2014

Entrega de premios Correlingua 14. Recompilación.



Os gañadores do concurso audiovisual do Correlingua demostraron outra vez seren merecedores do premio pois cargaron coas ferramentas desde A Coruña ata o salón de actos da Deputación de Lugo e alí gravaron o acto da entrega de premios da XIV edición desta festa da normalización.
Presidindo a entrega estaban  Marcos Maceira, novo presidente da Mesa pola Normalización, Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo,  Anxo Louzao, secretario da CIG-ensino e  Mario Outeiro, delegado de cultura da Deputación. A mantedora do acto foi a escritora  Marta Dacosta.
Recordamos que o 1º premio banda deseñada foi para o colexio Divina Pastora (Lugo) e o manifesto gañador foi obra do IES Isaac Díaz Pardo (Sada).
Como postre esta recompilación de vídeos dalgúns dos centros parcipantes nas múltiples actividades do Correlingua 2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario